Calendario
Ver carrera

Rianxo

14/08/2022 22:30 - 25:00

[ Go Back ]

Descripción Andaina Santa Compaña 2022

Artigo 1.- Organización

A Sociedade Deportiva Barbantia Roda, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza a “Andaina Santa Compaña”, o vindeiro 14 de agosto.

Artigo 2.- Persoas destinatarias

Maiores de 18 anos. Aqueles/as participantes con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos poderán participar cunha autorización por escrito dos proxenitores. Entre os 8 e os 14 anos ademais do anterior deberán ir acompañados/as dun adulto.

Artigo 3.- Inscricións e prazas

A inscrición é obrigatoria e poderá formalizarse en:
Cluber.es
Servizo de Deportes
Pavillón Polideportivo de Rianxo
Barbantia Roda

A actividade é de balde e non existe límite de prazas. O prazo de inscripción remata o 11 de agosto.

Artigo 4.- Andaina

A distancia será de 8 Km aproximadamente e o percorrido é unha sorpresa.

A andaina comezará as 23:00 e o punto de encontro para a saída será na Área Recreativa de Campo Maneiro (Taragoña).

Artigo 5.- Información

Poderase atopar máis información en :
concelloderianxo.gal
facebook.com/concelleriadedeporteepatrimoniohistorico

Artigo 6.- Normativa xeral e de seguridade

A organización resérvase o dereito de modificar datas ou percorridos, así como aprazar ou suspender a actividade por razóns de necesidades organizativas, de seguridade ou por incidencias meteorolóxicas, tales como alertas laranxa, valores do IRDI,...

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes na actividade.

Cada participante será a encargada do seu avituallamento durante o percorrido. O remate da andaina realizarase o conxuro da queimada.

Recoméndase levar roupa e calzado axeitado para a práctica deportiva.

Non se permitirán animais de compañía.

A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

Artigo 7.- Dereitos de imaxe, uso de datos e autorizacións

A inscrición na actividade supón a aceptación das presentes bases.

As persoas inscritas declaran estar en bo estado físico e ter pasado os pertinentes recoñecementos de saúde, e deberán facer constar calquera incidencia médica (alerxias, atencións especiais...).

As persoas participantes autorizan e aceptan a publicación do seu nome e apelidos, así como a súa imaxe, nos documentos xerados para a xestión da actividade, listaxes de participantes, medios de comunicación e internet para a promoción do deporte.

Dende mércores, 13 de xullo de 2022
Ata domingo, 14 de agosto de 2022

[ Go Back ]