Calendario
Info da proba

Vedra

05/02/2023 9:00 - 16:00
Regulamento REGULAMENTO E PROGRAMA
VI TRAIL A CAMELIA E IV ANDAINA 2023

1.- ORGANIZACION E TIPO DE PROBA
1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Vedra, organiza o VI
Trail A Camelia 2023, que se celebrará o vindeiro domingo, día 5 de febreiro do 2023,
con saída e chegada a Vedra (Pavillón de Deportes).
1.2.- Tipos de probas.
TRAIL: Modalidade competitiva cunha distancia de 14 km.
⎼ Desnivel positivo aproximado de 370m e un desnivel acumulado de 740m.
⎼ Dificultade física: media.
⎼ Dificultade técnica: baixa.
⎼ 1 Avituallamento (líquido+sólido).
ANDAINA: Modalidade non competitiva con unha distancia de 14 km (mesmo trazado
do Trail).
⎼ Dificultade física: media.
⎼ Dificultade técnica: baixa.
⎼ 1 Avituallamento (líquido+sólido).
Primeiro darase a saída do Trail ás 11.00 horas, desde o Pavillón Polideportivo de
Vedra, e a continuación sairá a Andaina detrás. Estas probas discorren polo mesmo
trazado, coincidindo este cos 11 kms últimos da Maratón.

2.- PERCORRIDO
O itinerario percorre os montes e camiños do Concello de Vedra, sendas cheas de
historia, lendas e tradicións, moldeadas pola forza da natureza. Tamén haberá tramos
de asfalto, tanto na saída como na chegada, así como enlaces entre distintas zonas.

3.- PROGRAMA
Domingo 5 de febreiro 2023
09:00 – Comenzo entrega de dorsais Trail e Andaina.
(Pavillón Polideportivo de Vedra, Zona de meta)
10:45 – Fin da entrega de dorsais para o Trail e Andaina.
11:00 – Saída Trail e Andaina desde o Pavillón Polideportivo de Vedra.
12:00 – Chegada prevista de primeiros/as participantes do Trail.
14:30 – Cerimonia de entrega de premios.
16:00 – Peche de meta e clausura da proba.

4.- PARTICIPACIÓN
4.1.- Cada participante deberá ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que
pode desenvolverse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal deberá
prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de
carreiras de montaña. A realización da inscrición implica que os/as corredores/as
leron, entenderon e aceptan as condicións do presente regulamento e participan baixo
a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes
para a realización da proba.
4.2.- O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cor vivo,
pintura, carteis indicadores ou outros elementos de sinalización. É responsabilidade de
cada participante localizar a sinalización e seguila.
4.3.- Os tramos que discorran por estradas, non estarán cortados ao tráfico rodado,
debendo os participantes respetar as normas de tráfico e indicacións da organización.
4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis
regulamentarios establecidos.
4.5.- A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o
aconsellan.
4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza (Rede Natura
2000, Ruta do Pereiro-Sales), polo que non debemos ensucialos nin deterioralos,
tirando desperdicios fóra das áreas de control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.
4.7.- O/A participante presta o seu consentimento á organización do VI Trail A Camelia
2023, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de
toda as formas posibles. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización
expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o Club de Montaña Vértice a
través do seu e-mail: cdmvertice@gmail.com
A organización garantirá o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección
de Datos de Carácter Persoal, e de acordo co disposto en dita lei, o firmante queda
informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais
aos ficheiros automatizados da organización e ao tratamento dos mesmos para a súa
utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades
propias da mesma. O/A participante poderá exercer os dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido ao Club de Montaña
Vértice a través do seu e-mail: cdmvertice@gmail.com

5.- INSCRICIÓN
5.1.- A proba está aberta a calquera deportista con idade mínima de 18 anos
(cumpridos o día da proba) ou 16 anos con autorización firmada por pai/nai/titor legal.
O límite de participantes será:
⎼ Trail: 150 prazas
⎼ Andaina: 200 prazas
Se antes da data de peche das inscricións martes, día 31 de xaneiro de 2023, se
chegara a dito número, non se admitirán máis participantes.
5.2.- As inscricións poderanse formalizar a partir do domingo, día 20 de novembro de
2022, a través da páxina web http://galitiming.com/inscripciones-on-line.html
cubrindo o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria
correspondente.
O prezo das inscricións serán do:
Trail:
⎼ desde o 20/11/2022 ata o 18/12/2022 (ata as 23:59 h): 12€
⎼ desde o 19/12/2022 ata o 22/01/2023 (ata as 23:59 h): 15€
⎼ desde o 23/01/2023 ata o 31/01/2023 (ata as 23:59 h.): 18€
Andaina:
- desde o 20/11/2022 ata o 31/01/2023 (ata as 23:59 h): 8€
Unha vez realizada a inscrición, só se accederá á devolución do importe en caso de
lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico
mediante correo electrónico á seguinte e-mail: cdmvertice@gmail.com
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste regulamento e a
renuncia a todos os dereitos contra a organización, renunciando a toda acción legal
que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún
concepto, poderá ser utilizada por outra persoa diferente á inscrita.
5.3.- Para a correcta recollida do dorsal deportivo. O dorsal debe ser recollido
presentando á organización un documento de identificación: DNI ou permiso de
conducir, NIE, pasaporte.

6.- CATEGORÍAS E PREMIOS
Trail:
⎼ Categoría absoluta masculina e feminina.
⎼ Veteranos (+45) masculina e feminina.
⎼ Trofeos os/as tres primeiros/as de cada unha das categorías (non
acumulables).

7.- AVITUALLAMENTOS
Como apoio, a organización poñerá á disposición dos participantes os seguintes
avituallamentos líquidos e sólidos:
⎼ Trail e Andaina - Km. 7 – Capela de Sta. Isabel – Líquido + sólido

8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
Motivos de descalificación:
⎼ Non pasar polos puntos de control establecidos.
⎼ Non realizar o precorrido completo.
⎼ Non respetar o itinerario balizado ou a sinalización do precorrido.
⎼ Entrar na meta sen dorsal.
⎼ Deixar lixo (envases, envoltorios ou calquera outro desperdicio), fóra das zonas
de avituallamentos e control).
⎼ Non prestar auxilio a outro/a corredor/a que o necesite.
⎼ Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.

9.- RETIRADA E ABANDONOS
9.1.- Calquera corredor/a poderá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo
ao control máis próximo ou o persoal da organización e entregando o dorsal. Se por
caso de accidente ou lesión o/a corredor/a queda inmobilizado e non pode chegar ata
un punto de control, terá que avisar o/a corredor/a máis cercano/a ou esperar ao
vehículo escoba. Existirá un número de teléfono para emerxencias.
9.2.- A organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, aos participantes
que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio,
etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas
condicións físicas para continuar en carreira.
9.3.- Os/as participantes están obrigados/as a prestar auxilio aos accidentados/as ou
a aqueles que o requiran.

10.- ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase a partir das 14.30 horas, acompañado dun pincho final.

11.- OUTRA INFORMACIÓN
11.1.- A organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén poñerá a
disposición dos/as participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo
Municipal (zona de chegada).
11.2.- Coordenadas GPS:
⎼ Meta/Recollida de dorsal: 42º46’23.4”N 8º28’59.8”O
⎼ Saída Trail/Andaina: 42º46’23.4”N 8º28’59.8”O
11.3.- Todos/as os/as participantes oficialmente inscritos/as estarán cubertos por
unha póliza de seguros concertada pola organización, que cubrirá os accidentes que
se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba e nunca como
derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e
do articulado deste regulamento, así como os producidos nos desprazamentos ou
desde o lugar en que se desenvolva a carreira.
11.4.- A organización reservarase o dereito de admisión nesta proba.

REGULAMENTO E PROGRAMA
VII MARATÓN POR MONTAÑA A CAMELIA 2023

1.- ORGANIZACIÓN E TIPO DE PROBA
1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Vedra, organiza o VII
Maratón por Montaña A Camelia 2023, que se celebrará o vindeiro domingo, día 5 de
Febreiro do 2023, con saída da Área recreativa de Agronovo e chegada a Vedra
(Pavillón de Deportes).
1.2.- Tipo de proba
MARATÓN: Modalidade competitiva non federada, cunha distancia de 42 kms.
⎼ Desnivel positivo aproximado de 1.900m e desnivel acumulado de 3.700m.
⎼ Dificultade física: alta.
⎼ Dificultade técnica: media.
⎼ 4 avituallamentos (líquido + sólido) + avitullamento en meta.
MARATÓN POR RELEVOS: Modalidade competitiva por parellas de dous tramos.
Primeiro relevo:
⎼ Distancia: 20,5 kms.
⎼ Desnivel positivo aproximado de 1.250m e desnivel acumulado de 2.300m.
⎼ Dificultade física: alta.
⎼ Dificultade técnica: media.
⎼ 1 avituallamento en carreira (km 9,5)+ avituallamento fin de relevo.
Segundo relevo:
⎼ Distancia: 21,5 kms.
⎼ Desnivel positivo aproximado de 930m e desnivel acumulado de 1.960m.
⎼ Dificultade física: media.
⎼ Dificultade técnica: baixa.
⎼ 2 avituallamentos en carreira (km 7,5 e km 14,5 do relevo) + avituallamento en
meta.
A saída será conxunta para as dúas modalidades (corredores/as da Maratón e
primeiros/as por relevos). A persoa participante que sobrepase o tempo límite, 7 horas
dende a saída, ou supere as 3 horas e 30 minutos no punto de relevo (km 20,5), deberá
abandonar a proba de forma obrigatoria ou ben quedará excluído da proba, pasando
baixo a súa propia responsabilidade a ser un/unha usuario/a normal das vías públicas,
se decidiese continuar o precorrido ata rematar. A saída será as 09:00 horas,
trasladándose os/as participantes en autobús dende o Pavillón Polideportivo de Vedra
as 08:30 horas.

2.- PERCORRIDO
2.1.- O itinerario percorre os montes e camiños de gran parte do Concello de Vedra,
adentrándose tamé, nos concellos de A Estrada, Boqueixón e Teo. Sendas cheas de
historia, lendas e tradicións, moldeadas pola forza da natureza. Tamén haberá tramos
de asfalto, tanto na saída como na chegada, así como enlaces entre distintas zonas da
maratón:
⎼ Elevación máxima: 523m.
⎼ Elevación mínima: 42m.
⎼ Pendente máxima de subida: 41%
⎼ Pendente máxima de baixada: 38%
⎼ Distancia de asfalto acumulada: 3 km.

3.- PROGRAMA
Domingo 5 de febreiro 2023
07:30 – Apertura da dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais.
(Pavillón Polideportivo de Vedra- Zona de meta).
08:30 – Fin da entrega de dorsais para a Maratón.
Inicio de transporte (autobuses) de participantes na Maratón.
09:00 – Saída da Maratón.
12:30 – Corte horario da Maratón no Km 20,5.
13:15 – Chegada prevista de primeiros/as participantes da maratón.
14:30 – Cerimonia de entrega de premios.
16:00 – Peche de meta e clausura da proba.

4.- PARTICIPACIÓN
4.1.- Cada participante deberá ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que
pode desenvolverse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal deberá
prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de
carreiras de montaña. A realización da inscrición implica que os/as corredores/as
leron, entenderon e aceptan as condicións do presente regulamento e participan baixo
a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes
para a realización da proba.
Material recomendado (tendo en conta a climatoloxía do mes de febreiro):
⎼ Chuvasqueiro ou cortaventos.
⎼ Teléfono móbil con carga suficiente.
⎼ Reserva de auga de 1⁄2 litro.
⎼ Obrigatorio vaso ou recipiente similar para participantes maratón (non se
repartirán vasos nos avituallamentos).
4.2.- O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cor vivo,
pintura, carteis indicadores ou outros elementos de sinalización. É responsabilidade de
cada participante localizar a sinalización e seguila.
4.3.- Os tramos que discorran por estradas non estarán cortados ao tráfico rodado,
debendo as persoas participantes respetar as normas de tráfico e indicacións da
organización. Importante prestar atención ao cruce da N-525, onde haberá unha
persoa da organización xestionando ese punto (Km 29,700).
Coordenadas: 42º47’00.2”N, 8º26’09.2”O
4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis
regulamentarios establecidos.
4.5.- A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o
aconsellan.
4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza (Rede Natura
2000, Vía da Prata, Camiño Miñoto/Ribeiro), polo que non debemos ensucialos nin
deterioralos, tirando desperdicios fóra das áreas de control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.
4.7.- O/A participante presta o seu consentimento á organización do VII Maratón por
Montaña A Camelia 2023, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e
difusión da proba, de toda as formas posibles. Calquera persoa inscrita poderá prohibir
a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o Club de Montaña
Vértice a través do seu e-mail: cdmvertice@gmail.com
A organización garantirá o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección
de Datos de Carácter Persoal, e de acordo co disposto en dita lei, o firmante queda
informado e presta seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais
aos ficheiros automatizados da organización e ao tratamento dos mesmos para a súa
utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades
propias da mesma. A persoa participante poderá exercer os dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido ao Club de Montaña
Vértice a través do seu e-mail: cdmvertice@gmail.com

5.- INSCRICIÓN
5.1.- A proba está aberta a calquera deportista con idade mínima de 18 anos
(cumpridos o día da proba). O límite de participantes será de 100 prazas individuais e
un máximo de 50 prazas por parellas para correr en relevos, con un total de 200
participantes.
5.2.- As inscricións poderanse formalizar a partir do domingo, día 20 de novembro de
2022, a través da páxina web http://galitiming.com/inscripciones-on-line.html
rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria
correspondente.
O prezo das inscricións para a Maratón serán:
⎼ desde o 20/11/2022 ata o 18/12/2022 (ata as 23:59 h): 25€
⎼ desde o 19/12/2022 ata o 22/01/2023 (ata as 23:59 h): 30€
⎼ desde 23/01/2023 ata o 31/01/2023 (ata as 23:59 h): 35€
O prezo das inscricións para a Maratón por relevos serán (prezo por parella):
⎼ desde o 20/11/2022 ata o 18/12/2022 (ata as 23:59 h): 30€
⎼ desde o 19/12/2022 ata o 22/01/2023 (ata as 23:59 h): 35€
⎼ desde o 23/01/2023 ata o 31/01/2023 (ata as 23:59 h.): 40€
Se antes da data de peche das inscricións martes, día 31 de xaneiro de 2023, se
chegara a dito número, non se admitirán máis participantes. Unha vez realizada a
inscrición, só se accederá á devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade,
sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico ao
seguinte e-mail: cdmvertice@gmail.com
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste regulamento e a
renuncia de todos os dereitos contra a organización, renunciando a toda acción legal
que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún
concepto, poderá ser utilizada por outra persoa diferente á inscrita.
5.3.- Para a correcta recollida do dorsal deportivo. O dorsal debe ser recollido
presentando á organización un documento de identificación: DNI ou permiso de
conducir, NIE, pasaporte.

6.- CATEGORÍAS E PREMIOS
Maratón
– Trofeos aos tres primeiros/as de cada unha das categorías (non acumulables):
⎼ Categoría absoluta masculina e feminina.
⎼ Veteranos (+45) masculina e feminina.
⎼ Clasificación por relevos mixtos (tres primeiras parellas).
⎼ Clasificación por relevos femininos (tres primeiras parellas).
⎼ Clasificación por relevos masculinos (tres primeiras parellas).

7.- AVITUALLAMENTOS
Como apoio, a organización poñerá á disposición dos/as participantes os seguintes
avituallamentos líquidos e sólidos:
⎼ Km. 9,5 – Capela de Gundián.
⎼ Km. 20,5 – Túnel do ave.
⎼ Km. 29 – Socastro.
⎼ Km. 36 – Capela de Santa Isabel.

8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
Motivos de descalificación:
⎼ Non pasar polos puntos de control establecidos.
⎼ Non realizar o precorrido completo.
⎼ Non respetar o itinerario balizado ou a sinalización do precorrido.
⎼ Entrar na meta sen dorsal.
⎼ Deixar lixo (envases, envoltorios ou calquer outro desperdicio), fóra das zonas
de avituallamentos e control).
⎼ Non prestar auxilio a outro/a corredor/a que o necesite.
⎼ Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.

9.- RETIRADA E ABANDONOS
9.1.- Calquera corredor/a poderá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo
ao control máis próximo ou o persoal da organización e entregando o dorsal.
Se por caso de accidente ou lesión o/a corredor/a queda inmobilizado e non pode
chegar ata un punto de control, terá que avisar ao corredor/a máis cercano/a ou
esperar ao vehículo escoba. Existirá un no de teléfono para emerxencias.
9.2.- A organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, aos participantes
que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio,
etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas
condicións físicas para continuar en carreira.
9.3.- Os/as participantes están obrigados/as a prestar auxilio aos accidentados/as ou
a aqueles que o requiran.

10.- ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase a partir das 14.30 horas, acompañado dun pincho final.

11.- OUTRA INFORMACIÓN
11.1.- A organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén poñerá a
disposición dos/as participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo
Municipal (zona de chegada).
11.2.- Coordenadas GPS:
⎼ Meta/Recollida de dorsal: 42º46’23.4”N 8º28’59.8”O
⎼ Saída Maratón: 42º45’17.7”N 8º24’30.4”O
11.3.- Todos/as os/as participantes oficialmente inscritos/as estarán cubertos/as por