Calendario
Info da proba

San Cibrao das Viñas

18/12/2022 20:00 - 21:30
Regulamento REGULAMENTO XERAL
A Carreira Pedestre do Concello de San Cibrao é unha proba incluída no calendario oficial de probas
en ruta da Federación Galega de Atletismo con distancia non homologada de 10.000mts. A
organización contará co asesoramento da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo,
o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico
ó longo de todo o percorrido.
1. SAÍDA E META: estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións
do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes:
GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920
CARREIRA PEDESTRE 10K SAN CIBRAO DAS VIÑAS 2022
2. DORSAIS E CHIPS: a recollida de dorsais e chips efectuarase na secretaría da competición o
día da proba ata media hora antes da saída de cada carreira.
3. CLASIFICACIÓNS: será absoluta e por categorías. Os premios son acumulables. Para recibir
un premio o atleta deberá estar presente na cerimonia de premiación. En caso contrario, a organización
entende que renuncia ó premio. A carreira da categoría Pitufos non é competitiva e non se entregarán
premios ós vencedores/as.
4. DESCUALIFICACIÓNS:
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da
carreira, non levar dorsal ou manipular éste, falsificar datos persoais, competir co dorsal ou chip de
outra persoa, correr con cascos ou non levar o chip durante toda a proba.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas,
patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos
participantes.
Os atletas con licenza federativa terán que aterse ó regulamento de Disciplina Deportiva en vigor. Os
atletas con licenza federativa pola FGA deberán competir coa camiseta oficial do seu clube.
5. PECHE DE CONTROL: o control de chegada pecha 40’ despois de que entre o primeiro corredor
clasificado.
6. SERVIZOS EN CARREIRA: o percorrido estará sinalado cada km. Os abastecementos estarán
situados no kilómetro 5 de carreira e á chegada no recinto das piscinas municipais de Ponte Noalla.
CARREIRA PEDESTRE 10K SAN CIBRAO DAS VIÑAS 2022
7. SEGURO: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica
ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado
físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará
as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos. As persoas non inscritas oficialmente e que
tomen parte da carreira a modo particular, sen ser autorizadas polo organizador, non están amparadas
polos seguros da proba. A FGA non se fará responsable dos danos que estas persoas podan causar ou
causarse.
8. PREMIOS: establécense os seguintes premios:
a. 180€ - 150€ - 120€ ós 3 primeiros clasificados e clasificadas absolutos/as en material
deportivo.
b. Chaqueta exclusiva para ó gañador e gañadora absolutos da proba.
c. 75€ ós tres primeiros e tres primeiras clasificados/as do Concello de San Cibrao das
Viñas en material deportivo (imprescindible estar empadroado no Concello de San
Cibrao das Viñas).
d. Premio especial ós tres primeiros e tres primeiras traballadores/as do Polígono de
Barreiros e San Cibrao das Viñas.
e. Vale de sesión de fisioterapia para o primeiro e primeira empadroado e empadroada no
Concello de San Cibrao das Viñas.
f. Vale de sesión de fisioterapia para o primeiro e primeira traballdor e traballadora no
Concello de San Cibrao das Viñas.
g. Medalla e Trofeo aos 3 primeiros e primeiras clasificados/as en cada categoría.
CARREIRA PEDESTRE 10K SAN CIBRAO DAS VIÑAS 2022
h. Camiseta técnica para todos os/as participantes inscritos.
i. Medalla e agasallo para todos os Pitufos participantes ata esgotar existencias e sorteo
de un vale de 60€ en material deportivo para neno e outro para nena.
j. Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, sesións de fisioterapia, etc.
9. PARTICIPACIÓN DE ATLETAS EXTRANXEIROS E DOUTRAS FEDERACIÓNS
AUTONÓMICAS: rexerase polas normas recollidas na CIRCULAR 351/2019 RFEA: “Reglamento
de Competiciones de Campo a Través, Pista, Ruta, Marcha y Trail Running.
http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2018629104429.pdf
10. CATEGORÍAS: establécense as seguintes categorías:
Carreira de escolares:
A) Sub10: 2013 e 2014
Ojo morado Sub12: 2011 e 2012
C) Sub14: 2009 e 2010
D) Sub16: 2007 e 2008
E) Sub18: 2005 e 2006
Distancia a percorrer: 2,5 kms.
(1 volta)
Saída ás 20:05 horas
Carreira de adultos:
F) Sub 23 – Sub 20: 2000, 2001, 2002, 2003 e 2004
H) Sénior: 1999 ata Máster Distancia a percorrer: 10 kms.
I) Máster A: de 35 a 44 anos (2 voltas)
J) Máster B: de 45 a 54 anos Saída ás 20:00 horas
K) Máster C: de 55 a 64 anos
L) Máster D: de 65 anos en adiante
CARREIRA PEDESTRE 10K SAN CIBRAO DAS VIÑAS 2022
Carreira de Pitufos:
2015 e posteriores Distancia a percorrer: 300 mts aprox.
Saída ás 19:15 horas
11. RECLAMACIÓNS: poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba non máis
tarde de 30 minutos despois de publicarse oficialmente os resultados. A participación é libre e leva
implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O non recollido no mesmo resolverase de
acordo, por esta orde, as norma da FGA, RFEA e WA en vigor.
12. SERVIZOS AO FINALIZAR A CARREIRA: a Organización obsequiará cun ágape a todos
os/as participantes da proba. Haberá vestiarios e aseos para home es mulleres e servizo de duchas.
Non haberá gardarroupa.
13. ACEPTACIÓNS: o atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a
súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por
escrito. Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente
regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase
de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.
14. ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e
ambulancia. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.