Calendario
Info da proba

Vigo - Subida ao Castro

29/01/2023 10:00 - 11:30
Regulamento XVII Subida ao Castro, Vigo

Inscricións: https://magmasports.es/es/evento/subida-ao-castro

Coeficiente 1 para a xeral


1. Singletrack Outdoor Sports organiza a XVII SUBIDA AO CASTRO. Proba que se disputará o vindeiro 29 de xaneiro do 2023.

2. A proba celebrarase sobre un percorrido de 3000 metros balizado con cintas e conos, dende Montero Ríos ó Castelo de San Sebastián no Monte do Castro.

3. A Carreira terá unha única saída para todas as categorías.
10:00 Homes e mulleres:
Sub 8, 2016-2017
Sub 10, 2014-2015
Sub 12, 2012-2013
Sub 14, 2010-2011
Sub 16, 2008-2009
Sub20, 2004-2005-2006-2007

Masculino 1-Femenina 1,1984 ata 2003
Masculino 2-Femenina 2, 1974 ata 1983
Masculino 3-Femenina 3, 1964 ata 1973
Masculino 4-Femenina 4, 1959 ata 1963
Masculino 5-Femenina 5, 1958 ou anteriores

Percorrido de 3K.

4. Será necesario mínimo 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; Os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.

5. As inscricións realizaranse a través de la páxina web do cronometrador www.magmasports.es mediante pago con tarxeta de crédito. As inscricións pecharanse o xoves 26 de xaneiro as 12h. Non é preciso estar federado e non se admiten inscricións fora do prazo marcado.

6. O costo da inscrición é de 10 euros para todas as categorías excepto as sub- que será de 2 euros.

7.Os dorsais e chips entregaranse o domingo 29 de xaneiro dende as 8 ata as 10 horas nas inmediacións da liña de saída.

8. Coa entrega do dorsal e chip entregarase un agasallo conmemorativo (Camiseta)

9. O longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime oportunos, os cales poderán descalificar a calquera participante que realice algunha irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.

10. Premios. Todas las categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados.

11. Avituallamento. Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e sólido na zona de Meta.

12. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo o regulamento en vigor.

13. A a organización dispón dun seguro de responsabilidade civil. Todos os participantes disporán de seguro de accidentes, non lesións, para o día da carreira contratado pola organización.

14. Conforme a la L.O 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é Singletrack Outdoor Sports con domicilio social en Rúa Gran Vía 161 1ºH, 36210 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro e levar a cabo a xestión de datos dos atletas vinculados coa asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición poderá facelo dirixíndose por escrito o enderezo sinalado, axuntando unha fotocopia do seu DNI.

15. Polo so feito de inscribirse, o participante declara o seguinte: “Atópome en estado de saúde óptimo para participar na SUBIDA AO CASTRO. Comprométome durante o desenrolo da competición a contribuír no posible ca Organización para evitar accidentes persoais. Autorizo ademais a que a organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poda figurar, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/o internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto”.

16. A inscrición de a SUBIDA AO CASTRO implica a total aceptación deste regulamento.