Calendario
Info da proba

Fene

11/12/2022 10:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO XERAL
ARTIGO 1: ORGANIZADORES
1.1.- O Concello de Fene, en colaboración cos Concellos de Ferrol, Narón e Neda,
organiza a XXXVI edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á
Ría”. As probas terán lugar o día 11 de decembro de 2022 a partir das 10:00 horas, e
contarán tamén con probas para categorías de menores.
1.2.- A Organización contará coa axuda da Garda Civil de Tráfico e da Policía
Municipal dos catro concellos , que regularán o tránsito ao longo do percorrido
1.3.- Así mesmo actuarán como colaboradores habilitados pola organización, as
agrupacións de Protección Civil dos catro Concellos citados, así como algunha outra
entidade de voluntarios doutros concellos aos que se solicite colaboración no caso de
ser necesario. Entre os colaboradores estará tamén Aefat (Asociación que agrupa á
familias afectadas por ataxia telangiectasia en España). Outros colaboradores serán o
Club Atletismo Fene, Club BTT Fene e outros clubs inscritos no Concello de Fene.
ARTIGO 2. PARTICIPANTES
2.1.- A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo.
2.2.- En calquera caso poderán participar na media maratón os/as nacidos/as no ano
2004 e anteriores. Para as categorías de menores, estableceranse probas de menor
distancia.
2.3.- Cada corredor/a participa na media maratón baixo a súa responsabilidade e
declara que dispón dun nivel de condición física suficiente para afrontar a proba. A
organización terá potestade para descualificar a calquera atleta que a propósito da súa
imposibilidade para participar na proba, proporcione datos erróneos para poder facelo.
ARTIGO 3. PERCORRIDO E DURACIÓN.
3.1.- O percorrido será de media maratón (distancia non homologada) 21.097 mts.
sobre asfaltoe discorrerá polos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda. Figura como
Anexo I do presente Regulamento.
3.2.- A saída e a meta serán na Avenida do Mar de San Valentín, xunto ao Pavillón
polideportivo da Xunqueira.
3.3.- A proba está incluída dentro do calendario oficial da Federación Galega de
Atletismo.
3.4.-O percorrdio estará sinalizado cada 5 km.
3.5.- No percorrido estableeranse controis, así como postos de avituallamento situados
nos Concellos de Ferrol, Narón, Neda e Fene e estarán nos quilómetros 5, 10, 15 e 20
aproximadamente.
3.6.- Está prohibido o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio.O
incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos atletas que a
infrinxan. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os das forzas de
seguridade e os de apoio á organización, que contarán con roupa apropiada e visible.
3.7.- O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o
primeiro clasificado. Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de
control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola
organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba
coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia
actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir
as normas e sinais, e considerarse un usuario máis da vía, quedando eximida a
organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de
circulación R.D. 1428/2003).
ARTIGO 4. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
4.1.- Unha inscrición é válida cando a persoa participante enche o boletín de inscrición
a través da web: “www.carreirasgalegas.com” e realice o pago da inscrición.
Poderanse realizar inscricións ata o martes, 6 de decembro de 2022 ás 23:59 horas.
4.2.- Aqueles que se inscriban máis dunha vez, inducindo a posible erro á Organización,
quedarán descualificados.
4.3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións, baixo
ningunha causa, do importe da inscrición.
4.4.- A realización da inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón: “Declaro que estou en bo estado físico. Eximo á organización,
patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de toda
responsabilidade que da participación no evento se puidese derivar tal como: perda de
obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, lesións, …”
4.5.- As persoas participantes comprométense a:
• Aceptar estritamente tódolos artigos do presente regulamento.
• Aceptar as posibles modificacións da proba ás que a organización sevexa obrigada
por causas alleas á súa vontade.
4.6 - Tódolos/as corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome
e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición
o/a corredor/a consinte expresamente que os seus datos sexan empregados pola
organización para comunicacións acerca da súa actividade. En todo caso e tal e como
establece a Lei de Protección da datos, a persoa interesada pode exercer os seus dereitos
de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou correo electrónico
nas oficinas do servizo de cultura e deportes do Concello de Fene :
“cultura.deportes@fene.gal” , ou no Rexistro Xeral do Concello de Fene, Praza do alcalde
Ramón José Souto González, s/n. 15500. Fene ou por sede electrónica do Concello de
Fene :
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
“https://sede.fene.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudGeneral_N”
4.7 A organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. En caso de
dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a
organización.
Descualificacións: O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados
para retirar da carreira a:
• Calquera atleta que manifeste un mal estado físico
• Todo/a atleta que non realice o percorrido completo
• Todo/a atleta que non teña dorsal ou non o leve visible, dobre ou manipule a
publicidade ou o fotocopie.
• Todo/a atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se retire en
protestas ante a organización, á marxe do estipulado no apartado de reclamacións.
4.8 Condicións para as cadeiras de rodas e Handbikes:
• As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1 pequena.
• Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non foran
deseñadas para a actividade de atletismo.
• Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores toquen o
chan durante a carreira.
• Será responsabilidade do/a competidor/a que a cadeira de rodas estea conforme
ás regras enriba indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes á
cadeira.
• Tódolos/as atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante
toda a carreira.
• O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre as
rodas ou aros de impulsión suporía a descualificación.
4.9 Condicións para participantes con Discapacidade Visual:
• Tódolos/as atletas deberán obrigatoriamente participar cun/ha guía. Este/a guía
identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola organización. Se algún/ha
atleta con discapacidade visual non ten guía, a organización non permitirá
participar na proba, por motivos de seguridade.
• Cando o/a corredor/a con discapacidade visual cruce a liña de chegada o/a guía
deberá estar por detrás del/dela.
• O método de guía poderá ser elixido polo/a atleta. Poderá escoller entre ser dirixido
por un/ha guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr sen
suxeición. Non se permitirá soster o/a atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as
mans do/a atleta coas do/a guía. A atadura deberá deixar un espazo de polo menos
5 cm entre as mans do/a atleta e as do/a guía. Ademais o/a corredor/a poderá
recibir instrucións verbais do/a guía.
• Os/As guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
• O/A guía non poderá en ningún momento tirar do/a atleta ou empurralo/a para
darlle impulso. A infracción suporá a descualificación.
• Independentemente de que se empregue atadura ou non, entre o/a atleta e o/a
guía non poderá haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 mts
ARTIGO 5. CATEGORÍAS
5.1.- Categorías Absolutas
• Sub 20 - Nacidos/as en 2003 e 2004.
• Sub 23 - Nacidos/as no 2000, 2001 e 2002.
• Sénior - Nacidos/as dende 1999 ata 1987.
• Máster A - Nacidos/as dende 1986 ata 1981.
• Máster B - Nacidos/as dende 1980 ata 1972.
• Máster C - Nacidos/as dende 1971 ata 1962.
• Máster D - Nacidos/as en 1961 e anteriores.
• Cadeira de rodas *
• Handbike *
• Invidentes *
* Considéranse
categorías non oficiais
da Federación Galega
5.2 – Categorías de menores
• Sub 18: Nados/as no 2005 / 2006
• Sub 16: Nados/as no 2007 / 2008
• Sub 14: Nados/as no 2009 / 2010
• Sub 12: Nados/as no 2011 / 2012
• Sub 10: Nados/as no 2013 / 2014
• Sub 8: Nados/as no 2015 / 2016
ARTIGO 6. CUSTO DA INSCRICIÓN
6.1.- Para inscribirse na proba (media maratón), as persoas participantes deberán
pagar a cantidade de 4 €.
6.2.- As inscricións para as carreiras de menores serán gratuítas.
ARTIGO 7- RETIRADA DE DORSAL
7.1.- A retirada de chips e dorsais poderase efectuar no Pavillón polideportivo da
Xunqueira - San Valentín (entrando pola porta posterior do Pavillón contra o centro de
ensinoCPI A Xunqueira) os seguintes días:
• Venres, 9 de decembro, de 16:30 a 20:30 horas
• Sábado, 10 de decembro, de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:20 horas
• Domingo, 11 de decembro, de 8:00 a 9:30 horas.
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación,
debendo por tanto, recoller os dorsais persoalmente. Se o dorsal fose retirado por outra
persoa diferente ao participante na proba, o que recolle deberá deixar nome e apelidos
e un teléfono de contacto.