Calendario
Info da proba

Malpica

10/09/2022 18:00 - 19:30
Regulamento 1.- FINALIDADE DA V CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE MALPICA
SABADO 10 de SETEMBRO
O obxectivo da V Carreira Pedestre do Concello de Malpica é fomentar a práctica de actividade
física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable e segura.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen.
DISTANCIAS E HORARIOS : Categorias de base
CATEGORÍA NACIDOS DISTANCIAS HORARIOS
Biberón
Masculino
2017 e posteriores 100 m
19:40 H
Feminino
Benxamín (Sub 10)
Masculino
2016-2013 740 m
19:30 H
Feminino
10 K ,Cadete, Infantil e Alevin
CATEGORÍA NACIDOS DISTANCIAS HORARIOS
Alevín (Sub 12)
Masculino
2012-2011 2.100 m
18:03 H
Feminino
Infantil (Sub 14)
Masculino
2010-2009 2.100 m
18:03 H
Feminino
Cadete (Sub 16)
Masculino
2008-2007 2.100 m
18:03 H
Feminino
Xuvenil (Sub 18)
Masculino
2006-2005 10.000 m
18:00 H
Feminino
Sénior Masculino
1980-2004 10.000 m
18:00 H
Feminino
Máster M40
Masculino
1973-1981 10.000 m
18:00 H
Feminino
Máster M50
Masculino
1972 (incluído) e anteriores 10.000 m
18:00 H
Feminino
Feminino
2.- PERCORRIDO
a) As Categoría Sub 10 e Biberón terán dúas carreiras no paseo da praia.
Ojo morado A proba 10 K terá un tempo máximo de remate da proba 1h e 30´.
Percorrido: Saída dende a Praza de Anselmo Vilar Amigo (enfrente do Concello), Vila
Fano, Rúa do Porto, Muelle norte cara a lonxa e volta cara o muelle sur, Vila Fano,
Guardia Pardines, Paseo da Praia, Rúa Canido, Cancela de Areas, Seaia, , Instituto Urbano
Lugris, Estrada de Santo Hadrian ata a Capela, Camiño do Santo, Canido, chegada no
Paseo da Praia.
c) A proba Cadete, Infantil e Alevin tempo máximo 20´.
Percorrido: Saída dende a Praza de Anselmo Vilar Amigo (enfrente do Concello), Vila
Fano, Rúa do Porto, Muelle norte cara a lonxa e volta cara o muelle sur, Vila Fano,
Guardia Pardines, chegada no Paseo da Praia.
3.- NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. A carreira rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade
Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas
deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº
306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993
do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de
accidentes e a lei 10/2017 , de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades
recreativas de Galicia).
2. Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun
padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición,
etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso
que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización
da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará
as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
3. Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará de dúas ambulancias
e un médico no caso que superen os 750 participantes.
A organización contará cunha ambulancia na zona de saída/meta e outro na metade do
percorrido 10K. Os servizos sanitarios e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba
será suspendida automaticamente. Buscarase unha data axeitada para desenvolvela e non
se devolverán os cartos da inscrición.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba que circulen por fóra do espazo delimitado
polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos
usuarios normais da vía. Pese a que a organización fará o máximo esforzo no control do
tráfico rodado, indicamos aos participantes a posibilidade que nalgún punto poidan
coincidir cunha circulación mínima de vehículos. Solicitamos que se extreme a atención
para mitigar posibles riscos.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva
implícita a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste
regulamento resolverase de acordo, por esta orde, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A.F. en
vigor.
9. O Concello de Malpica habilitará o Pavillón Polideportivo Municipal, como lugar onde se
recollerán os dorsais e chips.
10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización. Non
está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
11. @s participantes na proba recibirán unha camiseta cando recollan os seus dorsais e chips.
12. Terán avituallamento final todos os participantes e un líquido intermedio na carreira 10K.
13. Respetarase a talla da camisetas a todos aqueles que se inscriban con dez dias de antelación.
Logo de cerrar as mesas de recollida de dorsais non se atendará ningunha reclamación sobre
as camisetas.
14. Descualificacións:
O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta
que manifeste un mal estado físico.
Todo atleta que non realice o percorrido completo.
O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a
organización.
15. Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e IAAF en vigor.
4.- DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha
autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo
constar no reverso do dorsal da proba.
O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa
por escrito.
5.- SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
Será obrigatorio o uso de chip para tódalas carreiras agás a Categoría Biberón. Para controlar
a proba estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito aos cordóns das
zapatillas).
Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
O atleta que non porte o chip nas carreiras non poderá entrar na clasificación da proba.
O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.
O horario de apertura das mesas de recollida de dorsais será de 11:00 a 13:00 e de 15:00 a
17:30 do día 10 de setembro no Pavillón Polideportivo municipal do Concello de Malpica (o
pavillón está a 700 m da liña de saída). Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos
antes do inicio da proba de 10K .
Os chipsson persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas,
sancionarase coa expulsión da carreira do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos
os dereitos adquiridos coa inscrición.
6.- INSCRICIÓNS
A inscrición, que será única por cada participante, realizarase a través da páxina web
www.championchipnorte.com data límite o Martes 6 de setembro ás 24h.
Cotas de inscrición:
A inscrición para a carreira 10 K terá un custo de 5 € para aqueles corredores que posúan
chip, e de 6 € para aqueles corredores que deban alugar o chip.
A inscrición dos corredores das categorías de base (Biberón, Benxamín, Alevín, Infantil e
Cadete) será gratuita.
1 € solidario. Por cada inscrito na carreira 10K a organización doará 1 € á AECC.
As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da plataforma
championchip. A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente
cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en
www.championchipnorte.com.
O chip terán que devolvelo despois de cada carreira no espazo habilitado pola organización.
7.- CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS
Clasificacións das probas.
Nas carreiras de categorías de base
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes nas probas.
• Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das
categorías (Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete). Na categoría Biberón recibirán medalla
todos conforme vaian entrando na meta.
Na carreira 10 K.
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
• Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das
categorías ( xuvenil, sénior, M40 e M50).
• Recibiran trofeo os tres primeiros/as clasificados/as na proba 10K.
• Recibiran trofeo o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de
Malpica.
A entrega de trofeos no palco situado diante da Meta, se o tempo o permite, e no suposto que
non fose así no Pavillón Polideportivo municipal do Concello de Malpica.