Calendario
Info da proba

O Corgo

22/10/2022 17:35 - 19:05
Regulamento XIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE O CORGO MEMORIAL QUIQUE CASANOVA
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de O Corgo organiza a XIII Carreira Popular Concello de O CorgoMemorial Quique Casanova, patrocinada por Grupo Leite Río. A proba organizarase o
vindeiro Sábado 22 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río
Chamoso do Concello de O Corgo.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha
condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuito de 10.5 km será sobre terra na súa maioría e estará pechado a todos os vehículos
agás os autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por vehículos da
organización. A saída da proba e a meta será na Praia fluvial do Río Chamoso.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2016 e posteriores) 17.00 h 150m
PROMOCIÓN (2013-2015) 17.05 h 500m
SUB 12 (2011-2012) 17.10 h 1000m
SUB 14 (2009-2010) 17.20 h 1800m
XUVENIL (2005-2008) 17.20 h 1800m
SENIOR (1986-2004) 17.35 h 10500m
MÁSTER A (1978-1985) 17.35 h 10500m
MÁSTER B (1970-1977) 17.35 h 10500m
MÁSTER C (1969 e anteriores) 17.35 h 10500m
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo
www.carreirasgalegas.com
Os dereitos de inscrición nas probas de menores serán gratuítos, na carreira de adultos
terá un custe de 5€ ata o 16 de outubro; dende o 17 de outubro o custe será de 10€.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou
federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.
Artigo 6: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo.
www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharase o martes 18 de outubro ás 23:59 horas.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en
man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para
descualificar a calquera atleta que incumpra oregulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF
para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 7: Retirada de Dorsais:
Os dorsais retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A
Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga e o día da proba pola tarde na zona habilitada
pola organización na zona de saída, ata 45’ antes da saída da proba.
Artigo 8: Premios:
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• PREMIOS EN METÁLICO:
- Primeiro: 150 €
- Segundo:100 €
- Terceiro: 75 €
• Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como
femininos.
• Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá
trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
• Na categoría de PROMOCIÓN darase medalla a todos os participantes, así como
trofeo aos tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
• Entregarase un trofeo conmemorativo ao primeiro home e a primeira muller de cada
categoría empadroado no Concello do Corgo.
• A entrega de premios será na zona de meta. A cerimonia de premiación das
carreiras de menores serán ás 17.40h. A cerimonia das carreiras de adultos será ás
19.00h.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aperitivos ao finalizar a proba de adultos
2. Aparcadoiro.
3. Baños na zona de saída-chegada.
4. Camiseta para todos os participantes.
5. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
6. Vestiarios e duchas nas instalacións da praia fluvial.
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no km 5 para a carreira de adultos.
9. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da
proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca
compañía de seguros que corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.