Calendario
Info da proba

Boimorto

24/07/2022 11:00 - 12:30
Regulamento XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO:
O Concello de Boimorto celebra a XIV edición da Carreira Pedestre Popular o domingo 24 de xullo de 2022
na localidade de Boimorto baixo o control e cronometraxe de championchipnorte e de acordo co seguinte
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. A
cronometraxe da carreira estará a cargo de championchipnorte.
2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
 PITUFO atletas nados no 2018 e posteriores
 PREBENXAMÍN atletas nados no 2015, 2016 e 2017
 BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2013 e 2014
 ALEVÍN: atletas nados nos anos 2011 e 2012
 INFANTIL: atletas nados nos anos 2009 e 2010
 CADETE: atletas nados nos anos 2007 e 2008
 PROMESA: atletas nados nos anos 2003, 2004,2005 e 2006
 SENIOR: atletas nados en 2002 ata veteráns
 VETERANO A: atletas nados entre 1977 e 1968
 VETERANO B: atletas nados entre 1967 e 1958
 VETERANO C: atletas nados en 1957 e anteriores
 VETERANA A: atletas nadas entre 1977 e 1968
 VETERANA B: atletas nadas en 1967 e 1958
 VETERANA C: atletas nadas en 1957 e anteriores
3. DISTANCIAS E HORARIOS:
11:00 h CARREIRA MAXI (aprox. 10km) e CARREIRA MINI (5,5 kms)
12:15 h INFANTIL e CADETE (3,2 kms)
12:45 h BENXAMÍN e ALEVÍN (1000 m)
13:00 h PREBENXAMÍN (500 m)
13:10 h PITUFO(200 mts)
13:25 h. ENTREGA DE PREMIOS (Pavillón polideportivo)
4. INSCRICIÓNS.
As inscricións realizaranse a través da web www.championchipnorte.com
A inscrición é gratuíta para os participantes das categorías escolares, os da Carreira MAXI E
MINI deberán aboar 8 €uros os propietarios do chip amarelo e 9 €uros os non propietarios (1€ en
concepto de aluguer de chip).
Os atletas locais (censados no concello mínimo dende o día 2 de xaneiro de 2022) deberán indicalo
cubrindo a casilla correspondente no momento da inscrición.
Os atletas da proba absoluta que non son propietarios do chip correrán cun que lles será entregado na
SECRETARÍA no momento de recoller o dorsal; unha vez crucen a liña de meta deberán entregalo de
xeito obrigatorio nuns recipientes habilitados para tal efecto. De perdelo deberán aboar 15 €uros e serán
descualificados.
Para formalizar a inscrición é obrigatorio facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, sexo, dirección
postal, concello, data de nacemento, DNI, teléfono, mail, clube (se se ten) e nº de licencia (se se ten).
Admitiranse inscricións ata o xoves 2 1 de xullo de 2022 ás 23 : 59 horas. NON SE ADMITIRÁN
INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais recolleranse na Secretaría da Competición sita no colexio público de Boimorto (Campo do
Rosario) ata media hora antes do inicio de cada proba.
CONCELLO DE BOIMORTO (A CORUÑA)
Rúa Vilanova, 1 - 15817 BOIMORTO Teléfono: 981 516 020 - Fax: 981 516 045
E-mail: correo@boimorto.es Web: www.concellodeboimorto.es
Para calquer información adicional ou incidencia chamar ó teléfono 645 98 01 35
5. Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de tódolos atletas sito no polideportivo municipal (a
carón da saída).
6. PREMIOS
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en homes e mulleres), agás
na categoría Pitufo que levarán medalla todos os que rematen a proba e na carreira MINI que só haberá
trofeos para os 3 primeiros e 3 primeiras. Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba MAXI (categorías
PROMESA, SENIOR e VETERÁNS), percibirán trofeo da proba e non computarán a efectos da
premiación por categoría. Tamén outorgarase trofeos os 3 primeiros clasificados/as censados/as no
Concello. Os trofeos non serán acumulativos.
Trofeo ó atleta máis xoven e máis veterán que sexan capaces de finalizar a carreira polos seus propios
medios e sen axudas externas.
Tamén haberá agasallo conmemorativo da carreira para os corredores das probas MAXI E MINI,
así como froita e bebida a quen finalice a proba.
Os atletas das probas escolares que rematen a proba tamén terán un obsequio da organización.
7. Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa
decisión inapelable. Dado o carácter popular e festivo desta proba, a organización agarda de todos os
participantes o mellor espíritu deportivo.
8. A realización da inscrición implica que se aceptan os compromisos de estar en bo estado físico, que
se superaron os pertinentes recoñecementos de saúde e que se autoriza á organización para a utilización da
imaxe en carteis, publicacións, medios de comunicación e outros para a promoción do deporte.
9. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes na
carreira antes, durante ou despois, se ben en todo momento haberá un posto de primeiros auxilios nas
inmediacións da saída e da meta.
10. Conforme á Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos persoais pasarán a formar parte dun
ficheiro do que é responsable o Concello de Boimorto. A súa finalidade é levar a cabo a xestión de
datos para a carreira popular e informalo de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito ó enderezo rúa
Vilanova. 1, 15,817 Boimorto (A Coruña), achegando unha fotocopia do seu DNI.
11. Entre os inscritos para a Proba MAXI E MINI sortearanse 5 entradas dobres para o Festival da
Luz. O sorteo será público e realizarase durante a entrega de premios e para participar deberán
introducir o seu dorsal na caixa para tal efecto.
12. O tempo máximo para completar a proba MAXI é de 75 minutos. Unha vez transcorridos eses minutos
dende que tivo lugar a saída, procederase a retirarlle o dorsal a aqueles atletas que todavían poidan estar
correndo a proba.