Calendario
Info da proba

Cangas

04/12/2022 12:00 - 13:30
Regulamento XLVII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS
Memorial Pepe Cordeiro
REGULAMENTO
1. O Club Atletismo Vila de Cangas e a Concellaría de Deportes do Ilmo. Concello de Cangas,
organizan o XLVII TROFEO DE PEDESTRISMO - Memorial Pepe Cordeiro, que terá lugar o
domingo, día 4 de decembro de 2022.
2. As CATEGORÍAS e HORARIOS das carreiras é o seguinte:
- Minibenxamín (2015 e anteriores)
- Sub-10 (2013-14)
- Sub-12 (2011-12)
- Sub-14 (2009-10)
- Sub-16 (2007-2008)
- ABSOLUTA: a partir do ano 2005 en adiante
CIRCUITO URBAN DA ALAMEDA VELLA
- 10.00 h: SUB-10 …………………….……………..……..................................………………… 500 m.
- 10.15 h: SUB-12 …………………………………………..………….............................……… 1.000 m.
- 10.30 h: SUB-14 ………………………………….………….……..................…....………..…… 1.500 m.
- 10.45 h: MINIBENXAMÍNS ………………………………………...…....................……..……. 250 m.
- 11.00 h: SUB-16 MULLERES …………………………………………..…........................…. 2.000 m.
- 11.00 h: SUB-16 HOMES …………………………………...........................……….......… 3.000 m.
- 11.30 h: ENTREGA TROFEOS (minibenxamíns, sub-10, sub-12, sub-14 e sub-16)
CIRCUITO URBAN DE CANGAS
- 12:00 h: CATEGORIA ABSOLUTA (homes e mulleres):
 SENIOR: do ano 1999 ata o 1987
 MASTER A: do ano 1986 ata o 1973  MASTER B: do ano 1972 ata ……….
Saída: Praza Abastos / Meta: Praza Abastos ......... 10.000 m.
- 13.15 h: ENTREGA TROFEOS Carreira Popular
3. INSCRICIÓNS:
- Tódalas inscricións, incluídas as dos menores, formalizaranse na web: www.championchipnorte.com
- O prazo de inscrición rematará ás 23:59 h. do día 29-11-2022
- Os participantes da categoría ABSOLUTA deben pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO
SEGURO POR INTERNET, cun custe de 10 € (inclúe regalo de camiseta). Non se admitirán inscricións
fora das datas previstas para elo.
- No resto de categorías, a inscrición é gratuíta (minibenxamíns, sub-10, sub-12, sub-14 e sub-16).
Coa entrega do dorsal pódese colaborar coa APORTACION de alimentos/bebidas non perecedeiros e
deste modo colaborar coa organización CARITAS.
4. A organización habilitará un servizo de duchas na nave de deportes nauticos.
5. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización, quedando ven visible a súa
publicidade.
6. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da
carreira, non levar dorsal ou manipular este e falsificar datos persoais.
7. Otorgaranse trofeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías, e asimesmo entregaranse
medallas nas categorías minibenxamín / sub-10 / sub-12 / sub-14 / sub-16.
8. Na categoría de veteráns, haberá unha soa categoría, a excepción de que compitan máis de 20 atletas
en cada unha delas; nese caso, na entrega de trofeos, desdobraranse en dúas categorías: A+B
9. Os dorsais deberán ser recollidos nos puntos establecidos pola organización, aló menos 45’ antes do
inicio da proba:
- CARREIRAS MENORES: Praza de Abastos de Cangas
10. CARREIRAS ABSOLUTAS: Praza de Abastos de Cangas
11. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento.
12. A Concellaría de Deportes do Concello de Cangas, o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus
colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan
corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade.
13. A inscripción neste XLVII Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do
perceptuado no presente Regulamento.
14. SORTEO PREMIOS.-
Vanse facer sorteos de agasallos cedidos por diversos patrocinadores, os mesmos
anunciaranse polas canles oficiais da Carreira.
15. Polo o solo feito de inscribirse, o participante declara o seguinte . “Atópome en estado de saúde
óptimo para participar no Trofeo de Pedestrismo Concello de Cangas. Durante o desenrolo da
competición contribuirei no posible coa Organización para evitar accidentes persoais. Autorizo ademais
a que a Organización faga uso publicitario de fotos, vídeo e calquera outro tipo de material audiovisual
no que poida figurar, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de
comunicación e/ou internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este
concepto”.