Calendario
Info da proba

Mondariz

24/09/2022 18:30 - 19:30
Regulamento 1.- REGULAMENTO
PREVIO Á CARREIRA

Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente regulamento
Art. 2º.- O concello de Mondariz, con CIF: P-3603000-E coa colaboración da Asociación Deportiva Mondariz con CIF
G94138070, Organizan, o sábado 24 de setembro de 2022, a partires das 17:30 horas a “VI Carreira Popular de
Mondariz” sobre un trazado urbano de 7 Km.
Art. 3º.-PARTICIPANTES E CATEGORIAS.
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos
establecidos para o efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
Categorías Establecidas:
A proba estará aberta a todos os atletas que estén comprendidas entre as seguintes idades.
Categoría de menores:
CADETES: Nados entre os anos 2007/2008
INFANTILES: Nados entre os anos 2009/2010
ALEVINES: Nados entre os anos 2011/2012
BENJAMINES: Nados entre os anos 2013/2014
PREBENJAMINES: Nados entre os anos 2015/2016
PITUFOS: Nados entre os anos 2017/2018
CHUPETES: Nados entre os anos 2019/2020

Categoría Absoluta:
2
SENIOR: Nados entre os anos 2006/1987.
VETERANOS A: Nados entre os anos 1986/1977
VETERANOS B: Nados no ano 1976 en diante.

Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación
da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen deseguido:
- Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
- A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta
de forma física do/a participante.
- O/A participante exime de toda responsabilidade á organización de calquer perxuizo que puidera derivarse da
súa participación no evento ( Ex. Perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de
lesións, atropelos, agresións...)
- Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis ... para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito
dirixida o concello de Mondariz.
A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no
presente regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que
dispoña a Organización.
Art. 5º.- INSCRICIÓNS.
Faranse na web Championchipnorte.com, ata as 23:59 horas do XOVES 22 de setembro de 2022, non se admitirán nin
inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.
3
O custe da inscrición será de 5 euros por participante, agás as categorías de menores.
A inscrición considerase finalizada ao facer o pago desta e non se retornará o importe da inscrición por ningunha
circunstancia.
A inscrición da proba é persoal e intransferible.
A inscrición na proba absoluta quedará limitada a 200 participantes.
A inscrición de menores poderá facerse a través do formulario disposto na web da organización: admondariz.org ou na
paxina web championchipnorte.com, indicando nome e apelidos, data de nacemento, dirección, teléfono de contacto e
DNI se o tivese.

O DÍA DA PROBA

Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS.
Farase na zona de saída, na Casa Rectoral de Mondariz, nun lugar habilitado pola organización, a partires das 15:30 en
diante.
O dorsal terá que ir colocado na parte dianteira ben visible en todo momento, sen que poida ser tapado por un chaleco,
chaqueta ou calquer outra prenda.
Na mesma zona farase a entrega da bolsa do corredor.
Os participantes disporán dun servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.
Art. 7º.-PERCORRIDO.
A carreira absoluta fará un percorrido de 7 km, comprendendo parte urbana po las ruas de Mondariz e rematará no
centro do pobo.
Dando comenzo a proba as 18:30h
O corte da carreira será de unha hora, Todo aquel que non chegou a meta despois deste tempo, quedaría descalificado.
As carreiras de menores faranse por un circuito totalmente urbano, realizandose na seguinte orde e horario:
4
17:30 h- CADETES: Nados entre os anos 2007/2008 Circuito de 1500m (aprox)
17:40 h- INFANTILES: Nados entre os anos 2009/2010 Circuito de 1200m (aprox) .
17:50 h- ALEVINES: Nados entre os anos 2011/2012 Circuito de 900m (aprox) 3 voltas a praza.
O rematar a carreira absoluta saldrían os mais cativos:
19:30 h-BENJAMINES: Nados entre os anos 2013/2014 Circuito de 600m (aprox) 2 voltas a praza
19:40 h-PREBENJAMINES: Nados entre os anos 2015/2016 Circuito de 300m (aprox) 1 volta a praza
19:45 h- PITUFOS: Nados entre os anos 2017/2018 Circuito de 100m (aprox)
19:50 h- CHUPETES: Nados entre os anos 2019 ata 2020 Circuito de 100m (aprox)
Avituallamento: Líquido no Km 4,5 aproximadamente e especial na liña de meta.
Art. 8º.- SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha enfermeiro/a e unha ambulancia, situados
na zona de saída e chegada
A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente.
Así mesmo, tódolos participantes non federados, disporán dun seguro de accidentes, por lesións, soamente para o día da
carreira, contratado pola organización.
Art. 9º.- DESCALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición ou o director de carreira, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que
manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a
publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.

Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS.
5
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é
advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA

Art. 11º.- PREMIOS.
O rematar farase a entrega de trofeos, hora estimada 20:00h.
Haberá trofeos para os tres primeiros da clasificación da proba absoluta, tanto feminina coma masculina, e serán
obsequiados coa cantidade de 100 Euros para o primeiro, 75 Euros para o segundo e 50 para o terceiro. A se mesmo
haberá trofeos para os tres primeir@s clasificados da proba absoluta nados en Mondariz. Tamén haberá trofeos para as
categorías da Carreira Absoluta, tanto masculina como femenina.
Tamén tendrán trofeos as categorias menores tanto masculino como feminino excepto os pitufos e chupetes que serán
obsequiados cun agasallo.
Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA.
Os participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón de Mondariz ou no Colexio Publico de Mondariz.
Para máis información: Asociación Deportiva Mondariz