Calendario
Info da proba

Muros

11/09/2022 11:00 - 12:30
Regulamento IX CARREIRA SOLIDARIA DA PISCINA MUNICIPAL DE MUROS
- REGULAMENTO -
1. DATOS XERAIS
A Concellería de Deportes a través da Piscina Municipal de Muros organiza o domingo
11 de setembro a IX Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros. As probas
estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN
CATEGORÍA NACEMENTO
Chupete 2020 e posteriores
Pitufo 2017, 2018 e 2019
Sub 8 2015 e 2016
Sub 10 2013 e 2014
Sub 12 2011 e 2012
Sub 14 2009 e 2010
Sub 16 2007 e 2008
Sub 18 2005 e 2006
Sénior 2004 e ata Máster
Máster 40 1973- 1982
Máster 50 1972 (incluído)
Andaina Todas as idades
3. HORARIOS, SAÍDAS E DISTANCIAS
CATEGORÍA HORA DISTANCIA
Andaina 10.00 h 5600 m aprox.
Sub 14 – sub 16 10.30 h 2300 m
Saída 1:
Sénior, Máster e Sub 18
11.00 h 10000 m aprox.
Saída 2:
Sénior, Máster e Sub 18
11.10 h (aprox.) 5600 m aprox.
Sub 8 12.00 h 200 m
Sub 10 12.15 h 600 m
Sub 12 12.30 h 1000 m
Chupete - Pitufo 12.45 h 50 m
4. INSCRICIÓNS
O prazo límite de inscricións será o mércores 7 de setembro ás 23.59 h, non se
admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da proba.
As inscricións faranse a través da web www.emesports.es, excepto a andaina que se
fará presencialmente nas oficinas da Piscina Municipal de Muros.
Na plataforma de inscrición as persoas participantes (cadete, sénior e máster) poderán
seleccionar a distancia na que desexan participar, 10000 m aprox. ou 5600 m.
A saída na distancia longa (10000 m aprox.) será ás 11.00 h e unha vez que pase a
última persoa clasificada pola zona da praia do Castelo darase saída á proba da
distancia curta (5600 m), que será aproximadamente sobre as 11.10 h.
Usaranse distintos dorsais para diferenciar as persoas participantes da distancia longa
das da distancia curta.
O custo da inscrición nas categorías andaina, sénior e máster será de 7,00 € ata o 28
de agosto e de 10,00 € do 29 de agosto ao 7 de setembro.
O custo da inscrición nas categorías menores e os/as menores na andaina será de
1,00 € que será doado a Cáritas de Muros.
5. LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS
Día Lugar Horario
10/09/2022 (sábado) Piscina municipal de Muros De 9.00 a 13.00 h
11/09/2022 (domingo) Casa do Concello De 8.30 a 10.00 h
6. LUGAR DE SAÍDA E META
Dende a zona portuaria, nas proximidades da praia do Castelo.
8. PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA
Ás 12.00 h
9. PROTOCOLO FISIO-COVID 19
Seguiranse as normas sanitarias vixentes no momento de celebración da carreira.
10. SERVIZO DE DUCHAS
Piscina Municipal de Muros.
11. AVITUALLAMENTO DE META
Proporcionarase auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en
cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar
visible despois da meta.
12. COLOCACIÓN PÚBLICA DAS CLASIFICACIÓNS
Anunciarase por megafonía a situación e o momento no que as clasificacións de cada
carreira estean colocadas ao público. As reclamacións aos resultados oficiais deberán
realizarse non máis tarde de 30’ despois da publicación destes.
13. ENTREGA DOS PREMIOS
Horario: 13.00 h
Lugar: Zona portuaria
Premios categorías menores:
 Medallas a todas as persoas participantes das categorías chupete, pitufo, sub 8
e sub 10.
 Haberá premios para os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría e
sexo a partir da categoría sub 10 (incluída).
Premios xeral:
Na proba con distancia de 10000 m aprox. por categorías e sexos (xuvenil, sénior e
máster M40 e M50, NON ACUMULATIVOS) para:
 1º clasificado masculino e feminino
 2º clasificado masculino e feminino
 3º clasificado masculino e feminino
Na proba con distancia de 5600 m por sexos para:
 1º clasificado masculino e feminino
 2º clasificado masculino e feminino
 3º clasificado masculino e feminino
Premios especiais:
 Club/asociación/centro de ensino/grupo con máis representantes que cheguen
á meta (mínimo 5 participantes). Para poder recibir o premio nesta modalidade
deberase facer constar o nome do club/asociación/centro de ensino/peña no
momento da inscrición.
 Os/as atletas premiados/as deberán situarse na zona próxima á entrega de
premios no momento en que por megafonía se anuncie o inicio desta, así como
estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
 Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu
premio no momento da entrega, perderán o dereito a recollelo.
 Os premios non serán acumulables.
 Para optar á participación por club, grupo, asociación… os/as atletas deberán
realizar a súa inscrición individualmente e posteriormente deberán enviar por
correo electrónico ao enderezo piscinamunicipaldemuros@gmail.com un
listado detallando os membros computables ao efecto.
 Agradecemos ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que
o/a atleta non estea presente, o comunique na zona de premios, para evitar
esperas innecesarias.
 Exclusivamente poderán subir ao podio os/as atletas premiados/as salvo causa
xustificada.
 Para aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no
momento da entrega, deberán poñerse en contacto coa Concellería de Cultura,
Deporte, Educación e Xuventude durante un prazo máximo de 15 días, onde se
custodiarán os trofeos non recollidos.
14. MEDIOS DE CONTACTO
 Piscina Municipal de Muros (Soborribas, s/n 15259 Serres) no seu horario
habitual.
 Por correo-e ao seguinte enderezo: piscinamunicipaldemuros@gmail.com.
 Teléfonos de información: 981 826 966
Todo o non recollido neste regulamento rexerase pola normativa para probas en ruta
da FGA e RFEA en vigor.