Calendario
Info da proba

Ons

24/04/2022 11:30 - 14:00
Regulamento VI Volta á Illa de Ons

Data: domingo, 24 de abril de 2022 ás 11:30 h.
Inscricións: Volta á Illa de Ons

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

1) PRESENTACIÓN.
O Clube Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes e o Parque Nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, organizan o domingo 24 de abril a VI Volta a Illa de Ons.

Ademais da carreira tamén se realizará unha andaina, non competitiva. As probas, tomarán a saída na zona do Igrexario da Illa de Ons, con os seguintes horarios: as 11:45 para a andaina e ás 11:30 para a carreira.

A competición da carreira serán de carácter popular e non se precisan posuír licenza federativa.

2) CARACTERÍSTICAS DA CARREIRA E ANDAINA.
● É unha carreira por pistas de terra, cunha distancia de 20 qm, con saída e chegada na illa de Ons
● A andaina terá o mesmo percorrido que a carreira pero con só unha volta (10.5 qm aprox).
● O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados con bandeirolas con varilla de aceiro, ademais puntualmente nos cruces disporemos de sinais de cartón

IMPORTANTE, ESTE ANO TEMOS COMO OBXECTIVO “PLÁSTICOS 0”, ASÍ QUE RECOMENDAMOS A TODOS OS PARTICIPANTES LEVAR O SEU PROPIO AVITUALLAMENTO LIQUIDO PARA PODER ENCHER COS BIDÓNS DE LIQUIDO QUE PORÁ A ORGANIZACIÓN, EXTRAORDINARIAMENTE DISPOREMOS DE VASOS DE CARTÓN ECOLÓXICO.

● Os participantes non poderán saír do percorrido marcado.
● A Organización poderá modificar o percorrido por causas axeas e/ou de forza maior.
● O tempo máximo do que disporán os atletas para cubrir o percorrido completo de 20 qms será de 2:30h.
● Existirán catro postos de avituallamento ademais do disposto na meta;
1) Km 4 líquido
2) Km 8 líquido
3) Km 11 líquido
4) Km 16 líquido-sólido
● A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante Chip (só no caso da carreira).
● Asistencia médica: Os servizos sanitarios estarán instalados na zona de Saída/Meta
● Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita
proba. O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha condición física, psíquica e deportiva.
● Existen duchas a 100 metros da meta.

Categorías Carreira.
CATEGORÍAS ANOS (cumpridos ó dia da proba)
SENIOR 18 a 39
VETERÁN A 40 A 49
VETERÁN B 50 EN DIANTE

3) NORMATIVA PARA A CARREIRA/ANDAINA.
● Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
● Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.
● Disporase de servizo de duchas e garda roupa.
● Estará totalmente prohibido correr durante a andaina.
● Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible (só no caso da carreira) ou desatenda as indicacións da organización.
● A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
● Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
● A organización declina toda responsabilidade en caso da perdida de obxectos de cada participante.
● Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.
● A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respecto o medio ambiente, a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
● Todos os participantes deben cumprir en todo caso as condicións xerais nas illas co fin de asegurar a conservación dos seus ecosistemas naturais, estas condicións pódense consultar na web http://www.iatlanticas.es/ no apartado de condicións.

4) PROTOCOLO COVID
● Este protocolo poderá presentar variacións en función da normativa e recomendacións vixentes no día da proba.
● Na SAIDA será obrigatorio o uso de mascarilla ata haber percorrido polo menos o primeiro quilómetro.
● Na META será obrigatorio o uso de mascarilla o aire libre se non se mantén a distancia interpersoal.
● En espazos pechados, a mascarilla SEMPRE será obrigatoria.

5) INSCRICIÓNS.
● Carreira: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun costo de 27€ por participante están limitadas a 275 participantes e inclúen o dorsal, billete ida e volta, froita, bebida, camiseta conmemorativa e outros agasallos.
● Andaina: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun costo de 20€ por participante están limitadas a 100 participantes e inclúen, billete ida e volta e regaloconmemorativo.
● Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o domingo 17 de Abril.
● Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo.
● Tamén se poderán mercar os billetes para os acompañantes na web www.galitiming.com a un custo de 8€ (5 anos ou menos gratis pero deben mercar igualmente a coste 0 os billetes) na mesma web ata o xoves 21 de Abril e na entrega de dorsais ata o día da proba.
● Todos os horarios dos billetes de ida pódense cambiar ata o xoves 22 de Abril na mesma páxina onde se fai a inscrición, na sección “zona privada” pudendo elixir embarcar o venres, sábado ou domingo (o barco do venres e do sábado dependerá exclusivamente da navieira, en caso de non ter barco todos os participantes embarcarán o domingo) .
● A organización non ten o deber de devolver a inscrición en caso de que o atleta non puidera participar, o custo do billete non se devolverá en ningún caso.
● A organización devolverá a inscrición íntegra en caso de que se suspenda a proba por cuestións meteorolóxicas que impidan a celebración da mesma.
● A organización non se fai responsable en ningún caso dos gastos externos de cada participante no caso de que se cancele a proba.

6) HORARIOS DOS BARCOS
● O prezo do billete será de 8€ por persoa, este prezo reducido so será aplicable para os barcos que saian dende o peirao de Bueu a mañá do domingo 24 de Abril de 2022, se o tempo e a naviera o permite, habilitarase unha opción para coller o barco o venres e o sábado.
● Os horarios de saída dos barcos será a partir das 08:15h o domingo e van saíndo segundo se vaian enchendo. Os horarios da volta serán a partir das 17:00. Disporánse os barcos necesarios en cada horario para poder levar e traer a todos os participantes. Estes horarios non podemos cambialos xa que son impostos polos organismos.

7) ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
● Os dorsais e o Chip de cronometraxe entregaranse o día da proba no local de protección civil situado no peirao de Bueu, dende as 08:00h ata as 8:40h. O venres de 17:00h a 19:00h e o sabádo de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h, no mesmo local.
o Localización local protección civil:
https://www.google.es/maps/place/42%C2%B019'42.0%22N+8%C2%B047'14.0%22
W/@42.328334,-8.787215,211m/data=!3m2!1e3!4b1!4m2!3m1!1s0x0:0x0?hl=es
● Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o Chip que facilita a organización e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
● A clasificación xeral oficial publicarase nas web do club e na web da empresa de cronometraxe.

8) CRONOGRAMA
Día Actividade
Domingo
24 de abril do 2022
● 08:00 a 08:45 entrega dorsais peirao de Bueu
● 08:15 saída barcos
● 11:30 saída carreira
● 11:45 saída andaina
● 14:00 peche carreira

Sábado
23 de abril do 2022
● 10:00 – 13:00 entrega dorsais peirao de Bueu
● 17:00 – 20:00 entrega dorsais peirao de Bueu

Venres
22 de abril do 2022
● 17:00 – 19:00 entrega dorsais peirao de Bueu

9) PERCORRIDO
Pódese revisar o percorrido no seguinte enlace: Wikiloc
Tracks en varios formatos: Enlace

10) ENTREGA DE PREMIOS.
● Carreira nas categorías Absoluta, Senior, Veterán “A” e Veterán “B”: Trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina.
● A andaina non é competitiva.

10) SEGUROS:
● Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante. Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia de las leis, etc. Tamén quedarán excluídos os producidos polos desprazamentos particulares hacia/dende o lugar no que se desenvolve a proba.

Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a Federación Internacional de Atletismo (IAAF).A participación no VI VOLTA A ILLA DE ONS leva consigo a total aceptación do Regulamento presente.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 23/3/2022