Calendario
Info da proba

Muros-San Silvestre

31/12/2022 12:00 - 13:00
Regulamento O clube de atletismo Serres Runners organizará a primeira edición da San Silvestre Muradana o
sábado 31 de decembro de 2022 a partir das 11:00 horas no Concello de Muros.
REGULAMENTO
Artigo 1. Lugar de SAIDA de todas as probas: As probas sairán dende a Piscina Municipal de
Muros (Serres)
Artigo 2. Horarios e distancias. A San Silvestre Muradana terá os seguintes horarios e
distancias:
11:00 h. San Silvestre SUB14 (2008/09/10) - 3 KM APROX
11:15 h. San Silvestre SUB12 (2011/12) - 1,5 KM APROX
11:30 h. San Silvestre SUB10 (2013/14) - 750 M APROX
11:45 h. San Silvestre PEQUES (2015 E POSTERIORES) - 250 M APROX
12:00 h. San Silvestre Muradana (2007 E ANTERIORES) - 5 KM
Artigo 3. Inscricións. Os/as deportistas inscritos/as comprométense a aceptar estritamente o
presente regulamento e calquera posible modificación.
1. Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario habilitado na páxina web
www.galitiming.com
2. Termos e prezos das inscricións:
▪ As inscricións efectuaranse na páxina www.galitiming.com e poderanse facer
ata o martes 27 de decembro ás 23:59 h.
▪ A solicitude de inscrición para os/as deportistas menores de idade deberá ir
acompañada dunha autorización paterna/materna. O dito modelo, que se
pode descargar na páxina web www.galitiming.com
▪ O prezo de cada inscrición será de 5€.
▪ A inscrición para os/as atletas menores de 15 anos será gratuíta.
▪ Non será posible formalizar inscricións fóra de prazo.
▪ En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
▪ As inscricións realizaranse nos lugares que se indican no regulamento, dentro
dos prazos sinalados. Quen non se axuste a estas indicacións non poderá
participar na proba.
Artigo 4. Entrega de dorsais. A entrega de dorsais abrirase ás 10:00 horas na Piscina Municipal
de Muros o sábado 31 de decembro e permanecerá aberta ata 15 minutos antes do inicio de
cada proba.
Artigo 5. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) deberá
facelo constar no reverso do dorsal da proba.
Artigo 6. Clasificacións, trofeos, medallas e a súa entrega.
1. Establécense os seguintes premios:
▪ Trofeo ou medalla aos/ás 3 primeiros clasificados e clasificadas da cada categoría
agás a categoría PEQUES.
▪ Trofeo ou medalla ao equipo con maior número de participantes
▪ Na categoría PEQUES levarán medalla todos/as os/as participantes.
▪ O finalizar as probas a organización convidará a una pequena merenda a todos os
participantes.
2. As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina web de Galitiming.
3. A entrega de premios realizarase a partir das 12:30 horas aproximadamente no lugar
de saída e meta de todas as probas.
Artigo 7. SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS. Porase a disposición dos participantes un servizo
de duchas e vestiarios na Piscina Municipal de Muros (Serres).
Artigo 8. A proba San Silvestre 5 KM disputarase sobre un percorrido de 5.000 metros,
totalmente urbanos 4 KM e 1 KM de pista, polas rúas de Serres, Badernado, Baño e Boavista
con saida e meta na Piscina Municipal de Muros. O tempo máximo para percorrer os 5.000
metros será de 60 minutos. Todo aquel atleta que supere dito tempo poderá finalizar a
carreira baixo a súa responsabilidade.
Artigo 9. A proba estará supervisada polos voluntarios da organización, a Policía Local, Ges e
Protección Civil.
Artigo 10. Todo aquel que participe na proba sin estar inscrito, sin dorsal, non opta a ningunha
das prerrogativas as que teñen dereito os corredores inscritos oficialmente e poderá ser
retirado da proba.
Artigo 11. Será descalificado todo corredor que non realice o percorrido completo, manifeste
un comportamento antideportivo, non atenda as indicacións da policía municipal ou dos
voluntarios que cubren o percorrido ou non cumpla as normas establecidas neste
regulamento.
Artigo 12. Está prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ao longo da carreira. No
avituallamento haberá servizo de recollida de desperdicios.
Artigo 13. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola
Organización.
Artigo 14. En caso de retirada, avisarase ao persoal da Organización.
Artigo 15. Os/as participantes autorizan a Organización a rexistrar total ou parcialmente a súa
participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.
Artigo 16. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba, non se admitirán
reclamacións. A participación é libre e leva implícita a aceptación do Regulamento xeral da
proba. O Clube de Atletismo Serres Runners non se fará responsable dos danos físicos, morais
ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. Os aspectos non recollidos neste
Regulamento resolveranse segundo o criterio da comisión organizadora, cuxas decisións serán
inapelables.
Artigo 17. O tratarse de unha San Silvestre e debido o seu carácter festivo, permítese a todo
corredor levar disfraces ou caracterizarse sempre deixando a vista o dorsal.