Calendario
Info da proba

Lalín - Vilatuxe

04/06/2022 7:00 - 19:00
Regulamento IX Trail de Vilatuxe, Lalín
Desafío Serra do Candán

Data: sábado, 4 de xuño de 2022 a partir das 7 h.
Web: Trail de Vilatuxe (máis información e inscricións)

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

Carreira de montaña pola espectacular Serra do Candán, con catro distancias: 60Km, 32Km, 17,5Km e 12Km e dúas andainas de 17,5Km e 12Km. Unha proba para desfrutar do puro monte galego.

LUGAR E HORARIOS
Pozo do Boi (praia fluvial de Vilatuxe), Lalín (Pontevedra)

7:00 ULTRA TRAIL
8:30 TRAIL LONGO
9:30 TRAIL CURTO
9:30 ANDAINA
10:00 TRAIL 12K(cadete)
10:00 TRAIL 12K

A proba está rexida polo seguinte regulamento:

1. As carreiras Ultra Trail, Trail Longo, Trail Curto, Trail 12 K, Pequetrail e Andaina celebraranse o día 4 de xuño de 2022 con saída e chegada dende a praia fluvial de Vilatuxe, e rexeranse polo presente regulamento.

2. O Ultra Trail Desafío Serra do Candán: darase a saída as 7:00 horas; terá un percorrido aproximado de 60 km e discorrerá por montes das parroquias de Vilatuxe, Zobra, Vilariño e Carballeda, acumulando un desnivel positivo de 3800 metros aproximadamente, do que resultan uns 7600 metros acumulados.

3. O Trail Longo: darase a saída as 8:30 horas; terá un percorrido aproximado de 32 km e discorrerá por montes das parroquias de Zobra e Vilatuxe, acumulando un desnivel positivo de 2220 metros aproximadamente, do que resultan uns 4440 metros acumulados.

4. O Trail Curto: darase a saída as 9:30 horas; terá un percorrido aproximado de 17,5 km e discorrerá polos mesmos montes, acumulando un desnivel positivo de 1050 metros aproximadamente, do que resultan uns 2100 metros acumulados.

5. Andaina: Darase a saída as 9:30 horas, a vez que o Trail Curto. os participantes poderán elixir durante o desenrolo da proba ir polo circuíto de 17,5 km ou polo circuíto de 12 km. O lugar de elección de un dos dous circuítos estará axeitadamente sinalizado.

6. O Pequetrail: celebrarase a partir das 16:00;
-- terá recorridos diferentes para cada unha das categorías:
- esquíos (de 2 a 6 anos) con un percorrido de 200 m,
- corzos (de 7 a 10 anos) con un percorrido de 500 m
- xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 m.

- Para a celebración de esta proba precisarase un mínimo de 5 inscritos en cada categoría.
- Os participantes poderanse anotar o mesmo día da proba no local de reparto de dorsáis.
- Haberá premios para todos os participantes.

7. Trail 12 K: sairá as 10:00;
- Poderá participar tódalas persoas debidamente inscritas con mais de 15 anos de idade (cumpridos no ano en curso).
- Haberá premio para os tres primeiros participantes masculino e feminino da categoría absoluta.
- Incluirá a categoría cadetes con premio para os tres primeiros masculino e feminino.

8. As posibilidades de recollida de dorsais para todas as probas serán as seguintes:
a ) O venres día 3 na praza da igrexa de Lalín entre as 16:00 horas, e as 21:00 horas onde a organización instalará unha carpa a tal fin.
b ) Na tenda décatlon mais cercana, os días 2 e 3 en horario de apertura comercial, previa solicitude no momento da inscrición (solicitando esta modalidade de recollida de dorsal non poderá retiralo de ningunha outra forma)
c ) O mesmo día na zona de saída e meta 30 minutos antes da saída no caso do Ultra Trail e 1 hora antes da saída de cada unha das outras probas.

Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda responsabilidade á organización.

9. CATEGORÍAS: As categorías serán as establecidas pola FGM efectos da Copa Galega de Carreiras por Montaña, os participantes estarán divididos nas categorías e sub categorías seguintes:
- Categorías Masculina e Feminina : Cadete, Júnior e Sénior.
Categoría Cadete: 15,16 e 17 anos, é dicir que non cumpra os 18 anos o ano de referencia.
Categoría Júnior: 18,19, e 20 anos, é dicir que non cumpra os 21 anos o ano de referencia.
Categoría Sénior: a partir dos 21 anos cumpridos o ano de referencia

- Sub categorías Masculino e Feminina: Promesa e Veterana A e B
Sub categoría Promesa: 21, 22 e 23 anos, é dicir que non cumpra os 24 anos o ano de referencia.
Sub categoría Veterana A: o Masculina de 45 a 50 anos, é dicir que non cumpra os 51 anos o ano de referencia.
o Femenina de 40 a 50 anos, é dicir que non cumpra os 51 anos o ano de referencia.
- Sub categoría Veterana B: Masculina e feminina a partir dos 51 anos cumpridos no ano de referencia.

A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría e subcategorías, será a que o participante teña o día 31 de Decembro do ano da competición.

10. INSCRICIÓNS: Será a través da páxina championchipnorte.com. Haberá un único prazo de inscrición para as catro probas con un desconto para os federados. A prazo de inscricións será do día 2 de marzo as 21h ata o día 30 de maio as 23:59 h.

Non federados Federados
1º Ultra Traail.............................. 65 €................................60 €
2º Trail longo.............................. 35 €.................................30 €
3º Trail curto............................... 25 €................................20 €
4º Trail 12 k................................ 15 €................................12 €
5º Andaina.................................. 15 €................................12 €

- Os federados deberán presentar a ficha acreditativa recollida do dorsal.

- Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, e cantos obsequios ou regalos consiga a organización. Unha vez abonada a inscrición non se devolverá o importe da mesma nin haberá posibilidade de anulación.

- Para os participantes da categoría cadete a inscrición será gratuíta pero deberán formalizar a mesma a través da plataforma.

- No caso dos participantes no Pequetrail a inscrición será gratuíta e farase o mesmo día da carreira entre as 14:00 e as 16:00 no local de entrega de dorsais.

11. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de plástico co logotipo da proba, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.

12. TEMPOS DE PASO: unicamente se establecerán para a proba Ultra Trail. Os tempos máximos intermedios serán os seguintes:
km Lugar Tempo Hora
12 Bustelos 2:30 9:30
27 Trigueira 6 13:00
37 - 46 Zobra 8:30 15:30
53 Moa 10:30 17:00
60 Pozo do Boi (Meta) 12 19:00

Os corredores que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura. Así mesmo os “Corredores Escoba” ou o responsable de cada control terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella.

13. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e facer entrega do dorsal.

14. AVITUALLAMENTOS: Existirán 6 avituallamentos líquidos e sólidos incluíndo o de meta que se distribuirán do seguinte modo:
Andaina Trail Promo Trail Curto Trail Longo Ultra Trail
Bustelos Km 5 Km 5 Km 5 Km 6 - 12
Ameixedo Km 10 Km 21
Trigueira Km 15 Km 27
Zobra Km 20 Km 37 - 46
Moa Km 10 Km 7 Km 12 Km 26 Km 53

A fin de ser meticulosos no respecto co medio ambiente e baixo a premisa de reducir a o máximo os residuos que se poidan xerar, nos avituallamentos non se dispensarán vasos a os participantes.

15. PREMIOS:
ULTRA TRAIL:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros de cada categoría, atendendo as categorías propias da carreira (punto 6). Os tres primeiros da xeral en categoría masculina e feminina
terán un premio en metálico de 500 € para o 1º, 300 € para o 2º e 200 € para o 3º.

TRAIL LONGO:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros de cada categoría, atendendo as categorías propias da carreira (punto 6). Os tres primeiros da xeral en categoría masculina e feminina
terán un premio en metálico de 300 € para o 1º, 200 € para o 2º e 100 € para o 3º.

TRAIL CURTO:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros masculino e feminino da categoría Junior segundo as categorías marcadas pola FGM (punto 5).

TRAIL 12 K:
Entregarase trofeo a os tres primeiros clasificados da clasificación xeral masculino e feminino e a os tres primeiros da categoría cadete masculino e feminino segundo as categorías marcadas pola FGM (punto 5).

PEQUETRAIL:
Entregarase premio medalla a todos os participantes.
Os premios iranse entregando a medida que se vaian completando verificando os resultados dos tres primeiros de cada categoría.

16. A aceptación do presente regulamento, implica obrigatoriamente que o participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódolos xeitos posibles e cede tódolos dereitos relativos á súa explotación, comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar.

17. Non se permitirá a os participantes ir acompañados de animais ou mascotas durante o transcurso da proba.

18. Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a contorna, non leve o seu dorsal ben visible, manteña unha conduta impropia ou desatenda as indicacións da organización.

19. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.

20. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados que precisen axuda así como a informar de calquera percance nos controles de paso.

21. A pesar do persoal disposta pola organización ao longo do percorrido os/as participantes están obrigados a respectar as normas de circulación nos cruzamentos coas estradas.

22. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización, quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad ou similar polo circuíto.

23. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española
de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::



Información actualizada a 20/4/2022