Calendario
Info da proba

Santiago

26/03/2022 17:30 - 18:30
Regulamento Cross Solidario en favor da investigación de Duchenne y Becker
"Unha tarde con Samuel"

Data: sábado, 28 de marzo de 2022.
Inscricións: Unha tarde son Samuel

:: Comenta a proba neste tema do foro ::



Organizarase no circuíto de Campo a Través do Parque de MONTE DO GOZO en Santiago de Compostela, un Cross Solidario para dar a coñecer esta enfermidade e outras recadando fondos para a investigación da enfermidade de distrofia muscular DUCHENNE e BECKER.

Baixo o lema dunha “TARDE CON SAMUEL”, afectado por ista enfermidade rara, organizarase a segunda edición dun Cross Solidario que estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e coa colaboración do Concello de Santiago e outras entidades.

Esta proba de carácter 100% solidario, celebrarase o SÁBADO 26 DE MARZO no Parque de MONTE DO GOZO en Santiago de Compostela.

Toda a información respecto a esta enfermidade poderana consultar no ligazón
https://www.duchenne-spain.org/que-es-duchenne/

O evento cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento.

Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.

As probas rexiranse polo seguinte:

REGULAMENTO
Artigo 1. Participación.
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa inscrición no tempo e prazo preciso e sempre que entren dentro do rango de idades establecido para as categorías establecidas no presente regulamento. O control da proba estará baixo a supervisión do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Artigo 2. Categorías de competición.
Estableceranse as seguintes categorías de competición, tanto masculinas como femininas:

CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA
Pitufas/as Nadas/os en 2015 e posteriores 350 m aprox. 16:30 H
Sub 10 Nadas/os en 2013 e 2014 1200 m aprox. 16:45 H
Sub 12 Nadas/os en 2011 e 2012 1200 m aprox. 16:45 H
Sub 14 Nadas/os en 2009 e 2010 2000 m aprox. 17:00 h
Sub 16 Nadas/os en 2007 e 2008 2000 m aprox. 17:00 h
Sub 18-Sub 20 Nadas/os entre 2003 e 2006 5000 m aprox. 17:30 h
Senior Nadas/os en 2002 ata máster 5000 m aprox. 17:30 h
Máster 1 De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba 5000 m aprox. 17:30 h
Máster 2 De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba 5000 m aprox. 17:30 h
Máster 3 De 55 anos cumpridos o día da proba en adiante 5000 m aprox. 17:30 h

ANDAINA 2500m aprox. 17:00h
ANDAINA adaptada para persoas con mobilidade reducida custo 5€

Artigo 3. Lugar de saída das probas.
As probas terán a súa SAIDA e Meta no Parque MONTE DO GOZO a partir das 16:30 horas do sábado 26 de marzo de 2022.

Artigo 4. Inscricións. PREZO e PRAZO.
As inscricións poderán realizarse a través das páxinas web atletismo.gal e www.carreirasgalegas.com con prazo límite o mércores 23 de marzo de 2022 ás 23:59 horas.

PREZOS DE INSCRICIÓN
• Adultos (de sub 18-sub 20 en adiante) 8 euros
• ANDAINA 5 euros
• Escolares GRATUITO
(Donativo solidario voluntario no momento de recoller o dorsal)

Na páxina web www.carreirasgalegas.com existirá a posibilidade de inscribirse con DORSAL 0, a través da cal poderase facer un donativo sen necesidade de participar na proba.

TODA A RECADACIÓN IRÁ DESTINADA AO MOTIVO REAL DA PROBA.

Artigo 5. Retirada de dorsais.
• Os dorsais recolleranse o día venres 25 marzo 11h-13.30h/ 16h-20h en DECATHLON E O sabado26 marzo de 10.30h. -13.00h. logo recolleranse na zona de saida a partir das 16.30h.

Artigo 6. Avituallamento.
Haberá servicio de AVITUALLAMENTO líquido e sólido na zona de meta por cortesía dos colaboradores.

Artigo 7. Premios.
A entrega de premios realizarase unha vez conclúan as probas. Establecen os seguintes premios:
• Medallas aos tres primeiros clasificados/as da proba absoluta.
• Medallas para os tres primeiros/ras clasificados/as de cada categoría establecida no presente regulamento.
• Trofeo para os tres clubes federados máis numerosos da proba, entre adultos e escolares.

Artigo 8. Responsabilidade e reclamacións.
A organización da proba non se fará responsable dos danos morais que a sí mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta proba.

As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da proba (o que designe o comité galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo) non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

A organización reservase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias o requiren (informando previamente)

Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo a normativa en vigor da RFEA
e FGA para probas en ruta da tempada 2020.

ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e participar na proba, aceptan esta normativa e, en caso de dúbida ou xurdindo algunha situación non prevista nela, resolveranse de acordo coas disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e as regras da FGA, RFEA e IAAF en vigor.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e, a través da súa inscrición, o corredor autoriza expresamente que os seus datos básicos sexan transferidos a esta entidade para a tramitación, antes da compañía de seguros, do seguro obrigatorio de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e o ranking popular de probas de estrada. En calquera caso e conforme establecido pola Lei de Protección de Datos, o interesado poderá exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.

Esta proba disporá dos seguros e servicios sanitarios requirido nas normativas vixentes

:: Comenta a proba neste tema do foro ::

Información actualizada a 15/3/2022