Calendario
Info da proba

Xalo

30/04/2023 9:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO · XII EDICIÓN
1 / A asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Travesía do
Xalo, que chega á súa décimo segunda edición.
2 / DATA E LUGAR
A proba celebrarase o domingo 30 de abril de 2023 no Monte Xalo, tendo a súa saída e a súa chegada
no lugar de Folgueira (parroquia de Castelo), no termo municipal de Culleredo.
3 / DEFINICIÓN
Trátase dun evento deportivo composto por diferentes probas:
- Domingo 30 de abril Carreiras de 18 km.
Andaina de 10 km.
Carreiras infantiles de 2 km, 1 km, 600 m., 250 m. e 80 m.
4 / RESPONSABILIDADE COA NATUREZA
A Travesía do Xalo promove os valores de respecto á natureza, favorecendo a conservación do monte,
a súa flora e a súa fauna. Os participantes na proba deberán por esta razón empregar os contenedores
de lixo dispoñibles. A organización empregará, sempre que sexa posible, material reutilizable e
reciclable. Os elementos de marcaxe do percorrido recolleranse nas horas posteriores á proba, cando
tamén se realizará a limpeza do mesmo. A comunicación en papel reducirase ao mínimo, dando
prioridade ao soporte electrónico.
5 / CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías, en función da data de nacemento dos participantes, coas súas
correspondentes distancias (existen ata seis percorridos diferentes):
Pequerrechos Só nados logo do 01/01/2018 80 m.
Prebenxamín Só nados entre o 01/01/2016 e o 31/12/2017 250 m.
Benxamín Só nados entre o 01/01/2014 e o 31/12/2015 600 m.
Alevín Só nados entre o 01/01/2012 e o 31/12/2013 1 km.
Infantil Só nados entre o 01/01/2010 e o 31/12/2011 2 km
Cadete Só nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/2009 2 km
Xuvenil Só nados entre o 01/01/2006 e o 31/12/2007 2 km
Junior Nados entre o 01/05/2005 e o 31/12/2005 2 km.
Absoluta 18 km. Nados antes do 30 de abril de 2005 18 km.
A andaina (non competitiva nin cronometrada) constará dunha categoría única.
6 / HORARIOS
A Travesía do Xalo consta de seis distancias, a percorrer polos participantes en diferentes momentos
da mañá do domingo 30 de abril, segundo o seguinte horario:
Carreira de 18 km. 9.30 horas
Andaina de 10 km. 9.45 horas
Carreira de 2 km. 13.00 horas
Carreira de 1 km. 13.15 horas
Carreira de 600 m. 13.30 horas
Carreira de 250 m. 13.45 horas
Carreira de 80 m. 14.00 horas
7 / INSCRICIÓNS E PREZOS
Permanecerán abertas ata o martes 25 de abril de 2023 ás 23.59 horas en www.emesports.es, cos
seguintes prezos (os pagamentos realizaranse no momento da inscrición):
- Andaina de 10 km 20,00 € (25,00 € a partir do 1 de abril)
- Carreira de 18 km. 20,00 € (25,00 € a partir do 1 de abril)
- Carreiras infantiles 5,00 € (8,00 € a partir do 1 de abril
Os tres primeiros clasificados na carreira absoluta da pasada edición non pagarán inscrición.
8 / LÍMITE DE PARTICIPACIÓN
Disporanse un total de 200 prazas para a carreira de 18 km., e de 350 prazas para a andaina.
9 / PREMIOS
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina das carreiras.
10 / DORSAIS E CRONOMETRAXE
A proba estará cronometrada pola empresa Emesports. Os chips de cronometraxe entregaranse aos
participantes xunto co dorsal, e poderanse recoller o día da proba entre as 8.00 e as 9.00 horas na
polideportiva de Castelo. Cronometrarase electrónicamente a carreira de 18 km.
11 / AVITUALLAMENTOS E SINALIZACIÓN
Para a carreira de 18 km. situaranse tres avituallamentos líquidos, un deles tamén sólido. Na andaina
haberá un avituallamento sólido e líquido. O percorrido estará sinalizado con cinta de balizaxe.
12 / HORARIOS DE DESCALIFICACIÓN
A organización establece horarios de descalificación por motivos de seguridade e control dos
participantes no percorrido da carreira absoluta. Estes horarios, de obrigado cumprimento para os
participantes, poden ser consultados na web da proba. O incumprimento dos mesmos exime á
organización de toda responsabilidade en relación á seguridade do participante, quedando o
participante fóra da carreira, e tendo que entregar o chip de control.
13 / ABANDONO VOLUNTARIO
Agás en caso de ferida, só será posible abandoar nun punto de avituallamento marcado como tal.
Queda prohibido abandoar a proba sen avisar previamente á organización.
14 / ABANDONO OBRIGATORIO
A organización poderá parar en calquera momento a un corredor ou obrigarlle a abandoar a proba se
considera que o seu estado pon en perigo a súa integridade física ou a súa seguridade.
15 / AGASALLOS
Cada participante (agás no caso das carreiras infantiles) terá acceso, coa inscrición, a un agasallo
conmemorativo, e recibirá tamén un ticket para xantar na churrascada popular que se celebrará na
polideportiva de Castelo o domingo 30 de abril ao remate do evento.
No caso das carreiras infantiles os rapaces recibirán unha medalla (de chocolate no caso da categoría
de pequerrechos). Todos aqueles rapaces que se anoten nestas carreiras o mesmo día do evento terán
acceso a estes agasallos ou non, dependendo da dispoñibilidade dos mesmos.
16 / SERVIZOS
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os
participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba.
17 / RECLAMACIÓNS
As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente á empresa de cronometraxe
nas dúas seguintes ao remate da proba, ou por escrito no correo electrónico info@travesiadoxalo.gal
nas vintecatro horas posteriores ao remate da proba.
18 / DEREITOS DE IMAXE
Os participantes renuncian a empregar os seus dereitos de imaxe e autorizan á organización e aos seus
patrocinadores a empregar e publicar libremente calquera fotografía ou vídeo gravado no contexto da
proba.
19 / ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A inscrición dos participantes está condicionada á aceptación do presente regulamento.
20 / DESCALIFICACIÓN
Serán motivos de descalificación:
- Atallar ou percorrer conscientemente tramos do percorrido diferentes ao oficial
- Tirar no monte lixo de calquera tipo
- Non asistir a outro participante en dificultades
- Non pasar polos avituallamentos ou puntos de control
- Sair dun punto de control logo da hora de descalificación
- Abandoar a carreira sen avisar á organización
21 / SUSPENSIÓN
No caso de que polas condicións meteorolóxicas non fora posible que a proba dera comezo, a
organización resérvase o dereito de suspendela, neutralizala ou modificar o seu horario, o percorrido e
os avituallamentos. Neste caso non se devolverá o importe da inscrición.
No caso de suspensión da proba por causas de forza maior e cunha antelación de máis de sete días en
relación á data da mesma, realizarase un reembolso parcial da inscrición, fixado en función dos gastos
non recuperables pola organización.
22 / MÁIS INFORMACIÓN
Nas webs www.travesiadoxalo.gal, www.castelodeporte.gal, no Twitter @castelodeporte e na páxina
en Facebook de Castelo Deporte publicarase toda a información de interese sobre a proba. No correo
electrónico info@travesiadoxalo.gal e no teléfono 689 882 972 proporcionarase información adicional
aos participantes.