Calendario
Info da proba

Pontevedra

29/01/2023 12:30 - 13:30
Regulamento XI Carreira Pedestre de San Brais, Pontevedra

Coeficiente 1,25 para a xeral


1. DATA:
A Asociación Veciñal Salcedo Norte, coa co-organización do Concello de Pontevedra, organizan o domingo 29 de
xaneiro do 23 a partir das 12,30h a “XI Carreira Pedestre San Brais 23”.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS:
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas nos prazos establecidos ao
efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
MASCULINA / FEMININA
Ano
Cumpridos o día da proba
Menor Maior
Chupete De 00 A 04
Pitufo/a De 05 A 07
Benxamín De 08 A 09
Alevín De 10 A 11
Infantil De 12 A 13
Cadete De 14 A 15
Xuvenil De 16 A 17
Senior De 18 A 39
Veteranos/as +40 De 40 A 49
Veteranos/as +50 De 50 A 59
Veteranos/as +60 De 60 A 69
Veteranos/as +70 De 70 Ou máis
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible
modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde, que me
habiliten para participar en probas deportivas de máis de 6.000 metros.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex:
perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, agresións,...), e a Organización non será
responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a
atleta.
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do
deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por
escrito á Asociación de Veciños Salcedo Norte (Centro Sur - r/ Santa Lucía s/nº - 36004 – Pontevedra).
- Conforme á normativa vixente, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun
ficheiro, do que é responsable a Asociación de Veciños Salcedo Norte. A finalidade do ficheiro é levar a cabo
a xestión de datos para a Carreira Pedestre de San Brais así como informarlle de futuras edicións. Se desexa
exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á
dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que
queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no
mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
4. INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DORSAIS: Todas as categorías faranse en www.championchipnorte.com ata
as 23:59 horas do día 23 de xaneiro. Todas as inscricións son persoais e intransferibles.
3
Categoría Data tope
inscrición Recollida de dorsais Cota Sistema de inscrición Aluguer
chip
Chupetes
MENORES E MAIORES DE IDADE
Só telemática ata as 23.59h do 23/I
O día 28/I de 11.00 ás 13.00h e
de 18.00 a 20.00h.
No Carrefour (San Brais -
Salcedo)
Non se entregan dorsais o día da
carreira
As persoas incritas de fora da
comarca que pidan excepción a
avsalcedonorte@gmail.com
poderán ser autorizadas
expresamente a recoller o dorsal
o día da proba.
De balde
www.championchipnorte.com
Non
Pitufos/as
Benxamín
Alevín
Infantil
Cadete
Xuvenil
Senior
7€
2 € de
non telo
Veteranos/as +40
Veteranos/as +50
Veteranos/as +60
Veteranos/as +70
No caso de que o/a deportista maior de idade que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da
Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 2 € do aluguer, devolvéndose a cota de
participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip). A persoa beneficiaria en situación de
desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego”
(D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego, en vigor ese día (que terá que presentar obrigatoriamente ao
recoller o seu dorsal); En caso de non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de
participación.
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
5. COMO CHEGAR EN COCHE E ESTACIONAR. A prioridade é achegarse a pé ou en bicicleta; de non ser así,
saír de Pontevedra pola Avda. de Eduardo Blanco Amor (EP0012) dirección á BRILAT ou centro comercial Carrefour
ou ao Lago Castiñeiras, ao atopar o Carrefour xirar á esquerda a avanzar ata a primeira rotonda e alí
estacionaremos no andar superior do propio centro comercial Carrefour (antes das 12.00 e non se poderá
mover o coche ata as 13.30 horas).
6. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES: Todas as persoas participantes estarán cubertos
cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá unha ambulancia e un
médico/a para a atención.
7. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto.
Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
Lugar Dentro
aparcamento
Dentro
aparcamento
Dentro
aparcamento
Dentro
aparcamento
Dentro
aparcamento
Percorrido
exterior
Categoría Chupete Pitufo/a Benxamín e
Alevín Infantil Cadete e
Xuvenil Maiores de idade
Hora saída 11h15 11h25 11h35 11h45 11h55 12h30
Distancia
100 m.
Saída
adiantada
250 m.
“Ida e volta”
500 m.
1 volta
pequena
800 m.
1 volta
grande
1.450 m.
2 voltas
grandes
1 volta de
6.615 m.
8. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou persoal de organización, están facultados para
retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido
completo, que non teña dorsal diante, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento
non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
9. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por
todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os/as atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis
rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de
4
cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados,
sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na
clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de
30 (trinta) euros.
10. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa
responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar
o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
12. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,... NON
HABERÁ DUCHAS NIN GARDARROUPAS.
13. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta, e premiarase como vencedores/as absolutos aos
tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a
esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.
1º 2º 3º
Absoluta Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.
1º 2º 3º
Todas as de maiores de idade Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, que recibirán unha medalla
todos/as os que rematen a súa carreira.
O “Trofeo Julian Bernal” será para o corredor e á corredora máis veterano/a en tomar parte nesta edición.
14. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.30 horas
na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo delegar
noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material.
15. TERCEIRO TEMPO: Haberá un sorteo de lacóns entre as persoas participantes nas categorías de maiores
de idade, xusto antes da saída, e haberá unha chocolatada para todos os/as deportistas que rematen.
16. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información (e axuda para a inscrición en caso necesario) a través da
Asociación Veciñal Salcedo Norte en avsalcedonorte@gmail.com ou no Facebook @A.V.SalcedoNorte