Calendario
Info da proba

Ordes-Oroso

09/07/2022 10:00 - 13:00
Regulamento I MEDIA MARATÓN E 10QM CAMIÑO INGLÉS

Ordes - Oroso, sábado 09 xullo 2022

A Sociedade deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, a Deputación de A Coruña e a Federación Galega de Atletismo, organiza o sábado 9 de xullo de 2022 a primeira edición da Carreira Camiño Inglés, que constará de dúas probas:

A proba de 21QM partirá ás 10:00 horas desde a Igrexa de Ardemil (Concello de Ordes), seguindo a ruta do Camiño Inglés.
Haberá outra proba de 10QM que partirá tamén ás 10:00 horas de Ponte Pereira (Concello de Ordes) seguindo a ruta do Camiño Inglés, ofrecendo as dúas alternativas a todos/as os/as participantes.
Control técnico da carreira: a carreira estará controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.

Inscricións: ata o 4 de xullo ás 23:59 horas na proba de 21QM será de: 15€ Prazo ordinario: ata o 4 de xullo ás 23:59 horas na proba de 21QM será de 15€
e na proba de 10QM será de: 10€

Inscripción: https://www.carreirasgalegas.com/carreira/i-media-marat-n-e-10qm-cami%C3%B1o-ingl-s/51dc715c-0f55-54b6-3a9a-3a03f2e840bc

Servizo de autobuses para as probas de 21QM e 10QM: Os autobuses partirán dende a piscina municipal de Oroso nas inmediacións da zona de saída/meta, Camiño Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso, cunha frecuencia de 15 minutos a partir das 8:15 horas en dirección á zona de saída da carreira de 10QM e 21QM.

A derradeira saída será ás 9:00 horas. Seguirase sempre o protocolo covid-19 establecido para o transporte público.