Calendario
Info da proba

Beluso

26/03/2023 10:00 - 13:30
Regulamento  Artigo 1.- ORGANIZACIÓN
- A Asociación por Beluso (ASBEL), en colaboración coa Comunidade de Montes de Beluso e o
Concello de Bueu, organiza o próximo domingo, día 26 de marzo de 2023 a 2ª edición do
TRAIL DO NOCEDO, que se celebrará na parroquia de Beluso (Bueu).
 Artigo 2.- REGULAMENTO
- A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento, e que será de estrito
cumprimento para todxs os/as participantes do Trail do Nocedo.
- O evento desenrolarase dentro dos protocolos Covid estipulados para esa data.
 Artigo 3.- A PROBA
- A proba transcorrerá polos montes da parroquia de Beluso, Bueu e Darbo, e ofrece 2
posibilidades de participación:
 Trail: 26 km / 1.400m d+
 Trailiño: 15 km / 600m d+
 Artigo 4.- PARTICIPACIÓN
- Os/as participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a
contorna da mesma. Para iso deberán comer e beber sen deixar ningún envase fóra dos
recipientes habilitados para tal uso. O incumprimento deste punto carrexará a
descalificación inmediata do corredor/a, podendo ser inhabilitado mediante un simple
testemuño de calquera membro do equipo organizativo da carreira.
- Para participar na TRAIL hai que ser maior de idade, e para o TRAILIÑO a idade mínima será
de 16 anos cumpridos antes da celebración da proba, non permitindo a participación a
ningún atleta con menos da devandita idade.
- Está prohibido ir acompañado por animais ou outras persoas que non sexan participantes
inscritos na proba.
- O/a participante deberá levar o dorsal facilitado pola organización en todo momento, nun
lugar visible non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O incumprimento deste
punto, carrexará a descualificación inmediata do corredor.
 Artigo 5.- A CARREIRA
- O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora e sinalética específica creada
para a proba. O rutómetro da mesma será publicado na páxina web oficial da carreira:
 https://crosscaboudra.com/trail-do-nocedo/
- Calquera cambio ou modificación no mesmo farase público polos mesmos medios.
- O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que os/as participantes deberán extremar
as precaucións e respectar as indicacións dos corpos de seguridade que alí se atopen.
- Durante o transcurso da carreira, os/as participantes deberán facer caso aos membros da
organización da proba en todo momento. O non cumprimento deste punto, implicará a
descualificación inmediata.
- A proba estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chip de mylaps. Os/as
participantes deberán portar o chip durante todo o percorrido, situándoo na zapatilla, xa
que no caso contrario, as lecturas dos tempos non se realizarán correctamente.
- FORA DE CARREIRA (tempos moi sinxelos de superar): establécense 4 puntos de control de
límite de paso. Os/as participantes que non alcancen ese punto nun tempo inferior o
establecido deberán abandonar a proba, sendo a organización a responsable de garantir a
súa chegada a meta.
 Km 13´4 (túnel): antes das 12.10 h
 Km 17´4 (trono raiña): antes das 12.45 h
 Km 21´1 (inicio liboreiro): antes das 13.25 h
 META: antes das 14.30 h
 Artigo 6.- CATEGORÍAS / Premios + Recoñecementos
 PREMIOS: Premios NON acumulables, salvo na categoría de empadroados en Bueu.
TRAIL – masc/fem
ABSOLUTA 1º clasificado/a.
SENIOR: ata os 39 anos 1º/2º/3º clasificado/a.
VETERÁN 40: 40-49 anos 1º/2º/3º clasificado/a.
VETERÁN 50: 50 ou +anos 1º/2º/3º clasificado/a.
EQUIPOS 1º/2º/3º clasificado masc./fem./mixto
EMPADROADxS EN BUEU 1º clasificado/a.
- EQUIPOS: os equipos teñen que ser de 4 participantes e a clasificación final determinarase en
función dos 3 mellores tempos de cada equipo.
TRAILIÑO – masc/fem
ABSOLUTA 1º/2º/3º clasificado/a.
 RECOÑECEMENTOS:
- 1º INSCRITO/A
- PARTICIPANTE DE +LONXE
- PARTICIPANTE +VETERÁN
- EQUIPO CON +PARTICIPANTES
 Artigo 7.- INSCRICIÓN
- Páxina Web: www.championchipnorte.com
- Data límite: martes, 21 de marzo (23.30 h)
- Custe:
 Ata o 31 de decembro: Trail: 18€ / Trailiño: 14€
 Ata o 28 de febreiro: Trail: 20€ / Trailiño: 16€
 A partir do 1 de marzo: Trail: 22€ / Trailiño: 18€
Inclúe: dereito de participación, cronometraxe, avituallamento, recuperación, gardaroupa,
duchas, agasallo, seguro accidentes e de responsabilidade civil.
- Outros custos posibles: A proba cronometraraxe co sistema de MyLaps, se non se posúe chip
amarelo terase que alugar un, cun custo de 1 euro. A entrega de dorsais comunicarase días
antes do evento.
 Artigo 8.- AVITUALLAMENTOS
- A organización poñerá a disposición de todxs os/as participantes de avituallamentos (con
servizo de botiquín de 1º auxilios) repartidos en todo o percorrido onde poderán fornecerse
de auga, isotónico, comida e froita, ademais doutros produtos postos pola organización.
 km 7 / Pepita: auga + isotónico + froita
 km 13,4 / Túnel: auga + isotónico + sólido
 km 19´3 / Antenas: auga + isotónico
 km 22´6 / Túnel: auga + isotónico + sólido
 Meta: COMPLETO
 Artigo 9.- DEREITOS DE IMAXE
- A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dxs participantes durante a proba,
incluíndo momentos previos e posteriores, dende a recollida de dorsais, entrega de premios
e traslado dxs participantes, para a promoción e difusión da proba sen ningún límite
temporal para utilizalos.
 Artigo 10.- CANCELACIÓNS
- En caso de non poder celebrar a proba (salvo causas de forza maior), serán devoltas as
inscricións o 100%. Calquera inscrito/a que queira darse de baixa do evento, poderá facelo
ata o 12 de marzo (23.59 h), devolvéndolle o 75% da cota de inscrición. Pasada esa data,
NON se fará efectiva tal devolución, podendo solicitar á organización un cambio de datos por
outro/a participante ata o dia 21 de marzo.
 Artigo 11.- NORMAS AMBIENTAIS
- A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de carácter
especial para co medio ambiente. Unha parte importante da proba desenvólvese no interior
de espazos protexidos que albergan unha flora e unha fauna sensible e vulnerable e na que
os/as participantes deben actuar con coidado e responsabilidade.
 Artigo 12.- SEGURIDADE
- A organización porá a disposición dxs participantes unha charla técnica, que se celebrará o
mesmo día da proba ás 08.30 h no pavillón de Beluso.
- O circuíto conta con varios puntos de abandono ou retirada, que poderán ser utilizados
polxs participantes en caso de necesidade. A organización garantirá en todo momento a
chegada a meta de cada un delxs, nas máximas garantías de atención e seguridade.
- Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes: estarán excluídos os derivados dun
padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,…. Tamén os producidos
polos desprazamentos particulares ata/dende o lugar no que se desenvolve a proba.
- Ambulancia
- Servizo de Recuperación (masaxistas)
- Plan de Emerxencia: Policía Local, Protección Civil e Ambulancia
 Artigo 13.- MATERIAL
- TRAIL (obrigatorio) / TRAILIÑO
 Teléfono con carga completa
 Depósito de auga para unha capacidade mínima de 500 ml
 Manta térmica para calquera imprevisto durante a proba
Información Xeral
1. Poderán participar as persoas que o desexen, tendo que estar fisicamente ben preparado/a
para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que
poida agravarse coa súa participación en dita proba. O deportista ASUME que para a realización
da proba é necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva. Os menores de idade
deberán presentar unha autorización da nai, pai ou titor, aprobando a súa participación no
trailiño.
2. Todo participante, polo feito de inscribirse, ACEPTA AS CONDICIÓNS E REGULAMENTACIÓNS
IMPOSTAS pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro
patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera
xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro
contratado.
3. Os atletas deberán estar na liña de saída 5 MINUTOS ANTES DO COMEZO DA CARREIRA e
participarán cos dorsais asignados pola Organización, quedando ben visible a súa publicidade.
4. Os DORSAIS E CHIPS deberán ser recollidos nos puntos establecidos pola organización, alo
menos 45’ antes do inicio da súa proba. Establecerase un punto de recollida 1 día antes
(pendente concretar sitio).
5. A organización resérvase o DEREITO a realizar as modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
6. A organización NON SE FARÁ RESPONSABLE dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.
7. Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a Federación
Internacional de Atletismo (IAAF). A inscrición no 2º Trail do Nocedo implica a TOTAL
ACEPTACIÓN do preceptuado no presente Regulamento.