Calendario
Info da proba

Friol

09/04/2022 18:00 - 19:00
Regulamento VIII Carreira Popular Concello de Friol

Data: sábado, 9 de abril de 2022 a partires das 17:15 h. (absoluta ás 18:00 h.)
Inscricións: Popular de Friol

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

VIII CARREIRA POPULAR DE FRIOL

REGULAMENTO
Artigo 1. Organización:
O Clube Atletismo Friol e o Concello Friol organizan a VIII Carreira Popular de Friol. A proba celebraráse o Sábado 9 de Abril, con saída e meta díante do Colexio de Friol.

Artigo 2. Participación:
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.

Artigo 3. Inscricións:
Na web www.championchipnorte.com
Os dereitos de inscrición na carreira de menores serán gratuítos.
Na proba absoluta terá un custe de 3€ para os propietarios do chip amarelo de championchip + 1€ de aluguer para os non propietarios.

O prazo de inscrción rematará o MÉRCORES 6 ABRIL ás 23.59h

Artigo 4. Retirada de Dorsais:
Os dorsais e chips de cronometraxe se entregarán o sábado da carreira de 12:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 17:00 horas na pista polideportiva do Colexio de Friol

Artigo 5. Premios:
Camiseta conmemorativa da carreira para todos os participantes.
Trofeo ós tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta, así como un producto típico da zona.

Trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.

Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.

Nas categoría dende PROMOCIÓN ata SUB 16 daráse medalla a todos os participantes, así como trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as.

O finalizar a entrega de premios, farase un sorteo de varias cestas con productos típicos da zona, así como de máis agasallos. A recollida dos mesmos será presencial

Artigo 6. Servizos para os participantes:
1. Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas inmediacións do Centro Educativo.
2. Baños, vestiarios e duchas instalacións polideportivas do propio Colexio.
3. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
4. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).

Artigo 7. Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.

Artigo 8. Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuito será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. A carreira terá un percorrido de 5 km.



SAÍDA: Diante do Colexio de Friol, na Praza de España. Dende ahí xiro á dereita tomando a Avenida de Lugo. Pasada a gasolinera, collemos a carretera de Ousá (LU-P-5101) ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación de Friol (LU-P-1611) dirección ao pobo. Alí collemos a Rúa Santa Isabel ata enlazar novamente coa Avenida de Lugo. Unha vez que se chega a altura do Colexio, darase unha volta ao mesmo para entrar en meta diante do Colexio.

CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2017 e posteriores) 17.15 h 100m
PREBENXAMÍN (2015-2016) 17.20 h 300m
SUB 10 (2013-2014) 17.30 h 700m
SUB 12 (2011-2012) 17.40 h 700m
SUB 14 (2009-2010) 17.50 h 1400m
SUB 16 (2007-2008) 17.50 h 1400m
SUB 18 (2005-2006) 18.00 h 5000m
SUB 20-23 (2000-2004) 18.00 h 5000m
CATEGORÍA A (1983-1999) 18.00 h 5000m
CATEGORÍA B (1978-1982) 18.00 h 5000m
CATEGORÍA C (1973-1977) 18.00 h 5000m
CATEGORÍA D (1968-1972) 18.00 h 5000m
CATEGORÍA E (1963-1967) 18.00 h 5000m
CATEGORÍA F (1958-1962) 18.00 h 5000m
CATEGORÍA G (1957 e anteriores) 18.00 h 5000m

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.

Organizan: Concello de Friol e Clube Atletismo Friol

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::



Información actualizada a 20/3/2022