Calendario
Info da proba

Santiso

22/10/2022 17:00 - 19:00
Regulamento O Concello de Santiso organiza o sábado día 22 de outubro do 2022 o
X Cross de Santiso en colaboración con asociacións e clubs da comarca.
A continuación detallamos o regulamento da proba.
REGULAMENTO:
1- A saída e chegada serán no campo da festa de Visantoña (Santiso).
2- O percorrido será maioritariamente por pistas de terra e bo firme
cruzando en diferentes ocasións por pistas de asfalto cortadas ao
tráfico.
3- A competición será cronometrada pola empresa Championchipnorte
quen se encargara de dirección de carreira e resultados. Todos os/as
atletas deberán levar un chip electrónico que lle proporcionara a
organización.
4- Contaremos con avituallamento líquido no percorrido e líquido e
sólido na meta.
5- Os/as participantes deberán recoller a “bolsa do corredor” para
poder participar na proba.
A entrega da “bolsa” será o día da proba no no Bar Mesón Visantoña
(Seoane-Visantoña) dende ás 12.00 da maña ata media hora antes do
inicio de cada unha das categorías.
* A oficina permanente da proba estará ubicada no Campo da festa de
Visantoña(no caso de choiva dentro do pavillón).
* Para recoller a bolsa doutro participante será imprescindible acudir
coa fotocopia do DNI deste.
6- A inscripción na proba farase a través da web
www.championchipnorte.com antes do día 18 de outubro, requisito
imprescindible para participar na proba sexa cal sexa a categoría.
Para os participantes das categorías de PEQUES, PREBENXAMÍN, BENXAMÍN
E ALEVÍN a inscripción será gratuita.
Os atletas que participen na categoría de corredor/corredora local
deberán indícalo marcando a casilla correspondente no momento da
inscripción.
A inscripción tera un custo de 10€ si se realiza antes do 12 de outubro
e de 15 € ata a data límite de inscripción.
7- Categorías:
As categorías fixanse en función da idade dos participantes no día da
proba.
-PEQUES-sub 4…………………: atletas nados no 2018 e posterior (4 anos)
-PREBENXAMÍN-sub 8……: atletas nados no 2015, 2016 e 2017 (5,6 e 7 anos)
-BENXAMÍN-sub 10…………: atletas nados nos anos 2013 e 2014 (8 e 9 anos)
-ALEVÍN-sub 12………………: atletas nados nos anos 2011 e 2012 (10 e 11 anos)
-INFANTIL-sub 14…………: atletas nados nos anos 2009 e 2010 (12 e 13 anos)
-CADETE-sub 16………………: atletas nados nos anos 2007 e 2008 (14 e 15 anos)
-PROMESA-sub 18……………: atletas nados nos anos 2005 e 2006 (16 e 17 anos)
-SÉNIOR…………………………………: atletas nados entre 2004 ata 1987 (de 18 a 35 anos)
-VETERANO A……………………: atletas nados entre 1986 e 1972 (entre 36 e 50 anos)
-VETERANO B……………………: atletas nados entre 1971 e 1957 (entre 51 e 65 anos)
-VETERANO C……………………: atletas nados no 1956 e anteriores (máis de 66 anos)
-CORREDOR LOCAL………: atletas empadroados na Terra de Abeancos (concellos
de Toques, Melide e Santiso)
8- Distancias e horarios:
As distancias son aproximadas.
- PEQUES…………………………………………: 65 M.
- PREBENXAMÍN……………………………: 120 M.
- BENXAMÍN E ALEVÍN……………: 600 M.
- INFANTIL E CADETE……………: 1680 M.
- PROMESA………………………………………: 3640 M.
- RESTO CATEGORÍAS………………: 14k.
Os horarios establecidos son os seguintes:
- PEQUES………………: 15.30 H.
- PREBENXAMÍN…: unha vez finalizada a categoría peques
- BENXAMÍN…………: unha vez finalizada a categoría prebenxamín
- ALEVÍN………………: unha vez finalizada a categoría benxamín
- INFANTIL…………: unha vez finalizada a categoría alevín
- CADETE………………: unha vez finalizada a categoría infantil
- PROMESA……………: unha vez finalizada a categoría cadete
- RESTO CATEGORÍAS…: 17.00 H.
9- Premios e trofeos:
A entrega de agasallos sera ás 14.00h no campo da festa de Visantoña
(no caso de choiva dentro do pavillon de deportes) da seguinte maneira:
a-Agasallo para todos e todas as atletas nas categorías de PEQUES,
PREBENXAMÍN na chagada dos/as participantes a meta.
b-Trofeo para os 5 primeiros clasificados no resto das categorías
establecidas (homes e mulleres).
c-Xeral, levaran trofeo os/as 5 primeiros/as clasificadas.
d-Agasallo especial para o club con máis atletas inscritos. Este
agasallo enviarase a dirección do club que figure no rexistro da Xunta
de Galicia, días despois da proba.
* Os trofeos non seran acumulables.
* No caso dos/as corredoras locais comprobarase o padrón do concello
correspondente.
10- O tempo máximo para completar a proba de 14k é de unha hora e
cuarenta e cinco minutos. Unha vez transcorrido este tempo dende que
tivo lugar a saída, procederase a retirarlle o dorsal a aqueles atletas
que ainda poidan estar correndo a proba e continuaran pola súa conta
sen ter a garantida a atención por parte da organización.
11- As reclamacións faranse ao director da proba non máis tarde de
30 minuros tras a publicación dos resultados.
12- A proba conta cos servizos médicos regualmentarios asi coma
duchas e aparcamento para os vehículos dos/das participantes.
13- Cada corredor acepta as normas da proba polo mero feito de
inscribirse e tamén participa baixo a súa enteira responsabilidade,
afirma ter un nivel de condición física suficiente para afrontar a
proba e que pasou os pertinentes recoñecementos de saúde. A
organización e empresas colaboradoras non se fan responsables de
calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falla
de forma física do participante. O participante exime de toda
responsabilidade a organización que puidera derivar da súa
participación no evento (pérdida de obxectos persoais, roubo, lesión,
atropelos, agresións...)
14- No referente á Lei Órganica de Protección de Datos: Tódolos
corredores inscritos no evento aceptan a publicación do seu nome e
posibles imaxes nas clasificacións, medios de comunicación e internet
,páxina web do evento, de empresas colaboradoras, foros deportivos,
etc…