Calendario
Info da proba

Porriño - San Silvestre

07/01/2023 All Day Event
Regulamento REGULAMENTO
SAN SILVESTRE CONCELLO DO PORRIÑO
Información xeral.
Carreira non competitiva organizada polo Concello do Porriño en colaboración co
Clube Altetismo Porriño.
a) Lugar:
O Porriño (Pontevedra)
Ojo morado Data:
30-12-2022
c) Inscrición:
Gratuita. Na web https://ecultura.net/ ata o 28 de decembro ás 00.00hrs.
d) Hora de saída:
17.00 hrs.
e) Punto de saída e meta:
Circuito de 4 quilómetros. Saída e meta na Rúa Antonio Palacios, 1.
f) Dorsal solidario:
O evento conta coa particularidade de que cada corredor depositará unha
unidade de productos infantís, alimentos e productos de hixiene para
bebés, os cales serán distribuidos entre as familias do Concello con menos
recursos.
g) Recollida de dorsais:
No Pavillón Municipal do Porriño:
 29 de decembro de 10.00 a 15.00hrs.
 30 de decembro de 08.00 a 15.00hrs.
No Concello do Porriño:
 30 de decembro de 15.15 a 16.30hrs.
1. Condicións da proba.
a) Os participantes comprométense a aceptar todas as normas de
regulamento.
Ojo morado Todos os corredores/as deberán colocarse na zona de saída a lo menos 10
minutos antes do comezo da proba.
c) Obrigación de levar posto o dorsal por diante e totalmente visible durante
toda a proba.
d) Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
e) A proba está aberta a todas as idades e sexos.
f) Lei de Protección de Datos: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición
aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de
comunicación e/ou internet.
g) A organización da proba resérvase o dereito da modificación deste
regulamento, así como da suspensión ou aprazamento da carreira por
inclemencias do tempo ou razón de seguridade, e da modificación de
percorridos ou horarios.
2. Percorrido.
A carreira transcorrerá sobre o circuíto urbano exposto no mapa do ANEXO I do
presente regulamento. O mesmo, conta cunha lonxitude de 4 quilómetros para
todos os participantes desta proba.
3. Organización e seguridade.
O Concello do Porriño contará cos medios necesarios para este tipo de probas.
A nivel seguridade e coordinación, contará coa axuda da Policía Local, e a nivel
organizativo con Protección Civil e voluntarios.
A proposta de medidas de sinalización da proba e do resto dos dispositivos de
seguridade necesarios nos posibles puntos con maior dificultade, así como a
función que debe desempeñar o persoal auxiliar habilitado, quedará en virtude
do percorrido estudado coa Policía Local, quen dado o seu coñecemento e
autoridade en materia de Seguridade Viaria, será o que sinale os cortes de
tráfico necesarios para garantir a seguridade do mesmo.
Todos e cada un dos organizadores levarán pezas distintivas para a mellor
visualización por parte dos participantes, axudando no que a Policía requira, e
acompañando en todo momento aos participantes desde o principio ata o final
do percorrido. Por parte da Policía Local, incorporará a proba o número de
axentes e vehículos que estime oportunos conxuntamente estudado coa
organización, así como os puntos e sinalización para o corte de rúas.
Para marcar o percorrido da proba, contaremos con vallas nos puntos máis
perigosos en canto a entrada de vehículos, e de cinta de balizar noutros
tramos. Nos cruces situarase persoal auxiliar da carreira, dirixindo aos
corredores, así como axentes de Policía Local e persoal de Protección Civil.
4. Seguros.
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos
derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos
polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación
se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
5. Asistencia Médica.
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos están facultados para retirar da carreira a
calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
A organización contará cunha estancia sinalada para que no caso de accidente,
o corredor/a poida formalizar un parte de accidentes.
6. Aceptación do regulamento.
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira,
aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o
Comité Organizador.
Mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil. En
todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición mediante escrito dirixido ao Concello do Porriño.