Calendario
Ver carrera

Padrón

03/09/2022 9:30 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción 1.- ORGANIZACIÓN E TIPO DE PROBA
1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Padrón e do
Concello de Teo, organiza o V Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice” 2022, que se
celebrará o día 03 de setembro do 2022, ás 9:30 horas, con saída en A Agrela (Teo) e
chegada en Padrón (Paseo do Espolón).
1.2.- Tipo de proba.
Distancia Longa:
• Modalidade competitiva cunha distancia de 22 km.
• Desnivel positivo aproximado de 1.570 m e un desnivel acumulado de 3.300 m.
• Dificultade física: alta
• Dificultade técnica: alta
• Hora de saída: 09:30
• 2 Avituallamentos (líquido+ sólido)
Punto de corte Carreira Longa:
O participante que sobrepase o tempo límite (3:00h desde a saída) no alto dos muíños
eólicos (Km 14,5), deberá coller un desvío de maneira obrigatoria, que o levará ás
antenas do monte Meda, desde onde seguirán o trazado da proba como o resto de
participantes.
Distancia Curta:
• Modalidade competitiva con unha distancia de 14 km.
• Desnivel positivo aproximado de 800 m. e un desnivel acumulado de 1.700 m.
• Dificultade física: media
• Dificultade técnica: media
• Hora de saída: 10:30
• 2 Avituallamentos (líquido + sólido)
Minidesafío:
• Carreiras para peques nacid@s entre 2016 e 2008.
• Celebraranse o sábado 3 de setembro as 13:00 h, con saída e meta en
Padrón.
• A inscrición será gratuíta e poderá realizarse previamente a través da
plataforma de inscrición ou no propio día da carreira ata media hora antes da
celebración das carreiras.
• Haberá tres distancias:
o Pelouros. Nacidos entre 2016 e 2014: percorrido de 300 m.
o Penedos. Nacidos entre 2013 e 2011: percorrido de 1,4 km.
o Picoutos. Nacidos entre 2010 e 2008: percorrido de 2,5 km.
Haberá premios para tod@s @s participantes.
2.-PERCORRIDO
2.1.- O itinerario, con saída xunto á capela de Santa Ana, na aldea de A Agrela,
recorre os montes de Lampai en dirección ao monte Meda, coroando as cimas máis
importantes: Pena das Cruces, Pena de Agrela, Castelo de Roque e o Meda.
Todos os participantes será transportados en autobús desde Padrón Campo do Souto
(campo da feira) ata a saída as seguintes horas:
• Ás 08:30 participantes Carreira Longa.
• Ás 09:30 participantes Carreira Curta.
• Elevación máxima: 448 m.
• Elevación mínima: 13 m.
• Pendente máxima de subida: 40%
• Pendente máxima de baixada: 41%
• Distancia de asfalto acumulada: 0,7 kms
3.- PROGRAMA
03 de setembro (sábado)
07:30 – Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais.
(Paseo do Espolón, Padrón- Zona de Meta)
08:30 – Saída autobuses Carreira Longa para a saída en A Agrela, desde o campo da
feira (O Souto).
09:30 – Saída da proba longa.
09:30 – Saída autobuses Carreira Curta para a saída en A Agrela, desde o campo da
feira (O Souto).
10:30 – Saída da proba curta.
11:40 – Chegada prevista dos primeiros corredores.
12:30 – Corte horario no alto dos muíños eólicos (Km 14,5).
13:00 – Minidesafío.
13:30 – Peche de Meta.
14:00 – Entrega de trofeos.
4.- PARTICIPACIÓN
4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que
pode desenvolverse baixo condicións climáticas de calor, polo cal debe prever que a
súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de
montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as
condicións do presente Regulamento e participan baixo a súa enteira
responsabilidade, afirman posuír unhas condicións físicas suficientes para a
realización da proba.
4.2.- O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cor viva,
pintura, carteis indicadores ou outros elementos de sinalización. É responsabilidade de
cada participante localizar a sinalización e seguila.
4.3.- Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en
algún momento si se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo
tanto, estes tramos non estarán cortados ao tráfico rodado, debendo os participantes
respectar as normas de tráfico e indicacións da Organización.
É importante prestar atención ó cruce da N-550 (xa no casco urbano de Padrón),
paso de peóns, onde haberá persoal xestionando ese punto (Km 20).
Coordenadas: 42º44´40.86´´N 8º39´22.72´O
4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis
regulamentarios establecidos.
4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o
aconsellan.
4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo que non
debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fóra das áreas de
control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.
4.7.- O participante presta o seu consentimento á Organización do V Trail Vila de
Padrón “Desafío Vértice” 2022, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción
e difusión da proba de tódalas formas posibles. Calquera persoa inscrita poderá
prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o CDM
Vértice a través do seu enderezo electrónico: cdmvertice@gmail.com
A Organización garantirá o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección
de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, a persoa inscrita
queda informada e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos
persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos
para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras
actividades propias da mesma. O participante poderá exercer os dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido ao CDM Vértice a
través do seu enderezo electrónico: cdmvertice@gmail.com
5.- INSCRICIÓN
5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos na
carreira de 22k e 14 anos na de 14k (en ambos casos, cumpridos o día da proba).
O límite de participantes será de 200 prazas por proba.
Se antes da data de peche de inscricións (30 de agosto do 2022), se chegase a dito
número, non se admitirán mais participantes.
5.2.- As inscricións poderanse formalizar a partir do día 1 de xullo de 2022, a través
da páxina web https://magmasports.es enchendo o formulario habilitado a tal efecto, e
efectuando o pagamento correspondente.
Prezo da inscrición:
• Carreira Longa: 25 €
• Carreira Curta: 20 €
A inscrición dá dereito a:
• Dorsal con chip
• Seguro de accidentes
• Asistencia médica en carreira
• Traslado en autobús á saída
• Regalo conmemorativo
• Avituallamentos
• Avituallamento especial fin de carreira
• Participación no Desafío Galaico (carreira longa)
• Participación na Copa Galega de Carreiras por Montaña (só federad@s).
Unha vez realizada a inscrición, só se accederá a devolución do importe en caso de
lesión ou enfermidade, sendo necesario a presentación dun certificado médico
mediante correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico : cdmvertice@gmail.com
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste Regulamento e a
renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal
que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo
ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente á inscrita.
6.- CATEGORÍAS E PREMIOS
● Categoría absoluta masculina e feminina.
● Subcategoría Veteran@s (+45) masculina e feminina.
Trofeo aos tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables).

Trofeo aos tres primeiros equipos (clubs) na distancia longa (21Km). Puntuarán @s
catro (4) primeir@s. Deberán ser mixtos, polo que puntuará polo menos unha muller e
un home.

7.- AVITUALLAMENTOS
7.1.- Os participantes deberán portar vaso ou botella en chaleco ou cinturón, para que
lle poidan dar auga. Non se dispensarán vasos.
Km. 10 ruta longa (Km 3,5 ruta curta) – Despois de cruzar estrada CP-6502 –
Líquido + sólido
Km. 14,5 ruta longa (Km 9 ruta curta) – Eólicos – Líquido + sólido
Teremos avituallamento final en Meta, así como duchas no Pavillón do Souto.
8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
8.1.- Motivos de descalificación:
• Non pasar polos puntos de control establecidos.
• Non realizar o recorrido completo.
• Non respectar o itinerario balizado ou a sinalización do recorrido.
• Entrar na meta sen dorsal.
• Deixar lixo (envases, envoltorios ou calquera outro desperdicio), fóra das zonas
de avituallamentos e control).
• Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite.
• Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.
9.- RETIRADA E ABANDONOS
9.1.- Calquera corredor poderá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo ao
control máis próximo ou ao persoal da Organización e entregando o dorsal.
Se por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar
ata un punto de control, terá que avisar ao corredor máis próximo ou esperar ao
vehículo “escoba”. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
9.2.- A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, aos participantes
que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio,
etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan minguadas as
súas condicións físicas para continuar en carreira.
9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio aos accidentados ou a aqueles
que o requiran.
10.- ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase a partir das 14:00h na liña de Meta (Paseo do Espolón).
12.- OUTRA INFORMACIÓN
11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica e duchas (Pavillón
Polideportivo do Souto).
11.2.- Coordenadas GPS:
-Meta/Recollida de dorsal: 42º44´17.20´´N 8º39´41.72´O (Paseo do Espolón)
-Saída Trail: 42º47´00.85´´N 8º37´08.16´O (aldea de A Agrela)
11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza
de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan
como consecuencia directa do desenvolvemento da proba e nunca como derivación
de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do
articulado deste Regulamento, así como os producidos nos desprazamentos ou e
desde o lugar no que se desenvolve a carreira.
11.4.- A Organización resérvase o dereito de admisión nesta proba.

[ Go Back ]