Calendario
Info da proba

Broña

18/09/2022 10:30 - 12:00
Regulamento XVI Cros de Verán de Broña, 2022
Data: domingo, 18 de setembro de 2022
Hora: carreiras a partires das 10:00 h, saídas e chegadas no arco de meta, no comezo do paseo, ou na zona verde
da praia.
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, aproximadamente 10 ou 5 km as carreiras de adultos/as
Organiza
Club de Atletismo Outes
Inscrición
En Emesports (http://emesports.es/) ou o mesmo día da proba para os/as máis pequenos/as. Ver máis abaixo o
punto 4 do regulamento.
Colaboran
Concello de Outes
Protección Civil de Outes
Cruz Vermella, Agrupación de Noia
Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
Asociación Terra de Outes
Grupo de investigación REMOSS, Universidade de Vigo (UVigo)
Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, IDIS
Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Regulamento
1º. As carreiras de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA.
As carreiras de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto
mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.
2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.
3º. Na carreira de 10 km e en tódalas de pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, infantís e
cadetes, haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis,
haberá tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5 km, sexa
cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas ou superveteráns/nas). Entregarase un
premio de honra aos/ás corredores e a corredoras de maior e menor idade.
Apartado 4º: As inscricións para todas as categorías faranse en Emesports (http://emesports.es/) , antes das
23:59 do mércores, 14 de setembro. As categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas,
poderanse facer tamén no día da carreira ata 30 minutos antes de cada carreira. A inscrición é obrigatoria para
contar coa cobertura do seguro do evento e participar no sorteo de agasallos. Por favor, fagamos un esforzo
para evitar inscricións a última hora.
5º. Os/as participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada carreira.
6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.
7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non recollido resolverase segundo
o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.
8º. Tódolos/as participantes debidamente inscritos/as estarán amparados/as por unha póliza de seguro de
accidentes deportivos e responsabilidade civil concertada pola organización.
9º. Aínda que o evento sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán
resoltas pola organización antes da entrega de premios. Espérase e agradécese un espírito e un comportamento
deportivo por parte de tódolos/as participantes.
10º. En cada carreira cerrarase o control así que transcorra o triple do tempo empregado polo/a vencedor/a.
11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos e poderá
descualificar aos/ás participantes que cometan algunha irregularidade.
12º. A organización poderá agrupar categorías e atrasar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos/as
corredores/as inscritos/as en cada unha.
13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas carreiras.
14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte dos/as atletas premiados/as.
En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.
15º. Tódalas persoas inscritas nas carreiras que crucen á meta antes do peche do control recibirán como agasallo
unha camiseta conmemorativa (entregaranse na chegada de cada carreira ata fin de existencias). Destas, tódalas
maiores de 18 anos participarán ademais no sorteo dunha noite nas Cabanas de Broña
(https://cabanitasdelbosque.com/) . As persoas agraciadas terán que recoller o agasallo persoalmente no
momento do sorteo. No caso de non estar presente, sortearase de novo.
16º. De 10:00 a 12:00 celebrarase un obradoiro de primeiros auxilios e ás 12:30 unha competición de reanimación
cardiopulmonar.
17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para disfrutar dun xantar ao aire libre. A hostelería local
estará tamén encantada de recibirnos. Haberá duchas dispoñibles no polideportivo de O Cruceiro de Roo desde
as 12:00 ata as 13:15.
Retirada de dorsais
Nas mesas de control da organización situadas na caseta de socorrismo, no paseo que bordea a praia ata media
hora antes de cada carreira. Para as andainas haberá un control de inscrición no Centro Náutico do Freixo.
Categorías e horarios
Obradoiro de primeiros auxilios e competición de reanimación cardio-pulmonar (RCP)
Aprenderemos a actuar no caso de enfretarmos a accidentes por atragantamento, afogamento e paradas
cardíacas. No espazo do piñeiral de Broña, cerca da liña de saída para as carreiras e o paseo, programaranse
actividades de introducción ás manobras de reanimación para persoas sen formación en atención sanitaria. A
reanimación cardiopulmonar é o conxunto de maniobras máis eficaz para salvar vidas cando o corazón ten
deixado de later. Este ano celebraremos o III Campionato de Broña de Reanimación Cardipulmonar! Despois
do éxito nas pasadas edicións, vinde xogar e competir connosco! Haberá dúas modalidades: individual e por
equipos de tres persoas. Non é necesaria inscrición previa. As persoas que dinamicen o taller encargaranse de
organizar equipos e series eliminatorias homoxéneas. Nunca competir nos preparou tan ben para axudar aos
demáis en caso de necesidade: pon a proba a túa formación divertíndote en Broña.