Calendario
Info da proba

Mugardos

18/12/2022 11:00 - 12:30
Regulamento XVII Carreira de Fin de Ano Mugardos-Ares: 18 de decembro de
2022:
Regulamento da Proba:
• HORARIO: Saída ás 11 da mañá do pavillón polideportivo municipal de
Mugardos.
• LUGAR: Acreditacións e meta no Pavillón polideportivo de Mugardos.
• DISTANCIA A PERCORRER: 10 km.(non homologados)
• IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
• CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será
electrónica e apoiada polo Comité Galego de Xuíces. Farase unha
clasificación xeral única.
• INSCRICIÓNS : Ate as 23:59 do 13 de decembro na pasarela
http://www.carreirasgalegas.com realizando un pago de 4 € . Número
máximo de prazas 500. Retirada de dorsais o xoves 15 e o venres 16 de
8:00 a 13:30 e 16:00 a 22:00h. e o sábado 17 de decembro de 9:00 a
13:00h., no Complexo Acuático do Castro. Asimesmo, o propio día da
proba no pavillón polideportivo de Mugardos de 9:00 a 10:30h. A retirada
do dorsal será a confirmación da asistencia á proba. A entrega de
dorsais aos atletas federados farase a un representante do seu club de
forma conxunta.
PERCORRIDO: Mugardos-Ares-Mugardos..
Ás 10’50 horas concentración previa á saída da proba na rúa do Cristo en
Mugardos, dende a saída faise o percorrido que segue: Rúa O Cristo, pasando
por diante do Instituto, ata As Mareas, xirando á dereita, cara o Peteiro,
entrando polo casco urbano, Avenida de Galicia, pasando por diante da casa
do concello mugardés, xirando á dereita e subindo pola Rúa dos Corzás, logo
continuando cara Ares pola rúa Yáñez Badía , pola AC-130, ata Alto de Simou,
descendendo a ata a rotonda de entrada a Ares, dende ahí xirando á esquerda
pola rúa do Mazote ( Avda. Federico García Expósito), logo xirando á dereita
cara transcorrendo paralelos ao parque Rosalía e continuando cara ao Paseo
Marítimo aresán ( Avda. Saavedra Meneses), ata a confluencia ca Avenida de
Mugardos onde xiraremos á dereita para continuar por ela ata sair de Ares pola
rotaonda de entrada e accedendo de novo a AC-130 permanecendo en ela ata
Os Catro Camiños, onde xiraremos á esquerada para entrar na rúa do Cristo
ata meta, situada enfronte ao pavillón deportivo municipal.
Tempo máximo de control da chegada 75’ logo da saída. Avituallamento sólido
e líquido para todas as persoas participantes ao chegar á meta. Por cuestións
alleas á organización como obras públicas ou privadas poderá haber pequenas
variacións no circuíto descrito. Durante toda a carreira o tráfico estará
restrinxido e todos os cruces controlados por policía e protección civil debendo
os participantes atender as súas indicacións.
O tempo estimado da proba é de entre 31 min e 75 min.
Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha
categoría única. Todas as persoas participantes que rematen a proba
participaran no sorteo de 10 cestas do Nadal.
As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en
vigor da FGA para probas de estas características.
A cobertura do seguro de accidentes deportivos non cubre patoloxías nin
lesións anteriores ou alleas á proba sendo responsabilidade de cada
participante a cobertura das mesmas así como o de estar nas condicións
físicas axeitadas para realizar a proba.
• Organizan: Concellos de Mugardos e Ares e a Federación Galega de
Atletismo.