Calendario
Info da proba

Pontedeume

16/09/2022 23:00 - 24:00
Regulamento APRAZADA A CARREIRA NOCTURNA PARA O VENRES 16

Debida á adversa previsión meteorolóxica aprázase a II Carreira Nocturna prevista para o vindeiro luns, dada a natureza dos traxectos e a súa perigosidade en caso de choiva.

A nova data de celebración será o venres 16 de setembro, nos mesmos horarios.
Reglamento
O Concello de Pontedeume, en colaboración coa ADC Monte Breamo, organiza a
II CARREIRA NOCTURNA o día 5 de setembro, a partir das 22:00 horas con saída e chegada
na Praza do Conde.
HORARIOS, COMPETICIÓNS E DISTANCIAS
Ofértanse as seguintes competicións:
 22:00h. 1,8Km ‘MENORES DE IDADE’ (nad@s no ano 2006 e posteriores):
unha volta ao percorrido adxunto no racemapp.
 22: 15h. aprox. 1,8Km ‘POR GRUPOS’ : participación en familia, amigos, asociacións,
etc.
(o grupo debe conter mínimo dúas persoas. Non hai límite de idade).
Recollerase dorsal pero será unha competición non clasificable.
ACÉPTANSE DISFRACES E DEMÁIS INDUMENTARIAS DIVERTIDAS Guiño
 23:00h. aprox. 5Km ‘ABSOLUTO’ (nad@s no 2005 e anos anteriores):
dúas voltas a un percorrido de 2’5km adxunto no racemapp.
CATEGORÍAS:
Establécense as seguintes categorías tanto en comeptición feminina como masculina:
1,8Km ‘MENORES DE IDADE’
 SUB12 : Nad@s no 2010 e posteriores.
 SUB14: Nad@s no 2008 e 2009.
 SUB16: Nad@s no 2006 e 2007.
5Km ‘ABSOLUTO ‘
 SENIOR: nad@s no 2005 ata 34 anos.
 VETERÁNS A: de 35 a 44 anos.
 VETERÁNS B: de 45 a 54 anos.
 VETERÁNS C: de 55 anos en adiante.
INSCRICIÓNS:
As inscricións poderanse realizar na plataforma www.championchipnorte.com
 Prazo dende o venres 26 de agosto ata o xoves 1 de setembro ás 14:00 horas.
 Prezo: DE BALDE.
 Límite de prazas: 350 (entre todas las actividades ofertadas).
 Non estará permitida a inscrición fóra da data sinalada nin o mesmo día do evento.
 O feito de inscribirse implica a aceptación do reglamento establecido.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:
A entrega do material realizarase na carpa da organización, na zona de saída e chegada, a
partir das 20:00 horas e ata media hora antes do comezo da primeira carreira.
ZONA DE PRESAÍDA:
 Todolos participantes, unha vez recollido o dorsal, deben aceder á ‘zona de espera e
quecemento’ ata ser chamadas para a saída.
PROTOCOLO DE SAÍDAS EN TODALAS COMPETICIÓNS:
 CRONOMETRAXE: A cronometraxe será con CHAMPIONCHIP, o tempo final de cada
deportista será o neto dende que pisa a ‘alfombra de saída’ ata que chega ao mesmo
punto de partida unha vez realice o traxecto.
PERCORRIDOS en RACEMAPP:
Todolos percorridos e ubicacións do evento a un solo click e nun único entorno interactivo.
Podes consultalo neste enlace https://racemapp.com/recorrido/338-nocturna-pontedeumeadultos-5k
 APARCADOIROS
 SERVIZOS EVENTO
 PERCORRIDOS
 AMBULANCIA
SEGURIDADE:
 Ambulancia: a organización dispondrá dunha ambulancia medicalizada no centro de
competición para calquera eventualidade.
 Dispositivo de tráfico: a organización dispondrá xunto coa Policía Municipal e
Protección Civil, dun plan de tráfico para velar pola seguridade das/os veciñas e
veciños, viandantes y deportistas.
 Voluntarios percorrido: a organización conta coa colaboración da ADC Monte Breamo,
que aportará voluntarias/os polos puntos necesarios do percorrido.
 Voluntarios bicicleta: haberá 3 voluntarios en bicicleta. Dous abrindo carreira en cada
competición e un acompañando a cola en cada unha das mesmas.
 Seguros: a organización conta cun seguro de RC e contratará un seguro de acidentes
para todolas/os participantes do evento.
AGASALLOS / TROFEOS:
Cada participante recibirá unha camiseta do día do evento.
A entrega de trofeos realizarase unha vez rematadas tódalas competicións.
5km ABSOLUTO:
 Trofeos Absolutos: 3 primeiras e 3 primeiros.
 Trofeos por categorías: 3 primeiras e 3 primeiros (acumulativos).
1,8KM MENORES:
 Trofeos por categorías: 3 primeiras e 3 primeiros.
Ante calquera dúbida podes poñerte en contacto en www.ChampionChipNorte.com