Calendario
Info da proba

As Pontes

19/03/2023 12:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO XXX CARREIRA PEDESTRE SAN XOSÉ.
CAMPIONATO DE GALICIA 5K
PRESENTACIÓN
O Concello das Pontes, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, organiza a XXX
Carreira Pedestre de San Xosé. A proba está incluída no calendario oficial das competicións da
FGA nun circuíto urbano homologado. Será realizado de forma conxunta co Campionato de
Galicia de 5K en ruta.
DATA E HORARIO
A proba disputarase o domingo, 19 de marzo de 2023. Comezará ás 11:00 horas e a liña de saída
estará situada na rúa 8 marzo.
CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 5.000 metros.
O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo e
transcorrerá sobre asfalto.
A ruta estará debidamente sinalizada.
A carreira realizarase pola vía de tráfico rodado. Está prohibido usar como zonas de carreira as
beirarrúas, glorietas, áreas axardinadas etc, agás as zonas sinalizadas como circuíto.
Incumprir esta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das
persoas infractoras. A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de
forza maior.
CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo o Comité Galego de Xuíces da FGA. Ao longo do percorrido
a organización establecerá controis para regular axeitada participación dos e das atletas.
UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira e deben
colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen obstrucións e sen
manipulalo, e así deben levarse durante toda a proba.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou que corran sen
dorsal e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas
regulamentariamente inscritas.
Non se permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente a outra carreira ou persoa,
con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa o oficial. Calquera
infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A
organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos
SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces. Todas as reclamacións
deberánselle facer verbalmente á xuíza ou xuíz árbitro da proba ata 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba á ou ao atleta que
manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle
requira, ás e aos corredores que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil,
xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
As ou os xuíces da proba terán a facultade de descualificar á persoa infractora que non leve
visible o seu dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á
organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o
percorrido, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas normas da FGA. As persoas
corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais sen axudas
materiais de ningún tipo.
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo
á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento. Tampouco está permitida a participación con
animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.
O incumprimento desta norma implicaría a descualificación dos atletas acompañados.
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS SAÍDA
CATEGORÍA ESCOLAR (MASCULINO E FEMININO)
BIBERÓN 2018 e anteriores. 75 METROS. 11:00 HORAS
SUB8 2016-2017. 200 METROS. 11:05 HORAS
SUB 10. 2014 e 2015. 1 VOLTA CIRCUÍTO A. 11:10 HORAS
SUB 12. 2012 e 2013. 2 VOLTAS CIRCUÍTO A . 11:15 HORAS
SUB 14. 2010 e 2011. 3 VOLTAS CIRCUÍTO A . 11:20 HORAS
SUB 16. 2008 e 2009. 4 VOLTAS CIRCUÍTO A. 11:30 HORAS
ABSOLUTA (MASCULINO E FEMININO) 12:00 HORAS. 5000 METROS
SUB 18. 2006 e 2007
SUB 20. 2004 e 2005
SUB 23. 2001, 2002 e 2003
SENIOR. entre 2000 e 1988
MÁSTER 35. 1987-1977
MÁSTER 45. 1976-1967
MÁSTER 55. 1966 E ANOS ANTERIORES
PECHE DE CONTROL DA CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA
Unha hora despois do primeiro/ clasificado da categoría absoluta
INSCRICIÓN E COTA
A inscrición realizarase a través da url inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as
23.59 horas do 14 de marzo de 2023. A inscrición terá un custe de 3 euros por persoa
participantes na proba dos 5Km, sendo gratuíta no resto das categorías.
Os/As atletas participantes no Campionato de Galicia de 5K en ruta que queiran optar á
premiación popular, deberán realizar a inscrición na proba popular: XXX CARREIRA PEDESTRE
SAN XOSÉ
ENTREGA DE DORSAIS
Os/as atletas deberán recoller os dorsais, o mesmo día da proba, ata media hora antes da saída
da categoría na que estean inscritos/as
SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación
vixente.
SERVIZOS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todas as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes
segundo o Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do
seguro obrigatorio deportivo.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal
indicando os datos do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias,
enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e
contacto/s en caso de emerxencia.
AVITUALLAMENTOS
Na liña de meta haberá un avituallamento líquido e sólido.
PREMIOS
CATEGORÍA ESCOLAR
Nas categorías Biberón tod@s @s participantes levarán unha medalla.
Entrega dunha medalla aos/as tres primeiros/as clasificados en cada unha das categorías
CATEGORÍA ABSOLUTA
Participación de atletas doutras federacións autonómicas e estranxeiros/as: Nesta proba a
participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións autonómicas rexerase de acordo
co disposto nos artigos 16 e 17 da sección terceira do "Reglamento para las competiciones de la
temporada 2023 de la RFEA". Máis información:
https://www.rfea.es/normas/pdf/Reglamento2023/05_ReglamentoCompeticion.pdf
CLASIFICACION XERAL ABSOLUTA
@s tres primeir@s clasificad@s da clasificación absoluta xeral recibirán un trofeo elaborado pola
Asociación Amigos da Madeira das Pontes e os seguintes premios metálicos
1. Clasificado: 300 euros (masculino/feminino)
2. Clasificado: 200 euros (masculino/feminino)
3. Clasificado: 100 euros (masculino/feminino)
SUB CATEGORÍAS CATEGORÍA ABSOLUTA
@s tres primeri@s clasificados de cada categoría, integrada na categoría absoluta, recibirán
unha medalla
PREMIO AO MELLOR PONTÉS
O/A primeir@ clasificad@ pontés/a recibirá un trofeo Asociación Amigos da Madeira das Pontes
e unha cesta con produtos locais.
ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas
clasificadas de cada unha das categorías.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola
megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha
das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas.
Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non
está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para
evitar esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega deberanse poñer en contacto co Concello das Pontes, durante un prazo máximo de 15
días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.
Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a el.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas participantes
por imprudencias ou descoidos das mesmas.
O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento
médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime á organización
da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá os
incidentes inherentes á proba.
COMPROMISO
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
CONSIDERACIÓN FINAL
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o
considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
En todo caso, e por interese deportivo, a organización resérvase o dereito de convidar a atletas
concretos, mulleres ou homes con marcas ou traxectoria deportiva que poidan aumentar a
calidade da carreira.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.