Calendario
Info da proba

Ponte Caldelas

26/08/2022 20:00 - 21:00
Regulamento I CARREIRA POPULAR FESTA DAS DORES 2022
1. O Concello de Ponte Caldelas, conxuntamente co Club Atletismo Rías Baixas, organizan o venres, 26 de
agosto de 2022 as 20:00h., a I Carreira Popular Festa Das Dores 2022, na Alameda de Ponte Caldelas, cunha
distancia de 4 km. e coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA).
2. A carreira está aberta a atletas federados e non federados, dependendo das categorías sinaladas no presente
regulamento, sempre que se atopen en boa condición física.
3. CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIO.
A) Absoluta (Junior/Sub20, Promesa/Sub23, Senior e Máster), nados en 2004 ou antes, 4 km. 20:00h.
Ojo morado Cadete/Sub16 e Xuvenil/Sub18, nados en 2008, 2007, 2006 ou 2005, 1.200m. 20:35h.
C) Infantil/Sub14, nados en 2010 ou 2009. 1.200m. 20:45h.
D) Alevín/Sub12, nados en 2012 ou 2011. 600m. 20:55h.
E) Benxamin/Sub10, nados en 2014 ou 2013. 600m. 21:03h.
F) Pre-benxamín/Sub8, nados en 2016 ou 2015. 150m. 21:01h.
G) Pitufos, nados en 2018 ou 2017. 100m. 21:06h.
H) Chupetes, nados en 2019 ou despois, 50m. 21:11h. (acompañados polos seus país).
4. PERCORRIDO. As carreiras para os mais pequenos (F, G, H), dispútanse na Avda. de Marín (Alameda
de Ponte Caldelas). Para os Benxamíns e ata os Cadetes (B, C, D, E), nun circuito con saída na Avda. de
Vigo (Alameda), xiro a esquerda para coller o Paseo Mamá Clotilde (orilla do Río Verdugo), e Avda. de Marín
(Alameda); ao que darán unha ou dúas voltas dependendo da categoría.
A carreira Absoluta, un circuito de 1.318 metros, ao que darán 3 voltas, para completar 4.000 metros.
SAÍDA: Avda. de Vigo, xiro a dereita, rúa Rosalía de Castro, rúa Concepción Arenal, Prolongación
Concepción Arenal, Camiño A Ceña, ao remate do Camiño media volta para voltar a Prolongación Concepción
Arenal, rúa Concepción Arenal, rúa Rosalía de Castro, xiro a dereita, Avda. de Vigo, xiro a esquerda, Paseo
Mamá Clotilde (orilla do Río Verdugo), Avda. de Marín (Alameda) META.
5. INSCRICIÓNS. A inscrición a partir dos nados en 2011 ou antes (carreiras: A, B, C, D, E), efectuarase
a través da páxina web: https://www.carreirasgalegas.com/, pechando o prazo o luns, 22 de agosto. Haberá
que indicar o nome completo, data de nacemento, localidade, país, correo electrónico, teléfono e DNI ou
documento análogo; así como os datos de autorización do titor legal no caso dos menores de idade. Para os
atletas federados a maiores: número de licenza e Clube.
Para as carreiras F), G), e H); a inscrición farase o día da carreira, na Alameda de Ponte Caldelas, a partires
das 16:00h. e ata media hora antes da súa carreira.
AQUELAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA OU INTELECTUAL, COMUNICALO A
MAIORES AO CORREO ELECTRÓNICO, ATA O LUNS 22 DE AGOSTO: atleriasbaixas@gmail.com
6. RECOLLIDA DE DORSAL E CHIP, O dorsal recollerase o día da carreira dende as 16:00h. na Alameda
de Ponte Caldelas e ata media hora antes da súa carreira. Procurade levar os alfinetes para suxeitar o dorsal.
7. PROTOCOLO COVID-19. Terase en conta as medidas dictadas polas autoridades sanitarias, a Secretaría
Xeral para o Deporte e a FGA; entre as que se recomendan: levar a máscara correctamente posta, desinfectar
as mans e manter a distancia de seguridade sanitaria de metro e medio entre as persoas.
8. PREMIACION. A partir das 21:20h. na Alameda de Ponte Caldelas. Entregaranse premios aos tres
primeiros por categoría e sexo; as categorías Infantil/Sub14, Cadete/Sub16, Xuvenil/Sub18, conxuntamente:
Junior/sub20 e Promesa/sub23; Senior e Máster35; Máster40 e Máster45; Máster50 e Máster55; Máster60 e
Máster65; Máster70 en diante. Ademáis de premio ao gañador e a gañadora da carreira Absoluta.
Estableceranse premios especiais ao millor clasificado, veciño de Ponte Caldelas, tanto home como muller,
na carreira Absoluta e aos millores con discapacidade intelectual e física.
Os premios para as categorías de Chupetes a Alevín, entregaranse en meta a conclusión das súas carreiras.
9. USO DE VESTIARIOS. Poderanse usar os vestiarios do Pabellón Municipal de Ponte Caldelas (P. Chan
Da Barcia), de 18:30h. a 21:15h.
10. RESPONSABILIDADE. A organización non se fai responsable dos danos que puidesen causar ou
causarse as persoas participantes polas súas imprudencias ou neglixencias. Os participantes corren baixo a súa
responsabilidade e teñen a condición física necesaria para correr a distancia programada.
11. PROTECCION DE DATOS PERSOAIS E SEGUROS. Os datos suministrados a organización,
utilizaranse para elaboración, publicación e difusión; da relación de persoas inscritas e os resultados das
carreiras. Ademáis coa inscrición autorizan a publicación da súa imaxe para o fomento do atletismo e a
publicidade desta carreira en calquer medio de difusión. Poderá exercer os seus dereitos ao correo electrónico:
atleriasbaixas@gmail.com.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor consente
expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil, así como a xestión da licenza de día
de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado
pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou
correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.
12. NORMATIVA APLICABLE. Ao inscribirse nesta carreira, as persoas aceptan o presente regulamento,
a lexislación aplicable a este tipo de competicións e as normas federativas de atletismo. Así mesmo para o non
reflexado neste regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e WA en vigor para probas
en ruta. As reclamacións faranse verbalmente ante o xuiz árbitro da proba e ata 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
13. OBSERVACIÓNS. O presente regulamento poderá sufrir modificacións en función de causas alleas a esta
organización.
14. APARCADOIROS. Haberá aparcadoiros nas inmediacións da sede do Concello de Ponte Caldelas e
tamén no Pabellón Municipal (P. Chan Da Barcia).