Calendario
Info da proba

Moeche

18/12/2022 10:00 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO DO II TRAIL E ANDAINA CASTELO DE MOECHE
1. ORGANIZACIÓN:
O Club de Montaña Moeche organiza o “II Traile Andaina Castelo de Moeche”. A proba
terá lugar o domingo 13 de novembro de 2022 dende as 10:00 hs con saída e chegada
nas inmediacións do Castelo de Moeche, na parroquia de San Xurxo.
2. COLABORADORES:
Para poder levar a cabo esta proba, contamos coa colaboración da Deputación da
Coruña, o Concello de Moeche, Protección Civil e a Asociación de Veciños do Val de
Moeche.
3. DESCRIPCIÓN DAS PROBAS:
O Trail é una carreira de montaña de carácter popular que discorre por sendas, pistas
e montes do val do Concello de Moeche. A distancia é de 16 kms e un desnivel positivo
de 750 m.
A Andaina é unha proba non competitiva de carácter popular que discorre por parte
do percorrido do Trail. A distancia aproximada é de 12 kms cun denivel de 500 m.
Son trazados de dificultade técnica e física media-baixa.
Existe algún pequeño tramo de enlace por estrada e, ainda que haberá persoal da
organización controlando o tráfico, os/as corredores/as deberán respectar as normas
de seguridade viaria, xa que as estradas non estarán pechadas.
O percorrido estará debidamente sinalizado por cartéis, cintas e/ou pintura ecolóxica.
A Organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
O tempo máximo do que disporán os/as participantes do Trail e da Andaina para
cubrir os respectivos percorridos, será de 3 hs 30 minutos no Tral e 4 hs na andaina
(peche da meta as 14:00 hs)
Habilitaranse dous postos de avituallamento nos quilómetros 6 e 12,5 con auga,
bebida isotónica, froita e doces; ademáis do disposto na meta.
A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante chip (so
no caso do Trail).
Asistencia médica: Os servizos sanitarios e a ambulancia estarán ubicados na zona de
saida/meta.
4. PARTICIPACIÓN:
Na proba poderán participar todos/as os/as corredores/as que o desexen sempre e
cando cumpran os seguintes requisitos:
Estar debidamente inscrito/a e pagada a cuota correspondente
Ter 18 anos cumpridos o día da proba para o Trail
Ter 12 anos cumproidos o día da proba da Andaina (os menores deberán ir
acompañados dun adulto).
O/A corredor/a ten que estar físicamente ben preparado/a para a carreira, gozar de
boa saude xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida
agravarse coa súa participación en dita proba. O/A deportista asume que para a
realización da proba é necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva.
Non é necesario posuir licenza federativa.
Os/As participantes non poderán sair do percorrido marcado.
A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respecto ó medio
ambiente,a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
Na Andaina pódese ir acompañado por animais, sempre e cando vaia suxeitos por
unha persoa, teñan o chip e seguro, e non sexan perigosos para o resto dos
participantes.
Os participantes na Andaina deberán ceder o paso aos participantes do Trail,
poñéndose en fila de un e apartándose a unha beira do camiño.
Todos/as participantes están obrigados/as a auxiliar a posibles accidentados.
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización quedando prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós
corredores en moto, bicicleta ou outro medio por todo o percorrido.
No caso de retirada da proba e/ou accidente, débese comunicar ó persoal da
organización e entregar o dorsal. O/A corredor/a asume toda a súa responsibilidade
dende que abandona voluntariamente a proba ou é descualificado. Si decide
continuar no percorrido será baixo a súa absoluta responsabilidade.
Os/As corredores/as deben vestir e calzar prendas adecuadas para o terreo e as
condicións climáticas existentes.
Seguro: cada participantes estará amparado/a por unha póliza de Responsabilidade
Civil e de Accidentes Deportivos, excluidos os casos derivados dun padecemento
latente, imprudencia ou inobservanciadas leis ou da normativa da competición, etc.
Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desplazamiento ao lugar da
competición ou dende o mesmo.
A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os/as participantes que
teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaios, etc.
que poidan poñer en perigo a súa saude, ou aqueles/as que teñan mermas as suas
condicións físicas para continuar en carreira.
É obriga de cada participante portar consigo calquera residuo que xere: envases,
papeis, residuos orgánicos, etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola
organización.
As reclamación deberán ser feitas verbalmente á organización, non mais tarde de 30
minutos unha vez comunicado oficialmente os resultados.
5. DESCUALIFICACIÓNS:
Quedará descualificado/a desta proba todo o/a que non cumpra o presente
regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie o
entorno, non leve o seu dorsal ben visible e o chip ben colocado (só no caso do
Trail) ou desatenda as indicacións da organización.
Non auxiliar ó participante que o necesite.
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.
Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento
antideportivo que estime a organización.
O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumplimento.
6. INSCRIPCIÓN:
As inscripción, consulta de clasificación e tempos centralizaránse na páxina web:
www.galitiming.com, o atleta deberá cubrir o formulario de inscripción, que estará
limitada a un máximo de 350 participantes no Trail e 150 na andaina.
A data límite de inscripción será o luns 7 de novembro de 2022 ás 23:59 hs.
Os presos da inscrición serán:
o TRAIL: 18€
o Andaina: 14€
A inscrición dá dereito a participar na actividade, seguro de responsabilidade civil,
seguro de accidentes, avituallamentos, casmisola conmemorativa e comida final
(GRATUITA), servizo de gardería, visita ó Castelo, asistencia médica e duchas.
Todos/as participantes polo feito de inscribirse e tomar a saida, aceptan o presente
regulamento e a cesión dos dereitos de imaxe e contados audiovisuais (sen fins
comerciais) á organización.
De acordó co establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de
Protección de datos de carácter persoal, todos os datos dos participantes
recollidos no formulario de inscripción serán incluidos nun ficheiro privado
propiedade do Concello de Moeche, con fins exclusivos de xestión da proba.
Todos os interesados poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición dos seus datos persoais mediante correo-e a
clubemontanamoeche@gmail.com
Todo/a participante, polo feito de inscribirse acepta as condición e
regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á
organización ou a calquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de
accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da sua
participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.
As inscripción son persoais e non transferibles, supoñendo a aceptación de todo o
disposto no presente regulamento e incluido o servizo de seguro ó que obrigan os
preceptos legais.
Non se aceptarán inscripción fora do prazo establecido nin por outro medio.
Política de cancelación da inscripción: Ata o 7 de novembro pódese anular a
inscripción con devolución do 50% da cota, polos gastos xerados (9€ Trail / 7€
Andaina). Dende o 7 de novembro non se farán devolucións.
7. SERVIZOS DA CARREIRA:
Inscricións, pasarela de pago e resultados on-line
Cronometraxe por chip (Trail)
Seguros de accidentes e R.C.
Servizo de ambulancia e asistencia médica.
Avituallamento líquido e sólido na carreira.
Degustación de Liscos, Chourizos, Empanada, Bsicoito e Froita (GRATUITO). Na
carpa habilitada a tal efecto nas proximidades da Igrexa de San Xurxo.
Duchas nas proximidades do Castelo.
Camisola conmemorativa.
Servizo de fisioterapia (masaxe postcarreira PARA CASOS URXENTES E
XUSTIFICABLES).
Visita gratuita ós Castelo a corredores/as e acompañantes (so 13 de novembro)
Servizo de garderia.
Reportaxe fotográfico
Speaker animando a proba
Parking
Gardarroupa
8. HORARIOS:
Sabado 12 de novembro de 2022:
. 16:00 a 20:00hs: Recollida de dorsáis no interior do Castelo

Domingo 13 de novembro de 2022:
9:00 – 10:15: Recollida de dorsáis no interior do Castelo
10:00: Saida Andaina
10:30: Saida Trail
12:30: Entrega de trofeos ós primeiros clasificados
13:00: Comezo de reparto de racións de comida na carpa
14:00: Clausura da proba
9. CATEGORÍAS:
Establécense as seguintes categorías:
SENIOR MASCULINO E FEMININO: 18 anos (cumpridos o día da proba) ata 39 anos
(a cumplir no 2022)
VETERÁN MASCULINO E FEMININO: 40 anos en diante (a cumplir no 2022)
10. PREMIOS:
Recibirán trofeo:
Os/as tres primeiros/as clasificados/as (TRAIL) de cada categoría e sexo.
O/a 1º clasificado/a empadroados no Concello de Moeche.
Trofeo e medallas para o equipo con mais membros participantes no Trail (para iso
debe de facer constar o nome do equipo na inscripción).
Os/as premiados deberán estar presentes no acto de entrega de trofeos.
A organización pode solicitar documentación para comprobar a identidade e categoría
dos/as premiados/as. A non aportación desta, poderá ser motivo de descualificación.
11. LOCALIZACIÓN:
• A saida e meta situaranse nas inmediacións do Castelo de Moeche, na Parroquia
de San Xurxo (Moeche) – Coordenadas 43°33′00″N 7°59′35″O – Nesta zona tamén
estarán ubicados os servizos de ambulancia e asistencia médica, recollida de
dorsáis, servizo de garderia, servizos, parking, fisioterapia e entrega de trofeos.
• As duchas e zona de comida tamén se ubicarán nas proximidades do Castelo.
12. DORSÁIS E CHIPS:
A organización pode requerir que os/as participantes se identifiquen co DNI na
entrega de dorsáis.
Os/as corredores/as están obrigados/as a levar o dorsal facilitado pola
organización. Este levarase nun lugar visible na parte dianteira durante toda a
proba e non podrá ser doblado nin recortado.
O chip (Trail) debe ir colocado correctamente para poder aparecer na
clasificación final.
A non devolución do chip e portachip ao finalizar a carreira, suporá un coste extra
de 5€ para o seu titular.
A clasificación xeral oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe.
13. ORGANIZACIÓN E VOLUNTARIOS:
Declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia, así como
sobre a perda ou dano dos obxectos de cada participante.
A súa vez, os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en
caso de accidente ou lesión.
A organización da proba garantirá a seguridade dos participantes dispoñendo
para elo as medidas e persoal necesarios.
Contemplase a presenza de vehículos oficiais, tanto da organización como de
medios de seguridade, debidamente identificados.
Os/as voluntarios/as prestarán asistencia e facilitarán información aos
corredores/as. Un grupo de voluntarios/as identificados/as con prendas oficiais da
organización estarán situados en cruces, avituallamentos e zonas perigosas.
A organización reservase o dereito exclusivo das imaxes, fotografías, videos e
información da proba, nas que poidan aparecer os/as participantes, así como de
utilizar ese material para anuncios, relación públicas ou calquera outro propósito
periodístico ou de promoción do evento. Calquera proxecto mediático ou
publicitario deberá contar previamente co consentimiento da organización.
Para todo o non específicado no Regulamento, acollerase ó disposto polo Comité
Organizador.
A organización poderá decidir a suspensión ou aprazamento da proba con
carácter previo por motivos organizativos, ou durante a celebración da mesma por
calquera causa que afecte á seguridade na celebración da mesma (alertas por
temporal, etc,…), non xerándose dereito algún para os inscritos, agás o de
devolución das taxas de inscripción.