Calendario
Info da proba

Santiago

18/09/2022 10:00 - 11:00
Regulamento 1ª CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA
CAMIÑANDO POLO DANO CEREBRAL
DOMINGO 18 DE SETEMBRO 2022 - SANTIAGO DE COMPOSTELA
1. PRESENTACIÓN:
A Federación Galega de Dano Cerebral - FEGADACE (constituída polas cinco asociacións
galegas de dano cerebral adquirido (ADACECO Coruña, ADACE Lugo, ALENTO Vigo, RENACER
Ourense e SARELA en Santiago) ca colaboración de Sociedade Deportiva CompostelaTambre-Lengüelle e Centro ETP-Encuentra tu Potencial, a Federación Galega de
Atletismo e Concello de Santiago de Compostela, organizan a Iª Carreira e Andaina
Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral de Santiago de Compostela.
As dúas modalidades do evento celebraránse o domingo, 18 de setembro de 2022 a partir
das 10:00 h nun circuíto con saída e meta na zona do Campus Sur e da Alameda de Santiago
de Compostela. Tamén haberá carreiras escolares con circuítos independentes.
2. PARTICIPANTES:
Nestas probas poderá participar calquera deportista sexa ou non federado. Todos os
participantes tanto nas carreiras como na andaina (e independientemente da idade)
deberán estar inscritos no prazo preciso, e participarán cunha licenza de día que incluirá un
seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. Os deportistas federados polo
deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licenza. Este
percorrido é accesible para persoas con movilidade reducida.
2.1 - Na modalidade CARREIRA ABSOLUTA (5QM aprox) poderán participar todas aquelas
persoas que sexan maiores de 16 anos (o día da proba), federadas ou non federadas. As
persoas menores de 16 poderán participar nas categorías escolares (circuÍtos de 2500 Mts,
500 Mts, 250Mts e 100Mts), en todos os casos, deberán estar inscritas nos prazos e formas
establecidos a tal efecto, publicados na páxina de inscrición: www.carreirasgalegas.com
2.2 - Na modalidade ANDAINA (5 QM aproximadamente) poderán participar todas aquelas
persoas maiores de 16 anos (o día da proba) que o desexen, os menores de 16 anos sempre
que vaian acompañados dun adulto/a responsable, e que estean tamén inscritas nos prazos
e formas establecidos a tal efecto, publicados na páxina de inscrición:
www.carreirasgalegas.com.
ORGANIZA
3. INSCRICIÓNS, PRAZOS E PREZOS:
* Plataforma de inscricións: www.carreirasgalegas.com
* Peche de inscrición: Xoves 15 de setembro ás 23:59 h
* Prezo Carreira 5QM: 8 €
* Prezo Carreira Sub14/Sub16: 4 €
* Prezo Andaina: 5 €
* Carreiras Escolares Sub12 ata Chupete: De balde
* Dorsal Cero: Doazón voluntaria
O diñeiro da inscrición (descontados os gastos de seguro) serán destinados a FEGADACE para
o desenvolvemento da súa acción e misión orientada a mellorar a calidade de vida das
persoas con dano cerebral adquirido (Máis información en: www.fegadace.org).

4. HORARIOS, SAÍDAS E METAS:
O evento comezará as 09:15 h ca apertura das mesas de dorsais e do servizo de gardarroupa,
xunto coa posta en marcha do servizo de animación e sonorización do evento.
4.1. Modalidade Carreira 5QM:
Inicio ás 10:00 h con saída e meta no arco situado fronte ao monumento Manuel Ventura
Figueroa, na Avenida Raimundo Ibáñez no Campus Sur.
A entrega de trofeos levarase a cabo no podio situado preto da zona de meta xusto antes da
saída da andaina (10:55 h aproximadamente).
4.2. Modalidade Andaina:
Inicio aproximadamente as 11:00 hs (xusto despóis da entrega de premios das carreiras), con
saída e meta no arco situado fronte ao monumento Manuel Ventura Figueroa, na Avenida
Raimundo Ibáñez no Campus Sur.
4.2. Modalidade Carreiras Escolares:
Atletas Sub 14/Sub 16 (anos de nacemento 2010/2009/2008/2007):
Tomarán a saída as 10:45 h dende o arco de saída/meta e correrán 1 volta ao percorrido da
alameda (aprox 2500 mts). Esta carreira estará cronometrada e terá podio en cada unha das
súas categorías de forma independiente.
Atletas Sub 12/Sub 10 (anos de nacemento 2013/2014/2012/2011):
Tomarán a saída as 11:10 h (inmediatamente despois da saída da andaina) e correrán
facendo 2 voltas á fonte do Campus Vida (aprox 500 mts).
Atletas Sub 8 (anos de nacemento 2015/2016):
Tomarán a saída as 11:20 h aproximadamente inmediatamente despois da saída dos
Sub12/Sub10) e correrán facendo 1 volta á fonte do Campus Vida (aprox 250 mts).
5.2. CARREIRAS ESCOLARES
Sub14/Sub16 (nados 2010/2009/2008/2007) farán o percorrido da carreira 5QM (que
transcorrerá pola zona da Alameda e a entrada ao Campus Sur) pero dando UNHA VOLTA ao
circuíto A, sumando un total de 2500 metros aproximadamente. Esta proba estará
cronometrada.
Sub12/Sub10 (nados 2011/2012/2013/2014) farán DÚAS VOLTAS ao circuíto B (ver mapa)
arredor da fonte Campus Vida, facendo un percorrido de aproximadamente 500 metros
(proba non cronometrada).
Sub 8 (nados 2015/2016) farán UNHA VOLTA ao circuíto B (ver mapa) arredor da fonte
Campus Vida, facendo un percorrido de aproximadamente 250 metros (proba non
cronometrada).
Chupetes (nados 2017 e posteriores) farán o percorrido do circuíto C (ver mapa) ao carón da
fonte Campus Vida, facendo un total de aproximadamente 100 mts (proba non cronometrada)
6. RECOLLIDA DE DORSAIS
A entrega de dorsais realizarase na sede de Clínica Médica E-Saúde en Alfredo Brañas nº27,
Santiago de Compostela nos seguintes días e horarios:
- Sábado 17 de setembro de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición situada
na zona de meta/saída o mesmo día da carreira, entre as 9:15 e as 9:45 horas.
7. PROTOCOLO COVID-19
Será de obrigatorio cumprimento o protocolo Covid vixente o día da proba, feito que será
comunicado en tempo e forma a todos/as os/as participantes.
8. PREMIOS E AGASALLOS:
Entregarase xunto co dorsal unha camiseta conmemorativa a todos/as os/as participantes
maiores de 16 anos tanto da andaina como da carreira absoluta 5QM. Os participantes da
carreira escolar SUB14/SUB16 tamén levarán camista.
Os menores de que participan nas carreiras Sub12/Sub10, Sub8 e Chupete levarán un
agasallo, o mesmo que os menores de 16 anos que participan da andaina.
Haberá entrega de TROFEOS elaborados por persoas usuarias das asociacións de FEGADACE
para os tres primeiros e as tres primeiras en completar a carreira 5QM. Tamén haberá
premio para atletas Sub14 e Sub 16 o tratarse de carreiras cronometradas.
A ceremonia de premiación levaráse a cabo ás 10:55 aproximadamente, preto da zona de
saída/meta (minutos antes da saída da andaina ).
9. AVITUALLAMENTO:
Haberá avituallamento líquido e sólido para todos/as os/as participantes (tanto da carreira
como da andaina) no seu paso pola liña de meta.
10. CONSIDERACIÓNS FINAIS
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.
As reclamacións aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis
tarde de 30’ despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para
probas de atletismo en ruta da FGA.