Calendario
Info da proba

Pontecesures

15/01/2023 11:00 - 12:10
Regulamento O Concello de Pontecesures organiza a XXII Carreira Popular de Pontecesures, que se celebrará
o Domingo 15 de xaneiro de 2023 a partir das 11:00 horas.
Nesta edición, non queremos deixar de reivindicar o compromiso e a solidariedade e, polo tanto,
na “XXII CARREIRA POPULAR_RUN FOR THEM” imos correr para axudar ás persoas que peor o
están a pasar no actual contexto de crise económica que estamos a vivir.
A totalidade da recadación obtida será donada a proxectos de auxilio e protección a persoas
participantes nos programas de emprego e comedores sociais de Cáritas; de modo que
contribuiremos a facilitar ferramentas e recursos de primeira necesidade a usuarios/as da
contorna porque, neste momento de incertidume, o número de persoas que están a ver
mermada a súa capacidade de subsistir dignamente non deixa de ir en aumento.
REGULAMENTO
1. LUGAR
As probas disputaranse na data sinalada a partir das 11:00 horas da mañá na localidade de
Pontecesures nun circuito urbano con saída e chegada en A Plazuela.
A entrega de dorsais realizarase a partir das 9:30 horas na mesma praza (en caso de chuvia, no
Centro Social).
2. CATEGORIAS E HORARIOS
CATEGORIAS ANO NACEMENTO DISTANCIA HORA
Biberón 2018 e posteriores +/- 150 m. 12:40
Pitufos/as 2016-2017 +/- 450 m. 12:30
Benxamín (sub10) 2014-2015 +/- 1.000 m 12:15
Alevín (sub 12) 2012-2013 +/- 1.000 m 12:00
Infantil (sub 14) 2010-2011 +/- 1.500 m 11:45
Cadete (sub 16) 2008-2009 +/- 1.500 m 11:45
Junior (sub 18) 2004-2007 4K/8K
11:00
Senior 1988-2003 4K/8K
Máster A 1978-1987 4K/8K
Máster B Anteriores a 1978 4K/8K
No momento de inscribirse, os/as atletas de categoría JUNIOR ou superiores poderán elixir entre
participar no circuito 4K ou 8k; significando esto que o tempo que se terá en conta para as
clasificacións será aquel que o/a atleta obteña no percorrido para o que estea inscrito/a.
O resto de categorías escolares realizarán circuitos deseñados para cada unha segundo o ano de
nacemento.
As persoas participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes da hora prevista para o
comezo de cada proba segundo categorías.
3. PARTICIPANTES
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.
O control das carreiras estará a cargo da empresa Emesports Events e a cronometraxe das
diferentes probas levarase a cabo de xeito electrónico mediante chips (excepto biberóns e
pitufos) que serán entregados a todas e todos os corredores inscritos xunto cos dorsais.
As/os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización e deberán
colocalos na parte anterior do corpo e de xeito visible.
Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, recoméndase a todas as persoas
participantes que procuren, na medida do posible, manter as distancias de seguridade a fin de
evitar contaxios e evitar participar nas probas en caso de presentar sintomatoloxía relacionada
coa infección por Covid-19.
Poderás consultar a clasificación e os teus tempos na páxina web de Emesports;
http://emesports.es/
4. INSCRICIÓNS
Todas as persoas que desexen participar no 22 aniversario do evento (e correr por eles) deberán
facer a súa inscrición ata o 11 de xaneiro de 2023 ás 23:59 no sitio http://emesports.es/, onde
deberán cubrir os datos do formulario de inscrición dun xeito moi sinxelo e, mediante a
modalidade de pago por tarxeta, efectuar o pago, se corresponde.
PREZOS:
 JUNIOR a MÁSTER -- 6 euros; os cales serán donados íntegramente a Cáritas para
colaborar na financiación de programas de emprego e inserción laboral.
 BIBERÓNS a CADETE – as categorías escolares poderán correr de balde, aínda que
deberán formalizar a súa inscripción da mesma maneira no sitio http://emesports.es/.
Nembargantes, estas categorías, es todas as persoas que o desexen poderán colaborar
mediante a achega de alimentos non perecedeiros o mesmo día do evento ao punto
de recollida solidaria que se situará no recinto e que se entregarán a Cáritas para
comedores sociais.
 DORSAL SOLIDARIO -- As persoas que, por calquera circunstancia, non poidan correr
pero desexen colaborar coa causa, terán a opción de inscribirse na carreira e obter un
dorsal solidario personalizado por 6 euros, que serán donados íntegramente a Cáritas.
No momento de formalizar a inscripción, todas as persoas participantes terán a opción de facer
un donativo a título personal incrementando o prezo da inscripción.
Poderás coñecer o estado da túa inscrición entrando na listaxe de inscritos na web da carreira
en http://emesports.es/
Non se aceptarán inscricións no mesmo día da carreira nin fóra de prazo.
Para calquera dúbida, poderás poñerte en contacto no mail soporte@emesports.es
5. PREMIOS E AGASALLOS
A entrega de premios será ás 13:00 horas na Plazuela, ou no Centro Social en caso de choiva.
CAMISETAS:
Todas e todos os participantes inscritos/as na proba recibirán unha camiseta técnica no
momento de recoller o seu dorsal.
MEDALLAS:
-3 primeiros/as de cada categoría escolar establecida neste regulamento, agás nas categorías
Biberón e Pitufo/a, onde se entregará medalla a cada participante.
-3 primeiros/as de cada categoría das probas absolutas.
TROFEOS:
-3 primeiros/as na clasificación xeral do 4K
-3 primeiros/as na clasificación xeral do 8K
-Á persoa participante de máis idade que logre concluir a proba polos seus propios medios para
as modalidades 8K e 4K.
PREMIOS PARA CLUBS (*)
1º Clasificado — 300€ e trofeo
2º Clasificado — 200€ e trofeo
3º Clasificado — 100€ e trofeo
*A clasificación de clubs establecerase a través dos 8 primeiros clasificados do mesmo club pola
suma dos seus postos na clasificación xeral das probas absolutas. Os clubs deberán estar
compostos por polo menos 8 homes e/ou mulleres, que logren cruzar a liña de meta.
Os premios non serán acumulables en ningún caso.
6. OUTRAS CONSIDERACIÓNS
i).- A celebración do evento queda suxeita a posibles cambios segundo a normativa en materia
sanitaria debido á COVID-19, ou calquera outra circunstancia que requira a toma de medidas
extraordinarias.
A ORGANIZACIÓN PODERÁ SUSPENDER OU ADIAR A PROBA DEPENDENDO DA SITUACIÓN
SANITARIA OU DEBIDO A CIRCUNSTANCIAS METEREOLÓXICAS ADVERSAS, DEBENDO FACELO
PÚBLICO POLOS CANAIS QUE CONSIDERE OPORTUNOS (PRENSA, RRSS, …)
ii).- Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes e tamén a entrada ao
circuíto de toda persoa allea á carreira.
iii).- A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia
non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste
Regulamento.
iv).- Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal de Pontecesures e no Club
Náutico de Pontecesures.
v).- ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e os organizadores da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
vi).- SEGURO: Todos/as os/as participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico
que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da miña participación no
evento puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados
e demáis organizadores.
Coa formalización da inscrición, todo/a participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
vii).- ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos/as os/as participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente Regulamento. No caso de dúbida ou de xurdir
alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña a Organización.