Calendario
Info da proba

Taboada

03/09/2022 17:30 - 19:00
Regulamento IX Carreira Popular de Taboada
“Entre pazos e carballos”
Na Carreira Popular de Taboada poderás gozar dun percorrido entre as
extraordinarias panorámicas de cor que agasalla o fin do verán, as fermosas
construcións do románico, a grandeza dos seus pazos. Situada a medio camiño entre
Lugo e Ourense, agárdate un tesouro único. Para descubrilo, achégate a correr por
Taboada o 3 de setembro e ademais levarás un agasallo ecolóxico. Non faltes!
Data: sábado, 3 de setembro de 2022
Hora: Categoría absoluta: 17h30
Categorías escolares: 19h
Lugar: Taboada, Lugo
Distancia: dende 100 a 10.000 m (distancia aproximada)
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva O Carballo (Taboada)
Colaboran: Concello de Taboada, GDR Miño-Ulla, Supermercado Vilosa, Carnicería
Montes, Matadoiro Celtaverde, Peluquería Ana, Caixa Rural Galega, Adega Castrofiz,
Adega Enonatur, Adega Instinto Romano, Panadería Carlos, Panadería Darío, Galletas
Xianas, Club ciclista Os Túzaros, Asociación Cultural “Os d’eiquí”, Asociación Cultural
“Rechouchíos”, Aira, Tartas Ancano, Escola Hípica “La Cruz”, Xeou
CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partir das 17h30 da tarde con saída da Alameda de Taboada e un
percorrido de 10 Km (aproximadamente).
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría D: nad@s entre 2006 e 1997.
Categoría E: nad@s entre 1996 e 1987.
Categoría F: nad@s entre 1986 e 1977.
Categoría G: nad@s entre 1976 e 1967.
Categoría H: nad@s entre 1966 e anteriores.
CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 19h da tarde nos arredores da Alameda de Taboada.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría Chupete: nad@s en 2016 e posteriores – 100 metros
Categoría A: nad@s entre 2015 e 2013 – 400 metros
Categoría B: nad@s entre 2012 e 2010 – 800 metros
Categoría C: nad@s entre 2009 e 2007 - 1.500 metros
Hora Categoría Dende Ata Distancia
17h30
D 2006 1997
10000 m
E 1996 1987
F 1986 1977
G 1976 1967
H 1966 …
19h CHUPETE … 2013 100 m
19h10 A 2015 2013 400 m
19h20 B 2012 2010 800 m
19h30 C 2009 2007 1500 m
 Os máis pequenos (“Chupetes” menores de 2 anos) poderán realizar a carreira en
correpasillos co correspondente casco, sós ou acompañados por un adulto (proba
non competitiva).
INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición remata o mércores 31 de agosto de 2022 ás 23h59
 CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
 CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscrición gratuíta on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Tamén se poden realizar por correo electrónico (antes do 31 de agosto) enviando os
datos ó enderezo ac.ocarballo@gmail.com.
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (se pertence a algún)
- Localidade
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente
os datos requiridos e, polo tanto, non permitirlle participar na proba.
PREMIOS
 CATEGORÍAS DE MENORES: Todos os participantes recibirán unha
medalla, unha árbore autóctona e algún que outro agasallo. Os tres primeiros atletas
(masculinos e femininos) de cada categoría levarán un trofeo conmemorativo da
carreira e un vale para unha ruta a cabalo coa Escola de Equitación “A Cruz”.
 CATEGORÍA ABSOLUTA: Todos os participantes levarán un agasallo
ecolóxico. Os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría recibirán
unha botella de viño local. Ademais, os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) de
entre as categorías da clasificación absoluta, levarán un trofeo conmemorativo e un lote
de produtos típicos do concello de alta calidade.
 PREMIO ESPECIAL: Para o corredor e a corredora mellor clasificados de
entre os empadroados en Taboada.
Avituallamento a media carreira e ao final para tod@s @s atletas ó remataren a proba
na zona habilitada pola organización e degustación de balde de produtos da zona tras
da entrega de premios.
Os premios non son acumulables.
Proba puntuable para VII Circuíto Miño Ulla de Carreiras Populares.
PERCORRIDO
A carreira sae da Alameda de Taboada pola Avenida de Lugo, xirando na rúa do Carballo
e diríxese á aldea de Relás, situada a un quilómetro do casco urbano. Continúa até a
área recreativa da Medela, atravesa o recinto das piscinas e toma a estrada en dirección
a Taboada. Volve ao casco urbano (barrio de Pacios) e baixa de novo cara ás chousas de
Riazón. Aquí percorre unha serie de camiños que levan os corredores á aldea de San
Pedro, e desde esta regresa ao centro da vila de Taboada. O percorrido ten unha
lonxitude de 10.000 m.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
 Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas
inmediacións do Pavillón Deportivo Municipal.
 Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores as
duchas nas instalacións do Pavillón Deportivo Municipal.
REGULAMENTO DA PROBA:
- Poderán participar na proba tod@s aqueles que o desexen.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos
de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas
acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira d@ corred@r, sen poder
facer ningunha modificación nel.
- Todos os participantes (agás os da categoría Chupete-proba non cronometrada-), terán
a obriga de utilizar o chip de cronometraxe subministrado pola organización, excepto os
propietarios do chip amarelo da categoría absoluta que poden utilizar o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome
coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na
internet para a súa difusión.
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
DECLARACIÓN D@ PARTICIPANTE
@ participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste regulamento e
manifesta atoparse en perfecto estado de saúde para a proba, non padecendo
enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo o corredor/a @ únic@
responsable en caso de accidente ó non cumprir a normativa.
Tod@s @s participantes estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade civil e un
seguro de accidentes, que cubrirán as incidencias inherentes da proba, e nunca como
derivación dun padecemento ou enfermidade latente, imprudencia, neglixencia,
inobservancia das leis e articulado do regulamento, etc. A organización declina toda
responsabilidade polos danos morais ou materiais que @s participantes nesta proba
poidan causarse a si mesmos,ou a outras persoas polas causas anteriormente citadas.
INFORMACIÓN E RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba
www.championchipnorte.com e na páxina da Asociación Cultural e Deportiva O
Carballo: https://www.facebook.com/acocarballo