Calendario
Info da proba

Barreiros

07/04/2023 12:00 - 13:30
Regulamento ORGANIZA: Asociación cultural e deportiva Praias de Comado xunto co Concello de Barreiros e a
Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia
COLABORA: Café Bar Moderno – Hotel Ría do Masma – Peña Barcelonista San Miguel - Casa Elena
Turismo Rural - Taxi Valea - Pinturas Centeno - Agrupación Protección Civil de Barreiros
DATA: 7 de abril de 2023
HORA:
11:00 H. Probas infantiles
12:00 H. Proba adultos
11:00 H. Andaina
LUGAR: PUNTA ANGUIEIRA – SAN BARTOLO – BARREIROS – (LUGO). Diante Hotel Ría do Masma.
SAÍDA ADULTOS E ANDAINA: Praia de Arealonga, Santiago de Reinante, xunto Restaurante La
Yenka.
CHEGADA ADULTOS E ANDAINA: Diante do Hotel Ría do Masma na praia de Altar.
CARREIRAS INFANTILES: En praia de Altar
RECOLLIDA DE DORSAIS:
Probas infantiles ;Hotel Ría do Masma (zona meta), ata 30 minutos antes da carreira na mesa
adicada a tal fin diante do Hotel Ría do Masma, en Punta Anguieira, San Bartolo.
Probas adultos e andaina: Praia de Arealonga, Santiago de Reinante, xunto Restaurante La Yenka.
CRONOMETRAXE: Adultos e menores con chip a través da empresa Championchipnorte.
INSCRIPCIÓNS: Inscripción e información a través da web e
https://carreirapopulardaspraias.jimdofree.com/
https://maiskmsbarreiros.gal/
A inscrición nesta carreira automaticamente inscribe a cada corredor/a no "CIRCUITO
+KMBARREIROS" na categoría correspondente do circuíto, podendo ser esta distinta á da carreira
PRECIO :
Carreira Adultos: 7 € ata o 26 de marzo e 9€ do 27 de marzo ata o 4 de abril. Os que non son
propietarios de chip amarelo terán un coste a maiores de 1€ en concepto de alquiler de chip, e
depositarán unha fianza de 5€ que será reintegrada á semana seguinte da proba unha vez procesados
os chips devoltos.
Andaina: 3€ ata o 26 de marzo e 4€ do 27 de marzo ata o 4 de abril.
Nenos ata sub 16 gratuita. Os que non son propietarios de chip amarelo depositarán unha fianza de
5€ que será reintegrada á semana seguinte da proba unha vez procesados os chips devoltos. O
prazo remata o día 12 de abril.
Tfnos: 649 571 360 (Jose), 653684615 (Iván).
Datos a aportar polos participantes: Apelidos e Nome, DNI, data nacemento, sexo, tfno. contacto, email.
CATEGORIAS E DISTANCIAS:
- PITUFOS: NADOS 2018 e posteriores / 80 m. Carreira non competitiva.
- SUB 8 : 2016 - 2017/ 150m. Carreira non competitiva.
- SUB 10 : 2014 – 2015 / 400 m.
- SUB 12 : 2012 – 2013 / 600 m.
- SUB 14 : 2010 – 2011 / 1.200 m.
- SUB 16 : 2008– 2009 / 1500 m.
CATEGORIAS ADULTOS – 9 KM Aproximadamente
-ALTAR (SUB 23): 2007 -- 2001
- COTO (SENIOR): 1989 – 2000
- LÓNGARA (VETERÁNS A): 1979 – 1988
- AS PASADAS (VETERÁNS B): 1969 – 1978
- AREALONGA (VETERÁNS C): Nacidos antes de 1969.
PREMIOS:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino como
femenino. Asimesmo haberá premio para os gañadores absolutos masculino e femenino. A
organización ofrecerá obsequios varios e avituallamento final ós participantes.
Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.
PERCORRIDOS:
Os percorridos infantís serán na propia praia de Altar, con varias distancias dependendo das
categorías.
Adultos e andaina: Saida na Praia de Arealonga (en Santiago de Reinante, xunto ó Restaurante La
Yenka) e a chegada será na praia de Altar, diante do Hotel Ría do Masma.
Existirá un avituallamento líquido a metade de carreira.
Con este percorrido, os participantes pasarán por toda-las praias de mar do Concello de Barreiros,
Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Balea, Coto, Remior, San Bartolo e Altar. Asimesmo
pasaremos polo Castro de San Miguel de Reinante, carreiros de pescadores e paseo marítimo, algo
que fai esta carreira especial.
VARIOS: A organización poñerá a disposición dos participantes un servicio de autobús para o
desprazamento dende a zona de meta á zona de saida. O servizo de autobuses empezará ás 10:00 h
e remata ás 11:35 h.
Lembramos que este ano os adultos recollerán o seu dorsal na zona de saída, despois da viaxe no
bus.
A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de Responsabilidade
Civil e servizos de protección civil.
Os participantes, se así o desexan, poderán mandar algunha prenda de abrigo dende a liña de saida
ata a meta. Estas prendas, etiquetadas co número de dorsal, entregaranse a un responsable da
organización antes da saida e poderanse recoller na zona de meta á sua chegada, identificándose co
dorsal. Haberá servizo de duchas no pavillón polideportivo do Concello de Barreiros.
Por tratarse dunha proba deportiva e popular, sen ánimo de lucro, a organización non se fai
responsable dos danos físicos, materiais, morais e de calquer índole que poidan sufrir os
participantes ou os seus acompañantes.
Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a
organización. En caso contrario poderán ser descalificados, coa conseguinte pérdida de dereitos. Os
participantes deberán pasar por todos os puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto
dará lugar á descalificación do infractor. Os participantes poderán ser descalificados por
comportamento antideportivo ou outro tipo de acción que a organización considere inapropiadas.
Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á
publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer. A organización poderá
pedir un documento acreditativo da identidade.
Aseos e aparcadoiro na área de Punta Anguieira.
Os circuitos poderanse consultar na web da carreira.