Calendario
Info da proba

Malpica

16/07/2022 9:30 - 13:30
Regulamento O club Atletismo Marineda organizará o sábado 16 de xullo de 2022 a I edición do Trail Ruta dos
Faros Costa da Morte
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do
Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
A proba rexerase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. HORARIOS, LUGARES DE SAÍDA e META
O Trail Ruta dos Faros Costa da Morte terá os seguintes horarios e lugares de saída:
HORA PROBA DISTANCIA SAIDA META
9:30 h TRAIL
18,12 km
aprox.
Faro de Punta Náriga Casa consistorial do Concello
de Malpica
Ubicación do lugar de SAÍDA (Faro Punta Náriga- Malpica de Bergantiños):
https://goo.gl/maps/A2JPiTuWbwrFMzbB7
Ubicación do lugar de META e punto onde se collen os autobuses para traslado ao lugar de saída
(Casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños):
• https://goo.gl/maps/oRr3ABtNyVaYHM6J7
Os participantes tanto no TRAIL serán trasladados en autobús desde A casa consistorial do Concello
de Malpica de Bergantiños ate o punto de SAÍDA na Faro Punta Náriga (Malpica de Bergantiños) a
partir das 09:00 horas.
Artigo 2. CATEGORIAS e IDADE MINIMA DE PARTICIPACION
CATEGORIAS INDIVIDUAIS PARA O TRAIL
CATEGORIA DATAS DE NACEMENTO
ABSOLUTA MASC/FMNO Dende os 18 anos cumpridos antes da proba en adiante
Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os participantes tanto
no Trail inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que incluirá un
seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil.
As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal
os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licencia. Para o resto de participantes subscribirase un seguro licenza de día.
Artigo 4. DISTANCIAS E DESNIVEIS
❖ DISTANCIA:
Trail: 18,12 km aprox.
❖ DESNIVEL POSITIVO:
Trail: 665 m aprox.
❖ DESNIVEL ACUMULADO:
Trail: 1365 m aprox.
Artigo 5. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
❖ PÁXINA WEB: www.carreirasgalegas.com e atletismo.gal
❖ APERTURA DE INSCRICIONS: Luns 6 de xullo ás 14.00 h
❖ PECHE DE INSCRICIONS: Mércores 14 de xullo ás 23.59 h
❖ PREZOS DA INSCRICION: 20,00 €
Artigo 6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais para o Trail poderán recollerse no mesmo día a partir das 08:00 horas ata as 8:50 no lugar
de meta (Caso consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños (Malpica Ubicación:
https://goo.gl/maps/oRr3ABtNyVaYHM6J7 ).
Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o DNI.
Artigo 7. TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAIDA DO TRAIL
Para poder participar no Trail, trasladarase aos participantes desde o punto de meta (Casa
consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños, ao punto de saída das probas (Faro Punta
Náriga) do seguinte xeito:
PROBA HORA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES LUGAR DE SAÍDA DOS AUTOBUSES e
DIRECCIÓN
TRAIL A partir das 09.00 horas
Saída dos autobuses da casa consistorial do
Concello de Malpica en dirección a Faro
Punta Náriga
Artigo 8. PERCORRIDO
O percorrido sairá do Faro de Punta Náriga no Concello de Malpica, O percorrido transcorre case
íntegramente por sendero, dende o Faro Punta Nariga ata o Porto de Malpica, pasando polo Porto
de Barizo, Praia de Barizo, Praia de Esteiro, Beo, Monte de Beo e Monte de San Adrián, para continuar
pola senda ata a vila de Malpica, na que penetrará polo Paseo Marítimo peonil da Praia de Area
Maior, subindo pola Rúa Praia para xirar a esquerda pola Rúa Emilio González López, chegando a
meta enfronte a praza da casa do Concello de Malpica de Bergantiños. (Malpica Ubicación:
https://goo.gl/maps/oRr3ABtNyVaYHM6J7 ).
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse ademais os seguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos 3 primeiros/as clasificados para categoría masculina e o mesmo para a categoría
feminina.
▪ AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na
Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses).
A entrega de premios realizarase a partir das 14:00 horas no lugar de META
Artigo 10. AVITUALLAMENTOS
Haberá 2 puntos de avituallamento no Trail (1 no percorrido, e 1 na meta). Será obrigatorio levar
avituallamento persoal ou mochila de hidratación:
AVITUALLAMENTO 1: LÍQUIDO e SOLIDO KM 9 APROX.
AVITUALLAMENTO META: LÍQUIDO E SÓLIDO META
MATERIAL OBRIGATORIO: será obrigatorio levar mochila de hidratación e teléfono móvil.
Artigo 11. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de
30’ despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para
probas de Trail Running.