Calendario
Info da proba

Coruña 21

12/02/2023 10:00 - 12:30
Regulamento Art. 1 – DATA
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 12 de febreiro de 2023
na Coruña a XV Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097,50 metros.
A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA e a RFEA, disputarase a través dun
circuíto totalmente urbano.
Art. 2 – HORARIO
A proba comezará ás 10.00 a.m. e a liña de saída estará situada á altura do Obelisco, no Cantón
Grande.
Art. 3 – CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 21.097,50 metros. O percorrido está medido e
homologado pola Real Federación Española de Atletismo e transcorrerá sobre asfalto na súa
totalidade. A ruta estará debidamente sinalizada e terá marcados todos os quilómetros. A
carreira realizarase unicamente pola vía de tráfico rodado en todo o seu percorrido, sen empregar
ningún espazo peonil. Está prohibido usar como zonas de carreira as beirarrúas, glorietas, áreas
axardinadas etc, agás as zonas peonís sinalizadas como circuíto.
Incumprir esta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das
persoas infractoras.
A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
INFORMACIÓN XERAL
ART. 4 – CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de
Xuíces da FGA.
Art. 5 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces e da RFEA. Todas as
reclamacións deberánselle facer verbalmente á xuíza ou xuíz árbitro da proba ata 30 minutos
despois da publicación dos resultados.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de control de chips
ao longo de todo o percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os
puntos poderán ser descualificadas e como consecuencia non aparecerán nos resultados finais.
Art. 6 – UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira e
deben colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen obstrucións e sen
manipulalo, e así deben levarse durante toda a proba.
Os dorsais contarán cun código QR a través do que as persoas que cheguen a meta (finishers)
poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste dispositivo.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou que corran sen dorsal
e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas
regulamentariamente inscritas. Non se permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente
a outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa
o oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A
organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
Art. 7 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais sen axudas
materiais de ningún tipo, coa única excepción das persoas corredoras en cadeira de rodas
debidamente rexistradas e que cumpran as normas do World Para Athletics. Calquera dúbida a
respecto diso deberá consultarse coa organización antes de facer a inscrición a través do correo
electrónico secretaria@atletismo.gal.
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar,
avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento, coa única excepción dos carros de running*. Tampouco
está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.
*A participación con carro de running deberá estar xustificada unicamente para levar unha
persoa con discapacidade motora grave (que non lle permita á persoa con discapacidade
trasladarse polos seus propios medios físicos), entendendo nestes casos como participante
sempre a persoa que empurra o carro (dentro da categoría que lle corresponda), e non a
persoa que vai no carro.
Igualmente, será obrigatorio acreditar a discapacidade da persoa que vai no carro, enviando
copia da tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de xeito que quede acreditado
o envío, ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal. A inscrición desta persoa, que irá
con dorsal sen chip, será gratuíta. Para iso deberán contactar coa organización a través do
correo electrónico secretaria@atletismo.gal.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa participante.
Art. 8 – DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba á ou ao atleta que manifeste
un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, ás e aos
corredores que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos
médicos ou membros da organización debidamente identificados.
As ou os xuíces da proba terán a facultade de descualificar á persoa infractora que non leve visible
o seu dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á organización
con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou incumpra
calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA e WA.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
Art. 9 – PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
2 horas e 30 minutos despois de súa saída. Ademais, establecerase un tempo de 1 hora e 15
minutos para o paso polos 10 km.
Ao se cumprir este tempo, tanto para o primeiro tramo da carreira como para a distancia total, todas
as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse á zona peonil.
Consideraráselles “fóra de carreira” e “non figurarán nas clasificacións”.
Se deciden continuar, estarano facendo baixo a súa exclusiva responsabilidade, debendo cumprir
en todo o momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.
CATEGORÍAS E INSCRICIÓN
Art. 10 - CATEGORÍAS
- Sub 20, nadas/os en 2004 e 2005
- Sub 23, nadas/os en 2001, 2002 e 2003
- Sénior, nadas/os desde 2000 ata a categoría Máster
- Máster 1: De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
- Máster 2: De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
- Máster 3: De 45 a 49 anos cumpridos no día da proba
- Máster 4: De 50 a 54 anos cumpridos no día da proba
- Máster 5: De 55 a 59 anos cumpridos no día da proba
- Máster 6: De 60 a 64 anos cumpridos no día da proba
- Máster 7: A partir de 65 anos cumpridos no día da proba
- Atletas con discapacidade*: nadas/os en 2005 e anos anteriores
*Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden
á impulsión destas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido
á roda.
Ojo morado Persoa con discapacidade visual
C) Persoa con discapacidade intelectual
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan
entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa
xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta
acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico secretaria@atletismo.gal
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que
necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo de
2 guías para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de participantes
con discapacidade intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación
Galega de Atletismo, así como o punto quilométrico exacto onde se van situar os guías das persoas
corredoras con discapacidade visual para facer a remuda.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde, para
o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal
Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse nesa
categoría.
A organización resérvase o dereito de incluír algunha categoría promocional durante a carreira, que
terá unha normativa especifica para a súa regulación.
Art. 11 – INSCRICIÓN E COTA
a) A través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23.59
horas do 5 de febreiro de 2023.
Cota e prazos de inscrición:
• Prazo ordinario: ata o domingo 29 de xaneiro: 18 €
• 2º prazo: desde o luns 30 de xaneiro ata o domingo 5 de febreiro: 30 €
• Prazo extraordinario: desde o luns 6 de febreiro ata o martes 7 de febreiro: 40 €
Ojo morado Inscrición presencial:
Os/ as atletas serán debidamente informados das datas e da localización
c) Bonificacións: 50 % para maiores de 65 anos, persoas usuarias do Carné Xove e persoas
desempregadas. O prazo para o envío de documentos por correo electrónico finaliza ás 23.59
horas do 29 de xaneiro do 2023, coincidindo coa fin do prazo ordinario de inscrición. Para
acreditar estas circunstancias é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá
realizada no momento que se marque a opción “solicito bonificación”, no formulario de
inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial; e enviarlle os documentos que se detallan
a continuación á Federación Galega de Atletismo mediante un correo electrónico a
info@carreirasgalegas.com:
• Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
• Persoas usuarias do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove.
• Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baias, expedido polo Servizo
Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia da tarxeta de desemprego.
Devolverase a tarifa de inscrición só no caso de lesión e /ou enfermidade, se se presenta un informe
médico, antes do día en que se realice a proba, na Federación Galega de Atletismo (avenida de
Glasgow, 13 (Edificio Federacións). 15008, A Coruña / info@carreirasgalegas.com).
O importe da devolución virá determinado pola data de presentación do informe médico:
• O 75 % da cota se se presenta antes da realización da proba, ata o 29 de xaneiro ás 23.59 h.
• O 50 % se se presenta despois desa data, ata o 5 de febreiro ás 23.59 h.
Se non se envía o devandito informe, non se realizará ningún reembolso. Para outros casos
xustificados, a organización avaliará se se devolve cota.
Art. 13 – ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
Os/ as atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización. Serán os días previos
ao desenvolvemento da proba (venres, sábado e domingo) os días nos que se poderán recoller os
dorsais. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.
Art. 14 – SAÍDA
Estableceranse caixóns de saída segundo os tempos indicados na inscrición.
Art. 15 – ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
WC PORTÁTILES: Estarán a disposición aseos portátiles localizados na zona de saída, na meta e
nos puntos de avituallamento do trazado de Coruña21.
DUCHAS: Especificarase debidamente a súa localización e horario.
GARDARROUPA: Especificarase a localización e horario do servizo de gardarroupa.
Art. 16 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Seguindo as normas da WA, instalaranse postos de auga a partir do quilómetro 5 e
aproximadamente cada 5 quilómetros. Para iso a organización publicará os horarios e localización
para os participantes interesados.
Toda a persoa participante que desexe utilizar un avituallamento propio deberá entregarllo á
organización ata unha hora antes da saída, debidamente pechado e marcado co seu número de
dorsal e punto quilométrico no que quere atopalo.
No caso de que a persoa participante queira que o seu avituallamento persoal se lle entregue en
man, é a súa responsabilidade designar e situar a unha persoa especificamente para esta función.
A dita persoa deberá estar acreditada pola organización.
Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da
carreira da persoa infractora.
Na liña de meta haberá un avituallamento líquido e sólido.
Ademais, haberá colectores suficientes para a recollida selectiva de residuos e que son de uso
obrigado, polo que as e os atletas que non os utilizaren, poderían ser descualificados.
Art. 17 – SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación
vixente.
SERVIZOS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todas as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes
segundo o Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do seguro
obrigatorio deportivo.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal
indicando os datos do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias,
enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e
contacto/s en caso de emerxencia.
Art. 18 – CONTROL ANTIDOPING
Será obrigatorio o control de dopaxe cando este sexa requirido pola Axencia Española de Protección
da Saúde no Deporte (AEPSAD) ou solicitado pola organización da proba ou outros organismos
competentes.
Art. 19 – CLASIFICACIÓNS
As clasificacións publicaranse unicamente en formato dixital, nas páxinas web da organización
destinadas para ese efecto
PREMIOS E TROFEOS
Art. 20 – PREMIOS ECONÓMICOS
Xeral:
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1.º 1500 € Realizar 1 h 05:00 ou menos Realizar 1 h 15:00 ou menos
2.º 1000 € Realizar 1 h 05:00 ou menos Realizar 1 h 15:00 ou menos
3.º 750 € Realizar 1 h 05:00 ou menos Realizar 1 h 15:00 ou menos
4.º 500 € Realizar 1 h 05:00 ou menos Realizar 1 h 15:00 ou menos
5.º 350 € Realizar 1 h 05:00 ou menos Realizar 1 h 15:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.
Atletas con nacionalidade española (premio non acumulable) (1):
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º Español/a 600 € Realizar 1 h 08:00 ou menos Realizar 1 h 18:00 ou menos
2º Español/a 400 € Realizar 1 h 08:00 ou menos Realizar 1 h 18:00 ou menos
3º Español/a 200 € Realizar 1 h 08:00 ou menos Realizar 1 h 18:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.
(1) Considerarase atleta de nacionalidade española quen presente o correspondente DNI.
Atletas galegas/os (premio non acumulable) (2):
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º Galego/a 600 € Realizar 1 h 10:00 ou menos Realizar 1 h 20:00 ou menos
2º Galego/a 400 € Realizar 1 h 10:00 ou menos Realizar 1 h 20:00 ou menos
3º Galego/a 200 € Realizar 1 h 10:00 ou menos Realizar 1 h 20:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.
(2) Consideraranse atletas galegos/as os/as empadroados/as ou nados nalgún Concello de Galicia. Para poder recibir
o premio, os/as atletas galegos/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou
documentación que acredite o lugar de nacemento ao enderezo de correo electrónico secretaria@atletismo.gal
Atletas coruñesa/és (premio non acumulable) (3):
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º Coruñés/a 300 € Realizar 1 h 15:00 ou menos Realizar 1 h 30:00 ou menos
2º Coruñés/a 200 € Realizar 1 h 15:00 ou menos Realizar 1 h 30:00 ou menos
3º Coruñés/a 150 € Realizar 1 h 15:00 ou menos Realizar 1 h 30:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.
(3) Consideraranse atletas coruñeses/as os/as empadroados/as ou nados no Concello da Coruña. Para poder recibir o
premio, os/as atletas coruñeses/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou documentación
que acredite o lugar de nacemento ao enderezo de correo electrónico secretaria@atletismo.gal
PREMIO ESPECIAL RÉCORD DA PROBA (premio acumulable):
A/o atleta que gane a carreira e que bata o récord da proba tanto na categoría masculina (1 h 02’
30’’) como na feminina (1 h 11’ 16’’) obterá un premio de 1000 euros.
Os premios en metálico non serán acumulativos, con excepción do récord da proba. No caso de
duplicidade, aboarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios, será necesario xustificar
documentalmente o ano de nacemento das persoas participantes por medio do DNI as españolas,
ou do documento legal en vigor (pasaporte) as estranxeiras. Todos os premios estarán suxeitos ás
retencións legais vixentes.
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquera posible reclamación,
a organización resérvase a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns seguinte
á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos
quedarán retidos ata a súa resolución oficial.
Art. 21 – ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas
clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 10.
Informarase do horario da entrega de trofeos a través da web oficial
www.coruna.gal/carreraspopulares.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola
megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha
das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non
se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non
está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar
esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo
de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado,
entenderase que renuncian a el.
RESPONSABILIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
Art. 22 – RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puideren causar ou causarse as persoas
participantes por imprudencias ou descoidos delas mesmas.
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realiza o oportuno recoñecemento
médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización
da dita responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de accidentes e responsabilidade civil que cubrirá os incidentes
inherentes á proba.
Art. 23 – LOPD
Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, a persoa
participante consinte expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Concello da Coruña e
a Federación Galega de Atletismo para comunicacións sobre as súas actividades.
En todo o caso, de conformidade co establecido polo artigo 5 da LOPD, infórmase de que os
datos de carácter persoal declarados pasarán a formar parte de:
a) O ficheiro denominado INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, do que o responsable do tratamento será o
Concello da Coruña, dos que as finalidades e usos previstos serán os seguintes: xestión centralizada
das instalacións deportivas municipais, das actividades impartidas nelas e do uso de instalacións.
Todas as persoas participantes ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou Internet. Autorízase a tomar imaxes sempre que se
utilicen para a promoción e difusión das ditas actividades, así como a utilización do móbil e correo
electrónico como forma de aviso e comunicación por parte do Servizo Municipal de Deportes. Os
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados neste
ficheiro poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (praza de María Pita, 1) nos
termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da LOPD.
Ojo morado O ficheiro denominado ATLETAS, do que o responsable do tratamento será a Federación Galega de
Atletismo, ten como finalidade a relación das e dos atletas federados en competicións oficiais,
elaboración da clasificación e estatísticas.
Esta proba pertence ao calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e da Real Federación
Española de Atletismo e, mediante a súa inscrición, as persoas corredoras consenten expresamente
que os seus datos básicos (nome, apelidos, NIF / NIE / pasaporte, data de nacemento, sexo e código
postal de residencia) lle sexan enviados á Real Federación Española de Atletismo para xestionar as
licenzas de día, resultados e clasificación. A posesión da licenza garante que a persoa corredora
participa cuberta por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados neste
ficheiro poderanse exercer ante a Federación Galega de Atletismo (avda. Glasgow s/n. Complexo
Deportivo de Elviña), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da LOPD.
Art. 24 – COMPROMISO
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
CONSIDERACIÓN FINAL
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o
considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
En todo caso, e por interese deportivo, a organización resérvase o dereito de convidar a atletas
concretos, mulleres ou homes con marcas ou traxectoria deportiva que poidan aumentar a calidade
da carreira.
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA, WA e ICP.
A inscrición para a participación na proba presupón a aceptación deste Regulamento e a expresa
renuncia a calquera reclamación futura por mor das modificacións regulamentarias que poidan
acontecer.
Art. 1 – DATA
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 12 de febreiro de 2023
na Coruña o 5K da Coruña21, cunha distancia de 5.000 metros.
A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA, disputarase a través dun circuíto
totalmente urbano incluído no circuíto do Medio Maratón.
Art. 2 – HORARIO
A proba comezará ás 10.05 a.m. e a liña de saída estará situada á altura do Obelisco, no Cantón
Grande.
Art. 3 – CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 5.000 metros e transcorrerá sobre asfalto na súa
totalidade. A ruta estará debidamente sinalizada. A carreira realizarase unicamente pola vía de
tráfico rodado en todo o seu percorrido, sen empregar ningún espazo peonil. Está prohibido usar
como zonas de carreira as beirarrúas, glorietas, áreas axardinadas etc., agás as zonas peonís
sinalizadas como circuíto.
Incumprir esta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das
persoas infractoras.
A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
ART. 4 – CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
Art. 5 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces e da RFEA. Todas as
reclamacións deberánselle facer verbalmente á xuíza ou xuíz árbitro da proba ata 30 minutos
despois da publicación dos resultados.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips.
Art. 6 – UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira e
deben colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen obstrucións e sen
manipulalo, e así deben levarse durante toda a proba.
Os dorsais contarán cun código QR a través do que as persoas que cheguen a meta (finishers)
poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste dispositivo.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou que corran sen dorsal
e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas
regulamentariamente inscritas. Non se permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente
INFORMACIÓN XERAL
a outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa
o oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A
organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
Art. 7 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais sen axudas
materiais de ningún tipo, coa única excepción das persoas corredoras en cadeira de rodas
debidamente rexistradas e que cumpran as normas do World Para Athletics. Calquera dúbida a
respecto diso deberá consultarse coa organización antes de facer a inscrición a través do correo
electrónico secretaria@atletismo.gal.
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar,
avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento, coa única excepción dos carros de running*. Tampouco
está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.
*A participación con carro de running deberá estar xustificada unicamente para levar unha
persoa con discapacidade motora grave (que non lle permita á persoa con discapacidade
trasladarse polos seus propios medios físicos), entendendo nestes casos como participante
sempre a persoa que empurra o carro (dentro da categoría que lle corresponda), e non a
persoa que vai no carro.
Igualmente, será obrigatorio acreditar a discapacidade da persoa que vai no carro, enviando
copia da tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de xeito que quede acreditado
o envío, ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal. A inscrición desta persoa, que irá
con dorsal sen chip, será gratuíta. Para iso deberán contactar coa organización a través do
correo electrónico secretaria@atletismo.gal.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa participante.
Art. 8 – DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba á ou ao atleta que manifeste
un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, ás e aos
corredores que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos
médicos ou membros da organización debidamente identificados.
As ou os xuíces da proba terán a facultade de descualificar á persoa infractora que non leve visible
o seu dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á organización
con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou incumpra
calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA e WA.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
Art. 9 – PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
40 minutos despois de súa saída.
CATEGORÍAS E INSCRICIÓN
Art. 10 - CATEGORÍAS
- Sub 20, nadas/os en 2004 e 2005
- Sub 23, nadas/os en 2001, 2002 e 2003
- Sénior, nadas/os desde 2000 ata a categoría Máster
- Máster 1: De 35 a 44 anos cumpridos no día da proba
- Máster 2: De 45 a 54 anos cumpridos no día da proba
- Máster 3: De 55 a 64 anos cumpridos no día da proba
- Máster 4: A partir de 65 anos cumpridos no día da proba
- Atletas con discapacidade*: nadas/os en 2004 e anos anteriores
*Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden
á impulsión destas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido
á roda.
Ojo morado Persoa con discapacidade visual
C) Persoa con discapacidade intelectual
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan
entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa
xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta
acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico secretaria@atletismo.gal
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que
necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo de
1 guía para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de participantes
con discapacidade intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación
Galega de Atletismo.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde, para
o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal
A organización resérvase o dereito de incluír algunha categoría promocional durante a carreira, que
terá unha normativa especifica para a súa regulación.
Art. 11 – INSCRICIÓN E COTA
a) A través da pasarela de pagamento inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23.59
horas do 5 de febreiro de 2023.
Cota e prazos de inscrición:
• Prazo ordinario: ata o domingo 5 de febreiro: 3 €
Ojo morado Inscrición presencial:
Os/ as atletas serán debidamente informados das datas e da localización
Devolverase a tarifa de inscrición só no caso de lesión e /ou enfermidade, se se presenta un informe
médico, antes do día en que se realice a proba, na Federación Galega de Atletismo (avenida de
Glasgow, 13 (Edificio Federacións). 15008, A Coruña / info@carreirasgalegas.com).
Se non se envía o antedito informe, non se realizará ningún reembolso. Para outros casos
xustificados, a organización avaliará se se devolve cota.
Art. 12 – ENTREGA DE DORSAIS
Os/ as atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización. Serán os días previos
ao desenvolvemento da proba (venres, sábado e domingo) os días nos que se poderán recoller os
dorsais. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.
Art. 13 – SAÍDA
Estableceranse caixóns de saída segundo os tempos indicados na inscrición.
Art. 14 – ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
WC PORTÁTILES: Estarán á disposición dos participantes aseos portátiles localizados na zona de
saída e meta.
DUCHAS: Especificarase debidamente a súa localización e horario.
GARDARROUPA: Especificarase a súa localización e horario.
Art. 15 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Na liña de meta haberá un avituallamento líquido e sólido.
Ademais, haberá colectores suficientes para a recollida selectiva de residuos e que son de uso
obrigado, polo que as e os atletas que non os utilizaren, poderían ser descualificados.
Art. 16 – SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación
vixente.
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todas as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes
segundo o Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do seguro
obrigatorio deportivo.
SERVIZOS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal
indicando os datos do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias,
enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e
contacto/s en caso de emerxencia.
Art. 17 – CLASIFICACIÓNS
As clasificacións publicaranse unicamente en formato dixital, nas páxinas web da organización
destinadas para ese efecto.
TROFEOS
Art. 18 – ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas
clasificadas da categoría absoluta.
Informarase do horario da entrega de trofeos a través da web oficial
www.coruna.gal/carreraspopulares.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola
megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha
das categorías (masculina e feminina).
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non
se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non
está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar
esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo
de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado,
entenderase que renuncian a el.
CARREIRAS DE MENORES
Art. 19 - INSCRICIÓNS
As inscricións (gratuítas) realizaranse a través do formulario da páxina web da Federación Galega de
Atletismo (www.carreirasgalegas.com).
Non se admitirá ningún/ha corredor/a sen estar inscrito/a e sen o dorsal correspondente co chip
incorporado.
Art. 20 - CATEGORÍAS, HORARIOS E DISTANCIAS
CATEGORÍA HORARIO* DISTANCIA
Sub 18 (nadas/os nos anos 2006/2007) 12.30 2.500 m aprox.
Sub 16 (nadas/os nos anos 2008/2009) 12.30 2.500 m aprox.
Sub 14 feminino (nadas nos anos 2010/2011) 12.45 1.500 m aprox.
Sub 14 masculino (nados nos anos 2010/2011) 12.45 1.500 m aprox.
Sub 12 feminino (nada nos anos 2012/2013) 13.00 800 m aprox.
Sub 12 masculino (nados nos anos 2012/2013) 13.10 800 m aprox.
Sub 10 feminino (nadas nos anos 2014/2015) 13.20 800 m aprox.
Sub 10 masculino (nadas/os nos anos 2014/2015) 13.30 800 m aprox.
Peques (nadas/os nos anos 2016 e posteriores) 13.40 150 m aprox.
*Os horarios son aproximados, dependendo do volume de participantes de cada categoría.
A organización pode facer variar carreiras en cada idade.
Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade, que poderán
participar na categoría de menores que lles corresponda. No caso de necesitar algún tipo de adaptación
na distancia a percorrer deben solicitalo por medio do correo electrónico secretaria@atletismo.gal.:
A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á
impulsión das mesmas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda.
Non se permite handbike.
Ojo morado Discapacidades visuais
C) Discapacidades intelectuais
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan
entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral
de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta
acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico secretaria@atletismo.gal.
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que
necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un guía para os e
as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade
intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde, para o
que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal.
Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse nesa
categoría.
Art. 21 - ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
Informarase ás persoas inscritas da hora de recollida de dorsais e camisetas. Entregaranse o venres e
sábado previos á proba, e excepcionalmente o día da competición.
A organización non pode garantir o talle, xa que o pedido de camisetas realízase con anterioridade ao
peche de inscricións.
Art. 22 – MEDALLAS
Esta carreira é unicamente participativa e non competitiva. Todas as persoas participantes nesta
categoría recibirán unha medalla.
Art. 23 – CATEGORÍA PEQUES
Informarase da organización dos peques no momento oportuno.
Art. 24 – RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas participantes por
imprudencias ou descoidos delas mesmas.
O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento médico
que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime á organización da devandita
responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá os incidentes
inherentes á proba.
Art. 25 – LOPD
Todas as persoas corredoras, ao realizar a inscrición, aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o/a participante consente
expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Concello da Coruña e a Federación Galega de
Atletismo para comunicacións sobre as súas actividades.
En todo caso, de conformidade co establecido polo artigo 5 da LOPD, infórmase de que os datos de
carácter persoal declarados pasarán a formar parte de:
RESPONSABILIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
a) O ficheiro denominado INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, do que o responsable do tratamento será o
Concello da Coruña, dos que as finalidades e usos previstos serán os seguintes: xestión
centralizada das instalacións deportivas municipais, das actividades impartidas nelas e do uso de
instalacións. Todas as persoas participantes ao realizaren a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Autorízase a tomar imaxes
sempre que se utilicen para a promoción e difusión das anteditas actividades, así como á
utilización do móbil e correo electrónico como forma de aviso e comunicación por parte do Servizo
Municipal de Deportes. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos
persoais rexistrados neste ficheiro poderanse exercer ante Rexistro Xeral do Concello da Coruña
(Pza. María Pita, 1) nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da LOPD.
Ojo morado O ficheiro denominado ATLETAS, do que o responsable do tratamento será a Federación Galega
de Atletismo, e cuxa finalidade será a relación de atletas federados/as na competicións oficiais,
elaboración de clasificación e estatísticas.
Esta proba pertence ao calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e da Real Federación
Española de Atletismo e mediante a súa inscrición, as persoas corredoras consenten
expresamente que os seus datos básicos (nome, apelidos, NIF/ NIE/pasaporte, data de
nacemento, sexo e código postal de residencia), sexan enviados á Real Federación Española de
Atletismo para a xestión das licenzas de día, resultados e clasificación. A posesión da licenza
garante que o/a corredor/a participa cuberto/a por un seguro de responsabilidade civil e de
accidentes.
Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados neste
ficheiro poderanse exercer ante a Federación Galega de Atletismo (avda. Glasgow s/n. Complexo
Deportivo de Elviña), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da LOPD.
Art. 26 – COMPROMISO