Calendario
Info da proba

Vigo

30/10/2022 11:00 - 12:30
Regulamento DATA E HORA DE CELEBRACIÓN
A proba celebrarase o domingo 30 de Outubro, ás 11:00 horas.
PERCORRIDO E DISTANCIA
A saída e a meta situaranse no mesmo lugar, a Alameda Suárez Llanos( Bouzas).O
circuíto terá o seguinte trazado: Rúa Pescadores – Rúa Eduardo Cabello - Av. Beiramar
– Rúa Jacinto Benavente - Rúa Coruña - Rúa Tomás A. Alonso.
MODALIDADES
A proba conta con dúas modalidades opcionais:
▲ ANDAINA (Non competitiva e non cronometrada): Unha volta ao percorrido, cunha
distancia total de 5050 m.
▲ CARREIRA (Competitiva e cronometrada): Dúas distancias opcionais:
▪ 5K: Unha volta ao percorrido, cunha distancia total de 5050 m.
▪ 10K: Dúas voltas ao percorrido, cunha distancia total de 10100 m.
* Importante: os corredores e corredoras da carreira 10K NON teñen que entrar na
Alameda Suárez Llanos na segunda volta, xirarán directamente cara a Rúa Pescadores.
*Se se constituíse unha categoría de vehículo adaptado (integrada na modalidade de
andaina), por razóns loxísticas e de seguridade a súa saída terá lugar 15 minutos antes
da saída xeral, directamente dende a estrada, no cruce entre as rúas Tomás Alonso e
Pescadores.
*A organización resérvase o dereito a modificar a organización da saída para asegurar
a seguridade da mesma, por causas propias ou alleas, previo aviso nas redes socias do
evento.
AVITUALLAMENTO
A organización ofrecerá a tódalas persoas participantes un avituallamento líquido e
sólido ao finalizar as probas, na Alameda Suárez Llanos. Ademais, os e as participantes
da 10K terán un avituallamento líquido ao inicio da segunda volta.
PECHE DE CONTROL
O tempo máximo para realizar a proba será de 1 hora 30 minutos para tódalas
modalidades. Transcorrido este tempo, os participantes que sigan en carreira deberán
retirarse do circuíto.
PARTICIPACIÓN
Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas maiores de idade (18 anos
cumpridos ou máis) que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas,
tanto en tempo como nas formas establecidas para elo.
Como caso excepcional, e sempre baixo a responsabilidade dos pais e/ou
representantes legais, permitirase a participación de menores de idade:
• Andaina: sen límite de idade.
• Carreira (5K e 10K): na categoría SUB 24 permitirase a participación de
corredores a partir de 15 anos cumpridos.
Dorsal 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na
carreira pero queiran contribuír a que AVEMPO poida seguir loitando polos seus
obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo para
a asociación a través do ‘dorsal 0’ solidario.
INSCRICIÓNS
A inscrición farase efectiva cubrindo o formulario de Inscrición que se atopa a
disposición das persoas interesadas na web: https://www.321go.es/Carrera/Detail/138-
xeumovomepolaem
A cota de inscrición será de:
▲ ANDAINA:
▪ Menores de 8 anos: 3 €.
▪ A partir dos 8 anos: 6€
▲ CARREIRA:
▪ 5K: 10 € para tódalas categorías.
▪ 10K: 12 € para tódalas categorías.
▲ DORSAL 0: 6€
* Especificacións sobre a inscrición de menores de idade:
A participación dun menor na carreira esixirá, ademais, que os seus representantes
legais presten o seu consentimento escrito.
- A través da opción correspondente en 321 Go Eventos
PRAZO DE INSCRICIÓN: do 3 ao 25 de Outubro ás 23:59 h.
* INSCRICIÓN DE ÚLTIMA HORA: Excepcionalmente, prorrogarase o prazo ata o 26 de
ás 23:59 cun sobrecusto adicional de 2€ por inscrición.
En todo momento, os/as participantes poderán consultar o estado da súa inscrición no
apartado correspondente de321 Go Eventos . Os e as participantes que non finalicen o
proceso de pago dentro do prazo, non quedarán inscritos.
Límite de inscrición: A inscrición pecharase ao acadar as 2000 persoas inscritas totais
(entre tódalas modalidades e categorías).
CAMISETAS
O importe da camiseta será de 6€
Tódalas persoas inscritas nalgunha das modalidades da proba, poderán adquirir unha
camiseta de esta edición. Terán que marcar a opción correspondente no momento da
inscrición e seleccionar, ademais, a talla da camiseta técnica que prefiran.
As camisetas adquiriranse baixo pedido, polo que non se admiten cambios de talla.
Fecha límite pedido de camisetas seleccionando tipo e talla 17 de outubro ás 23:59hrs.
Unha vez finalizado o prazo de pedido de camisetas a demanda, pecharase a venta a
través de web de inscricións. As persoas interesadas en conseguir a camiseta
posteriormente, poderán adquirila os días asignados para a recollida dos dorsais de
entre as unidades extra dispoñibles na asociación ata final de existencias.
Entrega de camisetas e compra de tallas remanentes:
▲ O 29 de Outubro, entre as 10:30 e as 18:30 horas, na sede de AVEMPO.
▲ O 30 de Outubro, entre as 9:00 e as 10:30, ao lado da liña de meta, na Alameda
Suárez Llanos (Bouzas).
DORSAIS E CHIPS
Tódalas persoas participantes deberán estar identificadas co seu dorsal (andaina) ou
dorsal+chip (carreira) ben fixados, en calquera parte do corpo que sexa visible
frontalmente.
A recollida de dorsais e chips poderá realizarse:
▲O 29 de Outubro, entre as 10:30 e as 18:30 horas, na sede de AVEMPO.
▲O 30 de Outubro, entre as 9:00 e as 10:30, ao lado da liña de meta, na Alameda
Suárez Llanos (Bouzas).
Aconséllase a tódalas persoas participantes que retiren o seu dorsal coa maior
anticipación posible.
Para a recollida, será preciso presentar o DNI co cal se realizou a inscrición. No caso de
menores, deberán ir acompañados do seu representante legal.
Tódalas persoas corredoras que chegue á liña de meta sen o seu dorsal/chip ou non o
leve colocado de xeito correcto poderán ser descualificadas.
Non se descualificará a ningún/a atleta por levar auriculares durante a proba.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O sistema de cronometraxe, mediante chip de dorsal dun só uso, será facilitado por 321
Go Eventos S.L (Homologado pola RFEA). O seu uso incorrecto será considerado motivo
de descualificación.
* Os/as participantes na modalidade de andaina terán a obriga de cedelo paso aos
participantes das distancias cronometradas durante todo o percorrido, debendo
camiñar pegados ao borde dereito da calzada, deixando sitio para que os corredores
poidan adiantalos sempre pola esquerda. Non cruzar nunca as liñas de coneado.
CATEGORÍAS
▲ANDAINA: Unha única categoría para tódolos participantes.
▲CARREIRA: Haberá unha soa clasificación conxunta para cada distancia (5K e 10K),
distinguindo na mesma as seguintes categorías:
Sub 24 15 a 24 anos.
Sénior 25 a 34 anos.
Veterán A 35 a 44 anos.
Veterán B 45 anos ou máis.
Será necesario un mínimo de 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría en liña
de saída para a constitución da mesma. Os e as atletas das categorías non constituídas
pasarán a formar parte da categoría inmediatamente anterior á que lle correspondía.
PREMIOS
Os premios da modalidade cronometrada, tanto na distancia 5K coma na 10 K, serán
os seguintes:
▲ Categorías Sub 24, Sénior, Veterán A e Veterán B
Medalla aos tres primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino).
▲Os tres primeiros clasificados na carreira absoluta (masculino e feminino)
Recibirán unha medalla acompañada dun agasallo.
*A organización descarta a duplicidade de premios: os participantes que resulten
premiados na carreira absoluta, quedarán excluídos de selo nas categorías Sub 24,
Sénior, Veterán A e Veterán B.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Servizo de Gardarroupa: a organización poñerá a disposición dos corredores un
emprazamento onde deixar as súas pertenzas controladas durante a duración da
proba.(Pendente de confirmación)
Servizo de Duchas: pendente de confirmación. Informarase do resultado da solicitude
e, no seu caso, a ubicación final do servizo en www.facebook.com/eumovomepolaem
Servizo de Fisioterapia: os atletas que o desexen poderán acceder a unha sesión no
stand que a Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo colocará no evento.
(Pendente de confirmación)
Dispositivo sanitario de emerxencias: dúas unidades móbiles e un hospital de campaña
estarán a disposición de aqueles corredores que presenten algún tipo de molestia
dende media hora antes de dar comezo a proba ata media hora despois do peche de
control.
RESPONSABILIDADE
Este evento está amparado por unha póliza de seguro de Responsabilidade Civil.
Os participantes (ou os seus representantes legais no caso de menores) aceptan
participar no mesmo baixo a súa responsabilidade e propio risco. No momento da
inscrición, manifestan atoparse fisicamente aptos para completar o percorrido da proba
con seguridade e se comprometen a colaborar coa organización na prevención de
accidentes persoais na medida das súas posibilidades.
Os representantes legais dos participantes menores de idade comprométense a estar
presentes durante todo o desenvolvemento da proba, dende a recollida do dorsal ata
que o menor cruce a liña de meta e faga uso dos diferentes servizos.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
1. A organización resérvase o dereito de retirar durante a carreira a calquera participante
que, entre outros aspectos, falsifique os seus datos persoais, reflicta mal estado físico,
non realice o percorrido completo, vaia acompañado de animais, cometa algunha
infracción de este regulamento, ou manifeste un comportamento antideportivo.
2. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao comité organizador, non máis tarde
de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
3. A organización garante o reintegro das cotas de participación no caso de cancelación
do evento, por causas propias ou alleas. En tal suposto, este reintegro se fará efectivo
na sede de AVEMPO, sita na Rúa Camilo Veiga, 44- Planta Baixa (Bouzas); no prazo de
30 días naturais dende a data prevista para a carreira.
4. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Se por causas de forza maior e/ou alleas á organización a proba no se puidese celebrar
nas datas previstas, o evento non será cancelado, senón que se aprazará ás datas máis
próximas inmediatamente dispoñibles para a súa celebración. Isto no modificará a
política de inscricións anteriormente descrita: non se admitirán cambios de titularidade,
baixas nin devolucións da cota deinscrición.
MÁIS INFORMACIÓN
Para calquera consulta ou aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en
contacto con AVEMPO chamando ao 986 298 865, enviando whatsapp ao 685 113 398
ou mediante correo electrónico a avempovigo@hotmail.com.
Ademais, poden acceder a todos os avisos e información da carreira actualizada en
tempo real en www.avempo.org ou a través das nosas redes sociais: Facebook
@eumovomepolaem, Twitter @EuMovome ou Instagram @eumovomepolaem.