Calendario
Info da proba

Valdoviño

11/09/2022 12:00 - 13:00
Regulamento Milla Urbana – Concello de Valdoviño
REGULAMENTO
1.-ORGANIZACIÓN
O Concello de Valdoviño organiza a IX Milla Urbana.
Terá lugar o 11 de setembro no Paseo da Lagoa, (Valdoviño) a partires das 11:00.
2.-PARTICIPANTES
A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non indepentemente da súa idade cunha
clasificación conxunta.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba.
3.-CATEGORÍAS
CATEGORÍAS NADOS/AS
Biberón 2015 e posteriores
Benxamín 2013-2014
Alevín 2011-2012
Infantil 2009-2010
Cadete 2007-2008
Xuvenil 2005-2006
Junior 2003-2004
Promesa 2000-2002
Senior 1988-1999
Veterano 1 1982-1987
Veterano 2 1973-1981
Veterano 3 1962-1972
Veterano 4 1961 e anteriores
4.-LUGAR, HORA DE SAÍDA E PROBA
O percorrido será ao longo do paseo da lagoa nun circuito de ida e volta de iguais dimensiónssobre o
que se irán cubrindo as distancias de cada unha das categorías. O lugar de saída será enfrente
a caseta de socorrismo no parque da praia da Frouxeira.
CATEGORIAS SEXO HORA DISTANCIA
Benxamín Mulleres 11:10 500m
Benxamín Homes 11:20 500m
Alevín Mulleres/Homes 11:30 800m
Infantil Mulleres/Homes 11:40 1000m
Cadete/Xuvenil Mulleres/Homes 11:50 1609m
Jun/Prom/Sen/Vet1 Mulleres/Homes 12:00 1609m
Vet 2/Vet 3/Vet 4 Mulleres/Homes 12:10 1609m
Biberóns Mulleres/Homes 12:30 100m
5.-INSCRICIÓNS
As inscricións faranse a través da páxina web www.galitiming.com, remantando o prazo ás
23:59 horas do xoves 8 de setembro.
Non poderán tramitarse inscricións o mesmo día da proba.
A inscrición será gratuíta.
6.-RETIRADA DE DORSAIS
A retirada de dorsais será o mesmo día da proba na caseta de socorrismo a partir das 10:00, e ata
media hora antes de cada proba.
O dorsal estará situado no peito e terá que ser visible ao longo de toda a proba.
7.-SERVIZOS
A organización disporá a asistencia sanitaria con ambulancia.
Ó finalizar cada carreira haberá servicio de avituallamento para cada participante.
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os
participantes.
8.-TROFEOS E PREMIOS
Os premios serán repartidos da seguinte maneira:
- Medallas conmemorativas para todos/as na categoría Biberón.
- Medallas para os/ás 1º, 2º e 3º clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos como
femeninos dende benxamíns ata veteráns 4.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización, nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
10.-RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou
que incumpla as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA
referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquer atleta que
manifeste un mal estado físico.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ao cronometrador da
competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
11.- OUTROS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta. Os servizos médicos están facultados para retirar da carreira a calquera participante
que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.