Calendario
Info da proba

Montefaro - CANCELADA

23/10/2022 10:00 - 14:00
Regulamento VIII CARREIRA DE MONTAÑA MONTEFARO
Inscripcións:
Magmasports


Regulamento:
1. A proba terá lugar entre os Concellos de Ares e Mugardos o próximo día 23 de Outubro de
2022, e dará comezo ás 10:00 da mañá para todos os corredores, feito do cal foron
perfectamente informados os dous concellos e se solicitaron os premisos pertinentes mediante
notificacións informativas enviadas a ambolos dous alcaldes.
2. As distancias serán:
- Trail longo será de 24 kilómetros, cún desnivel acumulado de 1130 metros aprox. (D+1130/D1130).
- Trail curto contara cunha distancia de 11,5 kilómetros, cun desnivel acumulado de 760 metros
aprox. (D+760/D-760).
- Andaina terá unha distancia duns 16 km, cun desnivel acumulado de 300 metros aprox.
(D+300/D-300).
Tendo saída e meta no mesmo punto, que é diante do mosteiro de Santa Catalina Montefaro.
3. O percorrido estará perfectamente sinalizado con voluntarios que estarán nos cruces e nos
puntos máis técnicos do percorrido pra orientar ós corredores.
4. A entrega de dorsaís e chips realizarase de forma previa o 22 de Outubro e o mesmo día da
proba partir das 8:00 da mañán ata 30 minutos antes da saída no Mosteiro de Santa Catalina.
O participantes que non poidan rematar carreira deberán indicalo no punto de cronometraxe
para ter control de todolos particpantes.
5. As inscripcións realizaranse a través de internet, cubrindo o formulario na seguinte ligazón. O
prazo comeza o 15 de Septembro e pecharase o 16 de Outubro.
6. O prezo da inscripción será de 19 euros Trail Longo, 15 euros Trail Curto e 13 euros andaina
(o percorrido será común para as todos eles agás algunas zonas), incluindo os seguros na
modalidade que cubra explicitamente carreiras por montaña. O prezo dará dereito ao corredor
a recibir unha bolsa de corredor, 2 avituallamentos líquidos e un sólido durante a carreira máis
outro á chegada.
7. A inscripción farase efectiva no momento en que recibamos o xustificante de pago a través
dos medios que dispón a organización pra as inscripcións.
8. Establécese un máximo de 450 participantes (a andaina estará limitada a un máximo de 80
persoas). No momento no que se cubra esta cota quedarán pechada as inscripcións aínda que
non se chegue á data proposta como peche de inscripcións.
9. Non se permitirán inscripcións o día da carreira.
10. Os corredores terán ducha o final da proba no Mosterio de Santa Catalina, son os servizos
que ofrece o mosteiro e non hai distinción entre homes e mulleres, ó rematar entregarase una
bolsa coa comida só pros participante (pendiente de decidir que comida e como será a forma
de entrega).

11. Daranse trofeos ós tres primeiros de cada categoría e a Xeral.
12. A idade mínima para participar son 16 anos.
13. O 10% da carreira trascorre por un circuíto aberto ao tráfico, sendo responsabilidade única
dos corredores respectar as normas de seguridade e vixiar en todo momento o cumprimento
das normas de circulación. A carreira contará có apoio de voluntarios, policía local e Protección
Civil que vixiarán os tramos abertos ó tráfico.
14. Estableceranse 3 puntos de control de carreira polos que será obligatorio o paso de todos os
participantes.
15. Existirá un equipo médico que acompañará ós corredores onde poida circular a ambulancia.
16. Os Corredores comprométense a respectar a sinalización e a aceptar o presente
regulamento, quedando descalificados todos aqueles corredores que non o respecten.
17. Os corredores deberán de ser respetuosos có medio ambiente e depositar o lixo xerado nos
puntos habilitados para iso. No caso de que se incumpla este punto dará lugar á descalificación
inmediata do corredor.
18. A organización se exime de toda responsabilidade producida polo mal uso das instalacións
ou polo feito de non respectar o presente regulamento.
19. Quedará descalificado todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete a
totalidade do percorrido, non pase polos puntos de control establecidos, deteriore ou ensucie a
contorna, non leve a súa dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
20. O peche de control dos Trail realizarase 2 horas e media despois da entrada do primeiro
corredor quedando descalificados os corredores que non chegaran a meta no tempo
establecido.
En canto a Andaina o tempo máximo para a súa finalización serán 4 horas por motivos
loxísticos e de seguridade polo que a organización recurtará o percorrido cando sexa necesario
para cumplir có tempo máximo establecido.
21. En caso de abandono durante a carreira os corredores deberán de comunicalo a calquera
membro da organización e na medida do posible será trasladado a liña de meta.
22. A participación no evento por parte do corredor supón a aceptación de todas as normas
propostas pola Organización e as que se houbesen de propoñer para o bo desenrolo da carreira.
23. O participante ten pleno coñecemento das condicións da actividade á que se inscribe, en
concreto afirma ter coñecemento sobre os seus requisitos de distancia, material esixido,
desniveis acumulados e capacidade física recomendable, en concreto o participante asume
plenamente que:
◦ A práctica do deporte en xeral, e dos deportes contemplados dentro da Federación Española
de Atletismo, Montaña e Escalada, entrañan unha serie de riscos previsibles, que deben ser
coñecidos e aceptados por quen voluntariamente desenrole estas actividades.
◦ En materia de deportes de montaña de calquera tipo, a idea do risco de accidentes de
gravidade vai implícita nos mesmos e, polo tanto, quen se dedique ao seu exercicio asúmeo
personalmente. O usuario debe sempre prever a posibilidade de accidentes e de necesitar
axuda, evitando as actuacións de risco propias ou as que poñan en perigo a terceiros ou posibles
rescatadores.
◦ O participante obrígase a poñer en coñecemento da organización, por escrito, calquera
problema físico do que teña coñecemento antes da carreira e que poida afectar á súa
seguridade.
◦ A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e cada inscripción leva incluido o seguro de
accidente persoal.
◦ A participación na proba será baixo a responsabilidade e propio risco dos participantes.
◦ O participante no momento da súa inscripción manifesta atoparse fisicamente apto para
afrontar o percorrido da proba e non ten ningún impedimento nin físico nin psiquico para
afrontalo percorrido.
◦ O participante debe retirarse sen ningunha limitación previamente ao comezo da actividade si
a mesma excede os seus límites persoais. Unha vez iniciada a actividade é plenamente
consciente de que a retirada non sempre estará garantida, ou que esta poderá ser aínda máis
perigosa que continuar na propia actividade inicialmente prevista.
24. A inscripción na presente actividade implica formar parte dunha base de datos que está
rexistrada na Axencia Española de Protección de Datos, polo tanto o participante acepta que de
conformidad coa normativa de Protección de Datos Persoais, autoriza a que os datos que nos
facilita para a ser incluídos nuns ficheros cuxa titularidad corresponde Federación Española de
Atletismo. Devanditos datos serán utilizados para enviarlle exclusivamente información
particular sobre a presente actividade.
Agradecementos:
Eume Cars S.L, Concello de Ares, Concello de Mugardos, Gadis, Cabreiroá, Estrella del Muelle, Los Helvetas Cafetería y @talleresRomero O Seixo
Redes sociais:
https://www.facebook.com/PULPEIROSMUGARDOS/?ref=bookmarks