Calendario
Info da proba

Trazo

18/09/2022 11:00 - 12:00
Regulamento REGULAMENTO DA PROBA
O Concello de Trazo, dentro do VIII Circuíto de
Carreiras e baixo a o control da Federación Galega de
Atletismo, celebra o I Trillazo. Contará co protocolo
anti-COVID19 (FISI-COVID-DXT GALEGO). As probas estarán
sometidas ó seguinte regulamento.
 LUGAR DAS SAÍDAS E CHEGADAS
Nas inmediacións do Pavillón Municipal do Concello
de Trazo en Viaño Pequeno.
CATEGORÍAS DOS/DAS PARTICIPANTES
Todos os participantes deberán colocarse na liña de
SAIDA 5 minutos antes do inicio de cada proba.
CATEGORÍA ANOS DE NACIMENTO
Sub 6 (M/F) 2018 e 2017
Sub 8 (M/F) 2017 e 2015
Sub 10 (M/F) 2014 e 2013
Sub 12 (M/F) 2012 e 2011
Sub 14 (M/F) 2010 e 2009
Sub 16 (M/F) 2008 e 2007
Sub 18 (M/F) 2006 e 2005
Sub 20 (M/F) 2004 e 2003
Sub 23 (M/F) 2002-2001-2000
Senior (M/F) 1999-1988
Master 1 (M/F) 1987-1982
Master 2 (M/F) 1981-1972
Master 3 (M/F) 1971-1962
Master 4 (M/F) 1961 e anteriores
HORARIOS
CATEGORÍA HORAS DISTANCIA
Sub 20
11:00h 3 Millas/4,8km
Sub 23
Senior
Master 1
Master 2
Master 3
Master 4
Sub 6 11.45h 200m
Sub 8 12:00h 400m
Sub 10
12:15h 1,2Km
Sub 12
Sub 14
Sub 16 12:30h 2,6Km
Sub 18
A partir das 9:00h abrirase a Secretaría da proba para retirar o
dorsal.
Ata ½ hora antes do comezo da correspondente carreira.
- Percorrido 1,2km: as indicacións da ruta estarán co
fondo vermello.
- Percorrido 2,6km: as indicacións da ruta estarán co
fondo verde.
- Percorrido Trillazo 4,8km: as indicacións da ruta
estarán co fondo branco.
INSCRICIÓNS
As inscricións na proba serán gratuítas para todas as
categorías, federados/as e non federados/as. Non hai
límite de participantes.
A data límite de inscrición será o xoves 15 de
Setembro de 2022 ás 23:59h.
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega
de Atletismo. Tódolos/as participantes da proba deberán
levar en todo momento o dorsal facilitado pola
Organización, nun lugar visible (parte anterior do corpo)
non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O
incumprimento carrexará a descualificación do/da
corredor/a.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente
ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de
publicados os resultados oficiais.
Ó longo do percorrido, a organización establecerá os
controis que estime oportunos.
PARTICIPACIÓN
Os/as participantes deberán respectar o medio no que
se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma.
Para tal fin débese comer e beber sen deixar ningún envase
fora dos recipientes habilitados.
AVITUALLAMENTO Ó FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
Ó fin de cada proba proporcionarase @s deportistas
unha bolsa con bebida, froita...
Ó carón da saída e chegada haberá servizo de duchas no
Pavillón Municipal do Concello de Trazo.
 PREMIOS
Recibirán medallas os tres primeiros e as tres
primeiras clasificadas de cada carreira por categorías. Na
carreira de sub6 e sub8 levarán medalla tod@s @s
participantes.
A entrega dos premios levarase a cabo ó fin de todas
as probas.