Calendario
Info da proba

Vigo - Memorial Belarmino Alonso

27/11/2022 10:14 - 13:29
Regulamento 43º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

Regulamento:

1º - O Comesaña Sporting Club, organizará en Vigo o próximo día 27 de novembro, co patrocinio do Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra, e a colaboración da Xunta de Galicia, o “43º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” en San Andrés de Comesaña, “Molinos”, á beira do campo de fútbol de “A Xunqueira”.
(Participación exclusivamente con licenza federativa pas persóas nadas no 2007 ou antes.)

Nas categorías Sub-16 e menores (Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín), e baixo o patrocinio dá Xunta de Galicia, celebrarase conxuntamente a“Fase Zonal de Vigo do Deporte en Idade Escolar” clasificatoria para os Ctos. Provinciais de Campo a Través do Programa Xogade.

2º-O control oficial das carreiras correrá a cargo do persoal da entidade organizadora e máis daquelas persoas que presten a súa voluntaria colaboración coa organización.

3º - O horario de saída das carreiras (metraxe aproximado) será o seguinte:

10:15 Sub-20/Sub-18 masculina (Nados anos: 2003/2004 e 2005/2006) 4.180 m.
10:40 Sub-20/ Sub-18 feminina (Nadas anos: 2003/2004 e 2005/2006) 3.121 m.
11:00 Sénior/ Sub-23 masculina (Nados anos: 99 ou antes e 200/01/02) 8.750 m.
11:45 Sénior /Sub-23 feminina (Nadas anos: 99 ou antes e 200/01/02) 7.040 m.
12:15 Sub-16 (Cadete) masculina (Nados anos: 2007, 2008 é 2009) 2.020 m.
12:35 Sub-16 (Cadete) feminina (Nadas anos: 2007, 2008 é 2009) 2.020 m.
12:50 Sub-14 (Infantil) masculina (Nados anos: 2009, 2010 é 2011) 1.530 m.
13:05 Sub-14 (Infantil) feminina (Nadas anos: 2009, 2010 é 2011) 1.530 m.
13:15 Sub-12 (Alevín) masculina (Nados anos: 2011, 2012 e 2013) 933 m.
13:25 Sub-12 (Alevín) feminina (Nadas anos: 2011, 2012 é 2013) 933 m.
13:30 Sub-10 (Benxamín) mascu. (Nados anos: 2013, 2014 e 2015) 667 m.
13:35 Sub-10 (Benxamín) femin. (Nadas anos: 2013, 2014 é 2015) 667 m.


4º - As inscricións (indicando federado ou Xogade), faranse dixitalmente en: http://comesana.org/
pechándose as mesmas o 23 de novembro as 20:00 h.
Aqueles atletas que ben por ser independentes ou estranxeiros non teñan acceso ao sistema, poderán enviar un correo electrónico a: comesana@comesana.org ou ben por correo ordinario a Comesaña Sporting Club, Pedreira, 21 San Andrés de Comesaña, 36213 Vigo. Estas inscricións farán constar: Nome do club, (si non é independente), nome e apelidos, ano nacemento, sexo é número de licenza federativa, pechándose por estes medios o día 22 de novembro.

5º - Para admitir as inscricións (estranxeiros incluidos), deberase ter dilixenciada licenza federativa para a tempada 2022. Sub-16(Cadetes) e menores, alomenos, estar dados de alta en “Campo a Través”, do Programa Xogade da Xunta de Galicia
6º - En todas as carreiras haberá unha clasificación por clubs, establecéndose esta coa suma dos postos ocupados polos catro primeiros atletas dun mesmo club en cada carreira (postos reais, contabilizando os de menos de catro por club é independentes).
En caso de empate, este resolverase en favor do club co 4º atleta mellor clasificado.

7º - Realizaranse clasificacións individuais Sénior-Sub-23 (nadas no ano 1999 ou antes, consideraranse coma Sénior), e das categorías: Sub-23, Sub-20, Sub-18, Sub-16 (Cadete), Sub-14 (Infantil), Sub-12 (Alevín) é Sub-10 (Benxamín).

8º - Nas carreiras Sénior/Sub-23 de ámbolos dous sexos, outorgaranse os correspondentes trofeos, e compensacións en metálico en concepto de gastos de desprazamento e estancia, aos cinco primeiros postos (400, 250, 125, 75 e 50 €), trofeos también aos primeiros (alomenos cinco) nas categorías: Sub-23, Sub-20, Sub-18, Sub-16 (Cadete), Sub-14 (Infantil), Sub-12 (Alevín) é Sub-10 (Benxamín). Tamén trofeo para o club gañador de cada carreira.

9º - Todos os números que no abdomen portarán correctamente os atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respetar a publicidade impresa.

10º - Para poder participar, en todalas carreiras, deberán pasar por Cámara de Chamadas ata 15 minutos antes da hora de saída fixada para a súa carreira.

11º - As reclamacións sobre a competición, verbales ou por escrito, deberán ser presentadas á organización ata 30 minutos logo da publicación dos resultados.

12º - Todo atleta participante estará cuberto, de acordo á reglamentación vixente, polos obrigados Seguros de Accidentes e de Responsabilidade Civil.

13º - O non previsto neste Regulamento, resolverase de acuerdo coas vixentes Normas de Competición de World Athletics.

14º - O feito de inscribirse neste 43º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través, implica a total aceptación do preceptuado no presente regulamento.