Calendario
Ver carrera

Portomarín

17/04/2022 12:30 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción VI Carreira Popular Festa da Augardente de Portomarín

Data: domingo, 17 de abril de 2022.
Inscricións: Carreira de Portomarín

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

VI CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN “A carón do río”

Ven á VI Carreira Popular de Portomarín e goza dun percorrido único, a beleza da nosa vila, a igrexa de San Xoan (igrexa-fortaleza do século XII), a igrexa de San Pedro tamén do século XII e unhas fermosas paisaxes a carón do río Miño. No corazón do Camiño Francés, parada obrigada dos peregrinos a Compostela. E a todo esto engadirlle a Festa da Augardente.

Para descubrilo achégate a correr por Portomarín o 17 de abril.
Non faltes!

Data: domingo, 17 de abril de 2022
Hora:
- Categorías escolares: 11:00h
- Categoría absoluta: 12:30h
Lugar: Portomarín, Lugo
Distancia: dende 100 a 7,300 m (distancia aproximada).
Organiza: Concello de Portomarín.

REGULAMENTO DA PROBA:
Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
- A proba adaptarase as medidas covid vixentes no momento.

- A saida e a meta estará situada nas inmediacións da Praza do Camiño antes Condes Fenosa, a carón da igrexa.

- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel, en ningún caso se permitirá correr sen dorsal.

- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu.

- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.

- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente

- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.

- O percorrido estará sinalado cada quilómetro.

- A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

ENTREGA DE TROFEOS E MEDALLAS, está prevista a entrega de trofeos e medallas unha vez rematada a última proba no Polideportivo a partir das 13:15h.
- Camiseta conmemorativa para todos os participantes.

CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 11:00 da mañá nos arredores da Praza do Camiño antes Condes Fenosa.

Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas) coas distancias (aproximadas) correspondentes:

CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA
CHUPETE nad@s en 2018 e posteriores 100 metros
Categoría A nad@s entre 2014 e 2017 500 metros
Categoría B nad@s entre 2010 e 2013 800 metros
Categoría C nad@s entre 2005 e 2009 1.500 metros

CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partires das 12:30 da mañá con saída da Praza Condes Fenosa de Portomarín e un percorrido de 7,3 quilómetros (aproximadamente).

Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Categoría D nad@s entre 1997 e 2004
Categoría E nad@s entre 1987 e 1996
Categoría F nad@s entre 1977 e 1986
Categoría G nad@s entre 1967 e 1976
Categoría H nad@s entre 1966 e anteriores

INSCRICIÓNS:
- CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscrición gratuita on-line na páxina: www.championchipnorte.com.
O prazo de inscrición remata o martes 12 de abril ás 23:59 horas.

Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (se pertence a algún)
- Localidade
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

- CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Inscripción 3 @s atletas que posean o chip amarelo, dos que 1€ que será doado a entidade benéfica CRUZ VERMELLA con destino ao programa de axuda a UCRANIA.

Os atletas que non posean o chip amarelo deben aboar 4€ en concepto de alquiler do chip no momento de inscribirse na web.

Todos os corredores teñen a obriga de devolver o chip o finalizar a súa proba (agás os propietarios do chip amarelo).

O prazo de inscrición remata o 12 de abril ás 23:59 horas. A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

PERCORRIDO
A saída e a meta estarán na Avenida de Lugo (ó carón da PRAZA DO CAMIÑO antes Condes de Fenosa ) e discurrirá por varias rúas da vila, para logo dirixirnos ó Monte do Cristo, cun percorrido por camiños de terra entre pinos e a carón do río Miño, co mesmo percorrido de anos anteriores. Voltamos a vila e acadaremos a meta despois dun percorrido ó redor de 7,3 quilómetros.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (17 de abril) nos soportáis do PAVILLÓN POLIDEPORTIVO VILLANUEVA CENDÓN a partir das 10:00 horas.

PREMIOS
- Camiseta conmemorativa para todos os participantes.
- CATEGORÍAS DE MENORES: Tódolos participantes recibirán unha medalla conmemorativa e un agasallo. Haberá trofeos para os tres primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría.
- CATEGORÍA ABSOLUTA: Tódolos participantes recibirán un agasallo e os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) da clasificación absoluta levarán:
1º/1ª Clasificad@: cesta de productos típicos da comarca.
2º/2ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
3º/3ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
Tamén, haberá trofeos para os 3 primeir@s clasificados de cada categoría e premios especiales para o primeir@ corredor@ local.

Considerase como local @ atleta empadroad@ en Portomarín.

PREMIO ESPECIAL o equipo con maior número inscritos na carreira.

Avituallamento no medio do percorrido e o final da proba para tod@s atletas .

Haberá unha zona habilitada pola organización no Polideportivo para degustación de balde de produtos da zona e entrega de premios.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores as duchas do pavillón e do albergue municipal.
- Guardarroupa: Os atletas que queiran poderán dispor de servizo de guardarroupa no pavillón.
- Aparcadoiros: disporase dunha zona de estacionamento ubicada na esplanada do campo de fútbol .
- Albergue : disporase de albergue gratuito para os atletas e familiares que desexen vir o sábado (aforo máximo en literas 85 prazas) , debe comunicarse chamando o teléfono do Concello antes do día 12 de abril.

INFORMACIÓN E RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 1/4/2022

[ Go Back ]