Calendario
Info da proba

Cross de Santiso

27/05/2023 18:00 - 20:00
Regulamento CROSS DE SANTISO


Coeficiente 2 para a xeral
A Asociación cultural e deportiva Abeancos organiza o sábado día 27 de
maio do 2023 o XI Cross de Santiso en colaboración co Concello de Santiso
e clubs da comarca.
A continuación detallamos o regulamento da proba.
REGULAMENTO:
1- A saída e chegada das probas serán no campo da festa de Visantoña
(Santiso).
Ubicación: https://goo.gl/maps/UKRgaRTouwcb4jtW7
2- O percorrido será maioritariamente por pistas de terra e bo firme
cruzando en diferentes ocasións por pistas de asfalto abertas ao
tráfico.
3- A competición será cronometrada pola empresa Championchipnorte quen
se encargara de dirección de carreira e resultados. Todos os/as atletas
deberán levar un dorsal-chip que lle proporcionara a organización.
4- Contaremos con avituallamento líquido no percorrido e líquido e
sólido na meta.
5- Os/as participantes deberán recoller a “bolsa do corredor” para poder
participar na proba. Esta será entregada o día da proba no lugar de
saída/Meta (campo da festa de Visantoña-Santiso) dende ás 12.00 da maña
ata media hora antes do inicio de cada unha das categorías.
* A oficina permanente da proba estará ubicada no Campo da festa de
Visantoña(no caso de choiva dentro do pavillón).
* Para recoller a bolsa doutro participante será imprescindible acudir
coa fotocopia do DNI deste.
6- A inscripción na proba farase a través da web championchipnorte.com
ou a web do evento crossdesantiso.com antes do día 22 de maio, requisito
imprescindible para participar na proba sexa cal sexa a categoría.
 Datas de inscrición e prezos en cada disciplina:
- Andaina:
150 prazas
5€ do 26/02 o 22/05 O recaudado será doado a asociacións do concello
- Infantil:
250 prazas
3€ do 26/02 o 22/05 o recaudado será doado a ANPA A Xuntanza
Categoría PITUFOS gratis
- Adultos:
300 prazas
13€ do 26/02 o 14/05
18€ do 15/05 o 22/05
 Categoría infantil dende os 0 ata os 18 anos
 Os atletas que participen na categoría de atleta local ou atleta
Abeancos+ deberán indícalo marcando a casilla correspondente no
momento da inscripción.
7- Categorías:
As categorías fixanse en función da idade dos participantes no día da
proba.
-PITUFOS-sub 4……………: atletas desde 0 a 4 anos
-PREBENXAMÍN-sub 8…: atletas de 5,6 e 7 anos
-BENXAMÍN-sub 10………: atletas de 8 e 9 anos
-ALEVÍN-sub 12……………: atletas de 10 e 11 anos
-INFANTIL-sub 14………: atletas de 12 e 13 anos
-CADETE-sub 16……………: atletas de 14 e 15 anos
-PROMESA-sub 18…………: atletas de 16 e 17 anos
-SÉNIOR………………………………: atletas entre 18 a 35 anos
-VETERANO A……………………: atletas entre 36 e 50 anos
-VETERANO B……………………: atletas entre 51 e 65 anos
-VETERANO C……………………: atletas de máis de 66 anos
-ATLETA LOCAL………………: atletas empadroados no Concello de Santiso
-ATLETA ABEANCOS+……: atletas empadroados na Terra de Abeancos (concellos
de Toques, Melide, Vila de Cruces, Arzúa, Agolada, e Palas de Rei)
8- Distancias e horarios:
As distancias son aproximadas.
- PITUFOS………………………………………: 75 M., Non competitiva.
- PREBENXAMÍN……………………………: 130 M.
- BENXAMÍN E ALEVÍN……………: 600 M.
- INFANTIL E CADETE……………: 1065 M.
- PROMESA………………………………………: 2120 M.
- RESTO CATEGORÍAS………………: 14k.
Os horarios establecidos son os seguintes:
- PITUFOS……………………………………: 16.30 H. (acompañados dun adulto)
- PREBENXAMÍN…………………………: 16.45 H.
- BENXAMÍN e ALEVÍN…………: 17.00 H
- INFANTIL e CADETE…………: 17.15 H.
- PROMESA……………………………………: 17.30 H.
- ANDAINA……………………………………: 17.35 H.
- RESTO CATEGORÍAS……………: 18.00 H.
9- Premios e trofeos:
- O pódium estará ubicado no campo da festa de Visantoña.
- A entrega de trofeos das categorías, prebenxamín, benxamín, alevín,
infantil, cadete e promesa será ás 18.05 h.
- A entrega de trofeos do resto de categorías sera ás 20.15h.
--Agasallo para todos e todas as atletas nas categorías de PITUFOS
na chagada dos/as participantes a meta.
--Trofeo para os 5 primeiros clasificados no resto das categorías
establecidas (homes e mulleres). O pódium será mixto.
--Xeral, levaran trofeo os/as 5 primeiros/as clasificadas.
--Agasallo especial para o club con máis atletas inscritos. Este
agasallo enviarase a dirección do club que figure no rexistro da
Xunta de Galicia, días despois da proba.
--Trofeo para o/a atleta de máis idade.
* Os trofeos non seran acumulables agás na categorías de atleta local,
atleta Abeancos+ e atleta de máis idade
* No caso dos/as atletas locais e atleta Abeancos+ comprobarase o padrón
do concello correspondente.
10-O tempo máximo para completar a proba de 14k é de dúas horas. Unha
vez transcorrido este tempo dende que tivo lugar a saída, procederase a
retirarlle o dorsal a aqueles atletas que ainda poidan estar correndo a
proba e continuaran pola súa conta sen ter a garantida a atención por
parte da organización.
11-As reclamacións faranse ao director da proba non máis tarde de 30
minutos tras a publicación dos resultados.
12-A proba conta cos servizos médicos regulamentarios asi coma duchas,
gardaroupa e aparcamento para os vehículos dos/das participantes.
13-Cada corredor acepta as normas da proba polo mero feito de
inscribirse e tamén participa baixo a súa enteira responsabilidade,
afirma ter un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba
e que pasou os pertinentes recoñecementos de saúde. A organización e
empresas colaboradoras non se fan responsables de calquera lesión ou
padecemento por imprudencia, neglixencia ou falla de forma física do
participante. O participante exime de toda responsabilidade a
organización que puidera derivar da súa participación no evento (pérdida
de obxectos persoais, roubo, lesión, atropelos, agresións...)
14-No referente á Lei Órganica de Protección de Datos: Tódolos
corredores inscritos no evento aceptan a publicación do seu nome e
posibles imaxes nas clasificacións, medios de comunicación e internet,
páxina web do evento, de empresas colaboradoras, foros deportivos, etc…
15- A organización reserva o dereito de modificar este regulamento se
considera que as circustancias escepcionais da proba o esixen.