Calendario
Ver carrera

A Pobra do Caramiñal

17/04/2022 10:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción Trail Serra do Barbanza
IX Carreira de Montaña "Concello da Pobra do Caramiñal"
VII Campionato de Galicia de Trail da Federación Galega de Atletismo 2022

Data: domingo, 17 de abril de 2022 ás 10:00 h.
Inscricións:
Trail Serra do Barbanza
Campionato de Galicia

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

O Concello de A Pobra do Caramiñal, a Asociación de Deportes e Atletismo do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo, organizarán o domingo 17 de abril o Trail Serra do Barbanza que será a súa vez a IX Carreira de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal e VII CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E DAS CATEGORÍAS SUB 20, SUB 23 e MASTER DE TRAIL 2022.

A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

A proba rexirase polo seguinte:

REGULAMENTO
Artigo 1. HORARIOS, LUGAR DE SAÍDA e META
O Trail Serra do Barbanza terá os seguintes horarios e lugares de saída:

HORA PROBA DISTANCIA
10:00 h TRAIL CURTO 14 km aprox.
10:00 h TRAIL 25 km aprox.
10:00 h VII CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL 25 km aprox.

SAIDA E META: Mirador da Curotiña

Ubicación do lugar de SAÍDA da proba.

Os/as participantes tanto na modalidade de TRAIL CURTO como na modalidade de TRAIL terán que presentarse no lugar de saida coa suficiente antelación para recoller os dorsais de competición e pasar a correspondente CÁMARA DE CHAMADAS (só participantes no Campionato de Galicia de TRAIL).

O CAMPIONATO DE GALICIA CELEBRARASE NA DISTANCIA DE TRAIL (25 KM APROX.)

Artigo 2. CATEGORÍAS e IDADE MÍNIMA DE PARTICIPACIÓN

TRAIL CURTO e TRAIL
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS MODALIDADES DE TRAIL CURTO E TRAIL

CATEGORIA DATAS DE NACEMENTO
SENIOR MASC/FMNO De 18 anos cumpridos o día da proba ate máster
MASTER 1 MASC/ FMNO Nados entre 1977 e 1987
MASTER 2 MASC/ FMNO Nados entre 1972 e 1976
MASTER 3 MASC/ FMNO Nados en 1971 e anteriores
ABSOLUTA MASC/FMNO Calquera das categorías anteriores

AS CATEGORÍAS DO CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL SERÁN AS OFICIALMENTE ESTABLECIDAS
NA CIRCULAR DO CAMPIONATO publicada de xeito previo na páxnia web www.atletismo.gal

Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquera deportista sexa ou non federado/a. Todos/as os/as participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Runnning que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os/as deportistas federados/as polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licencia. Para o resto de participantes suscribirase un seguro licenza de día.

Artigo 4. DISTANCIAS E DESNIVEIS

❖ DISTANCIAS:
Trail Curto: 14,00 km aprox.
Trail: 25,00 km aprox.

❖ DESNIVEL POSITIVO:
Trail Curto: 654 m aprox.
Trail: 1122 m aprox.

❖ DESNIVEL ACUMULADO:
Trail Curto: 1308 m aprox.
Trail: 2244 m aprox.

Artigo 5. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
• INSCRICIÓNS PROBAS POPULARES: faranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal
• INSCRICIÓNS CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL: a través da web https://isis.rfea.es/sirfea2/

❖ APERTURA DE INSCRICIONS: luns 7 de marzo de 2022 as 10.00 h
❖ PECHE DE INSCRICIONS: martes 12 de abril ás 23.59 h
❖ PREZOS DA INSCRICION:
TRAIL CURTO: 10 €
TRAIL: 15 €
❖ Para os/as participantes no Campionato de Galicia de TRAIL 2022 pecharase o prazo de inscrición o luns 11 de abril ás 20.00 horas segundo circular do Campionato.

Artigo 6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais tanto para a Trail Curto como para o Trail poderán recollerse a partir das 08.45 horas no lugar de SAIDA das probas.

Artigo 7. PREMIOS e AGASALLOS
Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos, tanto para o Trail Curto así como para o Trail:
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente reglamento.
▪ Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail Curto e Trail.
▪ AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os/as participantes no Trail Curto como no Trail (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes da saida das probas).
▪ Medallas no Campionato de Galicia segundo Circular ( www.atletismo.gal ).
____________________________________________________________________________________

A entrega de premios realizarase a partir das 13:00 horas no lugar de Saída / Meta das Probas
• PREMIOS A CLUBES NAS DISTANCIAS TRAIL CURTO E TRAIL: Darase trofeo aos 3 primeiros equipos tanto federados como populares (deberán inscribirse coa mesma denominación e igual indumentaria).

Para elo tomarase como referencia os 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a suma dos seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor clasificado/a do equipo. Os equipos poderán ser mixtos.

OS ATLETAS QUE PARTICIPEN NO CAMPIONATO DE GALICIA NON PODERÁN OPTAR A NINGÚN TIPO DE PREMIO, NIN SUMAR POSTOS PARA A CLASIFICACIÓN DOS SEUS EQUIPOS OU CLUBES DO TRAIL CURTO E TRAIL SE NON FAN O ABONO DA COTA DE INSCRICIÓN A TRAVÉS DA WEB www.carreirasgalegas.com .

Artigo 8. TRACK DAS RUTAS:
TRAIL CURTO: PROXIMAMENTE
TRAIL: PROXIMAMENTE

Artigo 9. TEMPOS DE CORTE NO TRAIL DE 25 KM
Establecerase un punto intermedio (km 11,4 aprox. Punto de avituallamento 2). Todos/as atletas que por ese punto non pasen antes das 12:00 h será retirado da competición e terá que voltar a meta polo percorrido do trail curto popular

Artigo 10. SERVIZO DE DUCHAS e UBICACIÓN DAS INSTALACIÓNS
Porase a disposición dos/as participantes un servizo de duchas sempre e cando a normativa covid-19 o permita. As mesmas estarán ubicadas na instalación do Concello da Pobra do Caramiñal denominada polideportivo de A Tomada.

Aquí tendes o Link coa ubicación da instalación: https://goo.gl/maps/whYEbue58u92

Artigo 11. AVITUALLAMENTOS
Haberá 2 puntos de avituallamento no Trail Curto e 4 no Trail. Será OBRIGATORIO levar avituallamento persoal ou mochila de hidratación. Ubicación dos puntos:
• Avituallamento 1: (común). Só líquido – punto 8,5 km, aprox.
• Avituallamento 2: (común) líquido e sólido – punto km 11,5 km, aprox.
• Avituallamento 3: (So trail) líquido e sólido – punto km 23,4 km, aprox.
• Avituallamento META: (común) líquido e sólido – punto km 25,44 km, aprox.

Artigo 12. MATERIAL OBRIGATORIO
O listado de material obrigatorio que se poderá controlar total o parcialmente na saída, percorrido e meta é o seguinte:
• Dorsal con chip na súa parte traseira (non manipular)
• Teléfono móvil operativo
• Mascarilla (segundo protocolo fisiocovid aplicable na data da proba)
• Sistema de hidratación (mínimo de 0,5 litros na saída)
• Chaqueta impermeable (só no caso de choiva)

Artigo 13. PROTOCOLO COVID-19
Aplicarase o protocolo Covid-19 vixente na data de celebración da proba, referente a todos os aspectos relativos ás normas de participación, así como certificados reflexados e demais normas recollidas no protocolo fisiocovid vixente. Esta información será comunicada a todos/as os/as participantes con antelación suficiente á celebración da proba,

Artigo 14. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis tarde de 30’ despois da publicación dos mesmos.

Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para probas de Trail Running.

RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

LOPD
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet oficiais.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de Trail running. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

Información actualizada a 22/3/2022

[ Go Back ]