Calendario
Info da proba

San Sadurniño

05/06/2022 11:00 - 13:30
Regulamento VII Carreira Popular de San Sadurniño
Corre polo medio ambiente

Data: domingo, 5 de xuño de 2022 a partir das 11 h.
Inscricións: Popular de San Sadurniño

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Esta edición cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 1 de decembro de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID-19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento.

ARTIGOS
Art. 1- DATA.
DOMINGO 5 DE XUÑO DE 2022.

Art. 2-HORARIOS, DISTANCIAS, IDADES, CATEGORÍAS E CIRCUÍTOS.
HORA DISTANCIA CATEGORÍAS IDADES CIRCUÍTO

11.30h. 5 kms.
ABSOLUTA
SUB 16. Masc. e Fem.
SUB 18. Masc. e Fem.
SENIOR. Masc. e Fem.
MÁSTER M40. Masc. e Fem.
MÁSTER M50. Masc. e Fem.
Nados/as 2007 e 2008
Nados/as 2005 e 2006
Nados/as 1983 a 2004
Nados/as 1973 a 1982
Nados/as 1972 e anteriores
Circuíto 3

11.00h. 900 mtrs. SUB 14. Masc. e Fem. Nados/as 2009 e 2010 Circuíto 2
12.30h. 600 mtrs. SUB12. Masc. e Fem. Nados/as 2011 e 2012 Circuíto 2
12.45h. 280 mtrs. SUB 10. Masc. e Fem. Nados/as 2013 e 2014 Circuíto 2
13:00h. 65 mtrs. PEQUES Nados/as 2015 e posteriores. Circuíto 1

Art. 3-LUGAR.
A Carreira Popular de San Sadurniño terá lugar no Paseo Fluvial do río Xubia de San
Sadurniño e Finca A Cortiña (lugar de Bidueiro. San Sadurniño).
https://goo.gl/maps/r4Xy4J9m3SE2
https://goo.gl/maps/g3totvB78T62

Art. 4- ENTIDADE ORGANIZADORA.
Concello de San Sadurniño.
Concellaría de Deportes

Art. 5-REGULAMENTO.
1. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA).

2. “Proba oficial da FGA con distancia non homologada”.

3. A proba está aberta a todos e todas os atletas federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

4. As persoas participantes nesta proba deportiva, coas excepcións previstas neste regulamento, están obrigados/as ao cumprimento das normas particulares do regulamento da proba e ás que nun momento determinado estableza ou adopte, por seguridade, o responsable da proba ou a autoridade competente.

5. As categorías serán dende Peques ata Máster M50.

6. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade é suponse que dispón dun nivel de condición física óptimo para afrontala proba.

7. Todas as persoas participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser visible o longo de toda a proba.

8. Todas as categorías, exceptuando as categorías SUB 10 e peques, estarán controladas con chip. Na categoría SUB 10 a cronometraxe será realizado polos/as xuíces da Federación Galega de Atletismo.

9. Durante o transcurso da proba, faranse controis de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá, polos cales terán que pasar todas as persoas participantes para non ser descualificadas.

10. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente o/a xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

11. Ningún atleta federado/a poderá competir con outro Club que non sexa o que figure na súa licenza correspondente. No caso de que se producise esta situación, será descualificado automaticamente.

12. RETIRADAS E DESCUALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA que estarán autorizados a descualificar.

Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
◦ Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
◦ Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor/a.
◦ Non pasar polos controis de carreira establecidos.
◦ Non realizar o percorrido de carreira completo.
◦ Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces.
◦ Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
◦ Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
◦ Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non sexa motivo de expulsión do circuíto.
◦ Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
◦ Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.
◦ Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
◦ Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en contra do espírito deportivo.

13. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA (Federación Galega de Atletismo), RFEA (Real Federación Española de Atletismo) e IAAF (Federación Internacionnal de Atletismo Amateur) para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

14. Todas as persoas participantes na proba o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de inscribirse aceptan o presente regulamento.

15. Seguro: Cada participante estará amparado por unha póliza de Responsabilidade Civil e de accidentes deportivos, excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis ou da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo alleo á organización, estando estes últimos debidamente identificados.

16. A organización disporá de SERVICIO MÉDICO E AMBULANCIA dende unha hora antes do comezo da carreira e ata que finalice a última carreira.

17. Todas as persoas participantes, polo feito de formalizala inscrición, dan o seu consentimento para que a organización trate informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva e/ou promocional os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeo, redes sociais, etc.

18. En función do número de participantes, a organización poderá establecer varias saídas para as categorías inferiores.

19. A organización poderá solicitar a documentación, onde conste a data de nacemento dos participantes. A non aportación desta, poderá ser motivo de descualificación.

20. Non está permitido o acompañamento en ningunha das probas de ningún vehículo alleo á organización. Nin tampouco con bicicletas, patíns ou de persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras, nin correr acompañados destes en ningún momento.

21. A organización resérvase o dereito de modificar o que considere oportuno. O mal tempo non será motivo de suspender a proba, agás que axa aviso de alerta vermella e quede suspendido todo tipo de actividade deportiva ao aire libre.

22. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento, poderá ser descualificado/a.

23. A carreira da categoría absoluta (5Kms) poderase realizar correndo ou correndo-camiñando, sendo o tempo máximo para realizar a carreira de 55 minutos.

24. En caso de retirada, avisarase ao persoal da organización. No caso de lesión ou impedimento para regresar polos propios medios á meta, solicitarase axuda á organización, que xestionará a recollida.

25. Os premios non son acumulativos, exceptuando o premio o/a participante de maior idade.

26. Todas as carreiras estarán pechadas ao tráfico. Na carreira da categoría absoluta a organización disporá dun vehículo de apertura: Portador do cartel coa inscripción «Atención: proba deportiva.STOP» cunha bandeira vermella, e un vehículo de peche: Portador do cartel coa inscrición «Fin de carreira.
CONTINÚE», cunha bandeira verde.

Art. 6-RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas participantes por imprudencias ou descoidos delas mesmas.

O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime á organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá os incidentes inherentes á proba.

Art. 7-OUTRAS OBSERVACIÓNS.
Poderán participar todos/as aqueles atletas que o desexen, por norma xeral, en competicións do calendario autonómico non porán participar atletas españois con axuda económica da RFEA.

O descoñecemento do presente regulamento non exime do seu cumprimento.

Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Art. 8-CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.

Art. 9-SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces. Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao Xuíz Árbitro da proba ata 30 minutos despois da publicación dos resultados.

A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos poderán ser descualificadas coa consecuente non aparición nos resultados finais.

Art. 10-CLASIFICACIÓN.
• Absoluta. A clasificación e a cronometraxe realizarase mediante chip e estará controlado técnicamente pola Federación Galega de Atletismo.
• SUB12 e SUB 14. A clasificación e a cronometraxe realizarase mediante chip e estará controlado tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo.
• SUB 10. A cronometraxe será realizado polos/as xuíces da Federación Galega de Atletismo.
• Peques non haberá clasificación nin cronometraxe, estará controlado tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo. Os/as participantes correrán co dorsal número 1.

As clasificacións da carreira poderán ser consultadas:
- No lugar habilitado para tal efecto no lugar da carreira.
- Na páxina web do Concello de San Sadurniño www.sansadurnino.gal
- Na páxina web www.emesport.es
- Na web da FGA: www.carreirasgalegas.com

Art. 11- PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O tempo de realización máxima da carreira será de 55 minutos. Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto Consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán nas clasificacións.

Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade.

Art. 12- INSCRICIÓN.
Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é imprescindible que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos indicados.

12.1.- Prezo:
CATEGORÍAS IDADES PREZO
ABSOLUTA
SUB 16 Masc. e Fem.
SUB 18 Masc. e Fem.
SENIOR Masc. e Fem.
MÁSTER M40 Masc. e Fem.
MÁSTER M50 Masc. e Fem.
Nados/as 2007 e 2008
Nados/as 2005 e 2006
Nados/as 1983 a 2004
Nados/as 1973 a 1982
Nados/as 1972 e anteriores
5 euros

SUB 14 Masc. e Fem. Nados/as 2009 e 2010 Gratis
SUB12 Masc. e Fem. Nados/as 2011 e 2012 Gratis
SUB 10 Masc. e Fem. Nados/as 2013 e 2014 Gratis
PEQUES Nados/as 2015 e posteriores.
Menores de 8 anos Gratis

12.2.- Forma de pago:
A única forma de pago será na plataforma habilitada para tal efecto.

12.3.- Devolución da inscrición:
Se algún dos/as participantes decide anular voluntariamente a inscrición, a organización non devolverá o importe de dita inscrición.
Tampouco devolverase o importe da inscrición se o/a atleta é descualificado
.
12.4.- Nº de Prazas:
- Na carreira da categoría absoluta (5 Kms): 500 atletas
- O resto das categorías sen límite de prazas.

12.5.- Prazo de inscrición.
O prazo de inscrición remata o luns 30 de maio ás 14:00h. Non se
realizarán inscricións o mesmo día da proba.

12.6.- Lugar e forma de inscribirse.
Na plataforma habilitada para tal efecto.

Art. 13- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS.
A retirada de dorsais e chips realizarase o mesmo día no lugar da proba. Haberá unha carpa habilitada para a retirada dos dorsais e chips. O horario de retirada será:
- Carreira Absoluta. De 9:10 a 11:15 horas
- O resto das categorías ata 40 minutos antes do inicio de cada proba.

Art.14- AVITUALLAMENTO.
Na meta colocarase un avituallamento líquido e sólido ó final da proba para todas as persoas participantes. Ademais, poñeranse ao dispor dos corredores/as colectores para a recollida selectiva de residuos e que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización destes por parte dos/as atletas poderá supoñer a descualificación.

Art. 15- SERVIZO DE FISIOTERAPIA.
A organización porá a disposición dos/as participantes da carreira absoluta un servizo de fisioterapia para aquelas persoas que sufran algún tipo de incidente durante a carreira.

Art. 16- APARCADOIRO.
O Concello habilitará unha zoa específica o carón dos circuítos para que tanto as persoas participantes como o público poidan deixar o coche.
https://goo.gl/maps/c5rAhqYPrfK2

Art. 17- DUCHAS.
As duchas e vestiarios para as persoas participantes estarán situadas no Pavillón Polideportivo Municipal (Avda. Marqués de Figueroa nº 19). Non se atopan no mesmo lugar da proba.
https://goo.gl/maps/oCw2X4ULcP32

Art. 18- TOLDO.
Para os que desexen repoñer forzas haberá un toldo para poder tomar algo ao finalizar a proba.

Art. 19- AGASALLOS.
Agasallo para todas as persoas participantes na carreira popular.

Art. 20- CATEGORÍAS E PREMIOS.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propio atleta.

Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo 10 de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a este.

CATEGORÍAS PREMIOS
PEQUES Medalla para cada participantes
SUB 10
Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino e medalla para cada participante
SUB 12 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SUB 14 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SUB 16 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SUB 18 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SENIOR Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
MÁSTER M40 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
MÁSTER M50 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
Participante de Maior Idade Placa ao participante masculino e feminino de maior idade

Categoría ABSOLUTA
3 primeiros clasificados da xeral

Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino

Art. 21- COMPROMISO.
Cada participante comprométese a:
1.- Aceptar estritamente todos os artigos do presente regulamento.
2.- Aceptar as posibles modificacións da proba as que a organización véxase obrigada a modificar por causas alleas a súa vontade.
3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se realizará devolución do importe da inscrición baixo ningunha causa.
4.- A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón: “Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización, óssponsors ou patrocinadores comerciais, directivos/as, empregados/as e demais persoal organizador de toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como lesión, perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias”.
5.- A organización reservase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións do evento expostos no presente regulamento. No caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a organización.
6.- Dar o seu consentimento para que a organización trate informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva ou promocional, os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeo, etc.

Art. 22- SERVIZOS AS PERSOAS INSCRITAS
A inscrición inclue os seguintes servizos:
• Dereito a participar na proba
• Avituallamento líquido e sólido na meta
• Seguro de responsabilidad civil e de accidentes
• Agasallo
• Aparcadoiro
• Duchas
• Dorsal
• Cronometraxe con chip
• Servizo médico axustándose á normativa legal deste tipo de eventos
• Servizo de fisioterapia

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::



Información actualizada a 25/4/2022