Calendario
Info da proba

Xinzo

15/01/2023 11:25 - 12:25
Regulamento CROS ANTIOQUÍA 2023
15 DE XANEIRO – HIPÓDROMO DE ANTELA
1. O Cross de Antioquía está organizado pola Asociación Deportiva Limiactiva contando coa
colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Concello de Xinzo de
Limia, Concello de Sandiás, Deputación Provincial de Ourense, Hipódromo de Antela e da
Federación Galega de Atletismo.
2. Celebrarase o domingo 15 de xaneiro de 2023 nas instalacións do Hipódromo de Antela e
está incluido no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
3. Na mesma xornada que este cros, disputarase o Campionato Xunta de Galicia sub20, sub23
e absoluto individual masculino e feminino.
4. A participación está aberta a atletas federados e non federados, agás nas carreiras incluídas
nos Campionatos Xunta de Galicia, nas que só poderán participar federados.
5. As categorías, circuitos e distancias a percorrer axustaránse ás normas emanadas da FGA.
6. Para a CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS, que deberán estar formados por 4 atletas (polo menos
unha muller), sumaranse os postos dos catro compoñentes, sendo os gañadores os tres
equipos que menos puntos sumen.
7. INSCRICIÓNS
Para realizar a inscrición nas probas populares, todos os atletas deberán cubrir o formulario
habilitado ó efecto na web https://carreirasgalegas.com e pagar a cuota de 5 euros de
inscrición para participar na popular absoluta (as categorías escolares serán de balde). Unha
vez efectuado o pago confirmarase a inscrición, que inclúe licenza de día da FGA para aqueles
que non a posúan. Prazo da inscrición será ata as 23:59 h do martes 10 de xaneiro.
Os atletas federados que participen nos Campionatos Xunta de Galicia, deberán facer a
inscrición na extranet da RFEA ata as 20:00 h do martes día 10 de xaneiro e non pagan cuota
de inscrición.
Para inscribir a un equipo será necesario enviar un correo electrónico a
limiactiva@gmail.com indicando o nome do equipo, e nome e apelidos dos 4 atletas que o
compoñen (polo menos unha muller).
8. A retirada de dorsais, efectuarase na secretaría da competición o día da proba a partir das
9:45 h.
9. As probas serán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da F.G.A.
10. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguro de responsabilidade civil
e outra de accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente,
imprudencia, inobservancia das leis, etc… Tamén quedan excluidos os casos producidos por
desprazamento a ou dende o lugar no que se desenvole a proba.
11. Todos os atletas participantes nesta competición quedan suxeitos a este regulamento. Para
o non contemplado nestas regras, aplicarase o regulamento da F.G.A., da R.F.E.A. ou da
I.A.A.F no seu defecto.
PREMIOS CROS ANTIOQUÍA 2023 – PROBA POPULAR (5.000 m)
CATEGORÍA MASCULINO FEMININO
ABSOLUTA (1º, 2º, 3º) TROFEO TROFEO
1º SUB 20 TROFEO TROFEO
1º SUB 23 TROFEO TROFEO
1º SÉNIOR TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 35 TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 40 TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 45 TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 50 TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 55 TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 60 TROFEO TROFEO
EQUIPOS MIXTOS Medallas para os componentes dos equipos 1º, 2º e 3º
Os premios non serán acumulativos. Para optar ós premios do Cros Antioquía é necesario
pagar a cuota de inscrición correspondente a este evento.
PREMIOS CROS ANTIOQUÍA 2023 – CATEGORÍAS ESCOLARES
CATEGORÍA MASCULINO FEMININO
SUB8 MEDALLA ÓS TRES PRIMEIROS MEDALLA ÁS TRES PRIMEIRAS
SUB10 MEDALLA ÓS TRES PRIMEIROS MEDALLA ÁS TRES PRIMEIRAS
SUB 12 MEDALLA ÓS TRES PRIMEIROS MEDALLA ÁS TRES PRIMEIRAS
SUB14 MEDALLA ÓS TRES PRIMEIROS MEDALLA ÁS TRES PRIMEIRAS
SUB16 MEDALLA ÓS TRES PRIMEIROS MEDALLA ÁS TRES PRIMEIRAS
SUB18 MEDALLA ÓS TRES PRIMEIROS MEDALLA ÁS TRES PRIMEIRAS
DISTANCIAS E PERCORRIDOS
HORA CATEGORÍA VOLTA PEQUENA VOLTA GRANDE METROS
10:15 h SUB16-SUB18 MASC. E FEM. 2 voltas 2.000 m.
10:30 h SUB12-SUB14 MASC. E FEM. 1 volta 1.000 m.
10:40 h SUB 8-SUB10 MASC. E FEM. 1 volta 1.000 m.
10:50 h CAMP. XUNTA DE GALICIA
SUB20 MASC.
1 volta 3 voltas 7.000 m.
11:25 h CAMP. XUNTA DE GALICIA
SUB20 FEM.
POPULAR CROS ANTIOQUÍA
1 volta 3 voltas 7.000 m.
12:10 h CAMP. XUNTA DE GALICIA
ABSOLUTO-SUB23 MASC.
1 volta 4 voltas 9.000 m.
13:00 h CAMP. XUNTA DE GALICIA
ABSOLUTO-SUB23 FEM.
1 volta 4 voltas 9.000 m.
CATEGORÍAS TEMPADA 2023
CATEGORÍA MASCULINO FEMININO
SUB8 2016 E POSTERIORES 2016 E POSTERIORES
SUB10 2014 E 2015 2014 E 2015
SUB 12 2012 E 2013 2012 E 2013
SUB14 2010 E 2011 2010 E 2011
SUB16 2008 E 2009 2008 E 2009
SUB18 2006 E 2007 2006 E 2007
SUB20 2004 E 2005 2004 E 2005
SUB23 2001, 2002 E 2003 2001, 2002 E 2003
SÉNIOR NADOS NO 2000 E ANTERIORES NADAS NO 2000 E ANTERIORES
MÁSTER + 35 ANOS + 35 ANOS