Calendario
Info da proba

Vilatuxe

03/06/2023 7:00 - 19:00
Regulamento 1- DESCRIPCIÓN PROBAS
1.1 As carreiras Ultra Trail, Trail Longo, Trail Curto, Trail 12 K, Pequetrail e Andaina celebraranse o día 3
de xuño de 2023 con saída e chegada dende a praia fluvial do Pozo do Boi de Vilatuxe, e rexeranse
polo presente regulamento.
1.2 O Ultra Trail Desafío Serra do Candán: darase a saída as 7:00 horas; terá un percorrido aproximado
de 64 km e discorrerá por montes das parroquias de Vilatuxe, Zobra, Vilariño e Carballeda,
acumulando un desnivel positivo de 3900 metros aproximadamente, do que resultan uns 7800
metros acumulados.
1.3 O Trail Longo: darase a saída as 8:30 horas; terá un percorrido aproximado de 32 km e discorrerá
por montes das parroquias de Zobra e Vilatuxe, acumulando un desnivel positivo de 2220 metros
aproximadamente, do que resultan uns 4440 metros acumulados.
1.4 O Trail Curto: darase a saída as 9:30 horas; terá un percorrido aproximado de 17,5 km e discorrerá
polos mesmos montes, acumulando un desnivel positivo de 1050 metros aproximadamente, do que
resultan uns 2100 metros acumulados.
1.5 Andaina: Darase a saída as 9:30 horas, a vez que o Trail Curto. os participantes poderán elixir
durante o desenrolo da proba ir polo circuíto de 17,5 km ou polo circuíto de 12 km. O lugar de
elección de un dos dous circuítos estará axeitadamente sinalizado.
1.6 Trail 12 K: sairá as 10:00; Poderá participar tódalas persoas debidamente inscritas con mais de 15
anos de idade (cumpridos no ano en curso).
1.7 O Pequetrail: celebrarase a partir das 16:00;
 terá recorridos diferentes para cada unha das categorías:
a) esquíos (de 2 a 6 anos) con un percorrido de 200 m,
Ojo morado corzos (de 7 a 10 anos) con un percorrido de 500 m
c) xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 m.
2- CATEGORÍAS
CATEGORÍAS MASCULINA E FEMININA: CADETE, XUVENIL, JÚNIOR E SÉNIOR. (ESTABLECIDAS POLA
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO)
2.1 ULTRA TRAIL
 Categoría absoluta: a partir de 24 anos o cumpridos o ano de referencia.
o Subcategorías masculina e feminina: veterana A e B.
 Subcategoría veterana A:
 Masculina e feminina de 40 a 49 anos, é dicir, que non cumpra os 50 anos o
ano de referencia.
 Subcategoría Veterana B:
 Masculina e feminina de 50 a 59 anos, é dicir, que non cumpra os 60 anos o
ano de referencia.
 Subcategoría Veterana C:
 Masculina e feminina a partir dos 60 anos cumpridos o ano de referencia.
2.2 TRAIL LONGO
 Categoría absoluta: a partir de 21 anos cumpridos o ano de referencia.
o Subcategorías masculina e feminina: veterana A e B.
 Subcategoría veterana A:
 Masculina e feminina de 40 a 49 anos, é dicir, que non cumpra os 50 anos o
ano de referencia.
 Subcategoría Veterana B:
 Masculina e feminina de 50 a 59 anos, é dicir, que non cumpra os 60 anos o
ano de referencia.
 Subcategoría Veterana C:
 Masculina e feminina a partir dos 60 anos cumpridos o ano de referencia.
2.3 TRAIL CURTO
 Categoría júnior: 19-20, é dicir que non cumpra os 21 anos o ano de referencia.
 Categoría absoluta: a partir de 21 anos o cumpridos o ano de referencia.
2.4 TRAIL PROMO
 Categoría cadete: 15-16 anos , é dicir, que non cumpra os 17 anos o ano de referencia.
 Categoría xuvenil: 17-18, é dicir, que non cumpra os 19 anos o ano de referencia.
 Categoría absoluta: a partir de 19 anos cumpridos o ano de referencia.
3- PREMIOS PARA AS DIFERENTES PROBAS
3.1 ULTRA TRAIL:
Entregarase un trofeo aos tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina;
ademais ás/aos tres primeiros de cada categoría, atendendo ás categorías propias da carreira
especificadas anteriormente.
3.2 TRAIL LONGO:
Entregarase un trofeo aos tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina;
ademais ás/aos tres primeiros de cada categoría, atendendo ás categorías propias da carreira
especificadas anteriormente.
3.3 TRAIL CURTO:
Entregarase trofeo aos tres primeiros da clasificación xeral masculina e feminina; ademais de ás/aos tres
primeiros da categoría júnior masculina e feminina segundo as categorías marcadas pola FGM.
3.4 TRAIL PROMO:
Entregarase trofeo aos tres primeiros da clasificación xeral masculina e feminina; ademais de ás/aos tres
primeiros da categoría cadete masculina e feminina e ás/aos tres primeiros da categoría xuvenil masculina
e feminina segundo as categorías marcadas pola FGM.
4 - INSCRICIÓNS E DEVOLUCIÓNS:
4.1 INSCRICIÓNS:
 As inscricións realizaranse a través da páxina championchipnorte.com.
 O prazo de inscricións comezará o luns 19 de decembro ás 22:30h ata o luns 29 de maio as 23:59 h.
 Haberá tres tramos de prezos para as inscricións nas catro probas con un desconto para os federados. Os prezos e tramos son os seguintes
DISTANCIA DENDE APERTURA ATA O 9 DE
ABRIL
DENDE O 10 DE ABRIL ATA O 30 DE
ABRIL
DENDE O 1 DE MAIO ATA O 29 DE
MAIO
FEDERADOS NON FEDERADOS FEDERADOS NON FEDERADOS FEDERADOS NON FEDERADOS
ULTRA 60€ 63€ 66€ 69€ 72€ 75€
TRAIL LONGO 30€ 33€ 33€ 36€ 36€ 39€
TRAIL CURTO 25€ 28€ 27€ 30€ 30€ 33€
TRAIL PROMO 15€ 18€ 17€ 20€ 20€ 23€
ANDAINA 15€ 18€ 17€ 20€ 20€ 23€
* Os federados deberán presentar a ficha acreditativa xunto co DNI no momento da recollida do dorsal.
* Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil,
bolsa do corredor, avituallamentos, e cantos obsequios ou regalos consiga a organización.
* Para os participantes da categoría cadete a inscrición será gratuíta pero deberán formalizar a mesma a
través da plataforma.
* No caso dos participantes no Pequetrail a inscrición será gratuíta e farase online na plataforma de inscrición, ou tamén o mesmo día da carreira entre as 14:00 e as 16:00 no local de entrega de dorsais.
4.2 DEVOLUCIÓNS:
Existen tres tramos de datas no evento. Os importes a reembolsar en cada prazo especifícanse a continuación:
o Dende a apertura de inscricións ata o 28 de febreiro: 70% do total da inscrición
o Dende o 1 de marzo ata o 30 de abril: 50% do total da inscrición
o Dende o 1 de maio ata o día da proba: non se realizarán devolucións
 Unha vez que se tramita a baixa, o corredor recibirá o importe correspondente segundo o tramo de
cancelación. Dito pago, será realizado na mesma conta dende a que se realizara a inscrición
 Sempre que un/ha corredor/a tramite a baixa e correspondente devolución, estará renunciando ós
agasallos e privilexios que a propia inscrición lle outorgaba.
 O dorsal é persoal e intransferible. Si a organización detecta algún/ha corredor/a facendo uso dun
dorsal doutra participante, procederase a correspondente sanción a ámbolos dous corredores/as.
5- OBSERVACIÓNS:
5.1- SINALIZACIÓN E CONTRÓIS
 O percorrido estará sinalizado con bandeirolas vermellas co logo da proba.
 Tamén se empregarán cintas para cortar os cruces, así como indicadores verticáis das diferentes
distancias e direccións.
5.2- TEMPOS DE PASO
Km LUGAR TEMPO HORA
13 BUSTELOS 2H30’ 09:30
28 TRIGUEIRA 6H 13:00
39 ZOBRA (PRIMEIRO PASO) 8H30’ 15:30
58 MOA 10H30’ 17:00
64 META 12H 19:00
 Os corredores que non acaden os contróis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba xa que
nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura.
 Así mesmo os “Corredores Escoba” ou o responsable de cada control, terán potestade para retirar
da proba a calquera corredor/a se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella.
 O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e
facer entrega do dorsal.
5.3- AVITUALLAMENTOS
 A fin de ser meticulosos no respecto co medio ambiente e baixo a premisa de reducir ao máximo os
residuos que se poidan xerar, nos avituallamentos non se dispensarán vasos a os participantes.
 Existirán 6 avituallamentos líquidos e sólidos incluíndo o de meta que se distribuirán do seguinte
modo:
ULTRA TRAIL TRAIL LINGO TRAIL CURTO TRAIL PROMO ANDAINA
BUSTELOS 6/13 km 6 km 6 km 6km
AMEIXEDO 22.5 km 11 km
TRIGUEIRA 28 km 15 km
ZOBRA 39/50 km 20 km
MOA 58 km 27 km 12 km 7 km
META 64 km 32 km 17 km 12 km
5.4- RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS
 Todo/a corredor/a que desexe retirarse ó longo da proba, poderá facelo en calquera dos puntos de
avituallamento, sempre e cando o seu estado físico llo permita.
 No caso de non poder achegarse a un punto de avituallamento, o/a corredor/a deberá porse en
contacto coa organización mediante o número de teléfono incluído no dorsal, ou ven mediante
aviso doutro corredor.
 Será motivo de descalificación , desfacerse de refugallos fora das zonas de avituallamento.
 Será motivo de descalificación, o non cumprimento de calquera dos puntos deste regulamento.
 Será motivo de descalificación, calquera comportamento incívico, tanto co entorno como co diferente persoal da proba.
 Será motivo de descalificación, non portar de maneira visible o dorsal suministrado por a organización
6- OBSERVACIÓNS:
a. A aceptación do presente regulamento, implica obrigatoriamente que o participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento
para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódolos xeitos posibles e cede tódolos dereitos relativos á súa explotación, comercial e publicitaria que a organización
considere oportuno executar.
b. Tódolos temas aclarados neste regulamento, son os que rixen sobre a proba. Para o resto de temas
normativos, aplicarase o regulamento vixente da FGM.
c. Non se permitirá a os participantes ir acompañados de animais ou mascotas durante o transcurso
da proba.
d. Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a contorna, non leve o seu dorsal ben visible,
manteña unha conduta impropia ou desatenda as indicacións da organización.
e. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función
dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o
obrigan ou por forza maior.
f. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados que precisen axuda así como a informar de calquera percance nos controles de paso.
g. A pesar do persoal disposta pola organización ao longo do percorrido os/as participantes están
obrigados a respectar as normas de circulación nos cruzamentos coas estradas.
h. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización, quedando
totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad
ou similar polo circuíto.
i. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
j. Existe un período de reclamación de 30 minutos, dende a publicación de cada categoría. Durante
este período tamén se poderá asignar a unha persoa sustituta, no caso de non poder asistir a entrega de premios.
k. Non será posible recoller nin reclamar posteriormente un premio si o beneficiario se ausenta da
entrega sen previa xustificación, e sen asignar un sustituto.
l. No caso de non presentación e non xustificación da ausencia na entrega de premios, dito corredor/a perderá automáticamente a clasificación na súa categoría, pasando inmediatamente o/a seguinte en orde.
m. Os premios das diferentes categorías da proba, non serán acumulables.