Calendario
Info da proba

Curtis

07/05/2023 10:30 - 12:00
Regulamento IV CARREIRA / ANDAINA POPULAR E SOLIDARIA AXUDA CONTRA O CANCRO 11K
O Concello de Curtis, en colaboración coa Asociación de Axuda contra ó Cancro,
organizarán o domingo 7 MAIO 2023 a partir das 10:30 horas, a IV Carreira Solidaria
de Axuda contra o Cancro que conectará a localidade de Curtis coa de Teixeiro.
A proba levarase a cabo no Concello de Curtis (A Coruña) e estarán baixo o control
técnico da Federación Galega de Atletismo. A proba estará suxeita o seguinte
regulamento:
REGULAMENTO
1. PARTICIPANTES:
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
2. SAÍDA E META:
Horario de saída carreira: 10:30.
Horario de saída andaina: 10:35.
A saída da proba (10:30): Na Praza de España na localidade de Teixeiro.
A meta estará ubicada na, Rúa Mestre Eduardo Fariña s/n (diante do pavillón polideportivo
municipal de Curtis)
3. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN:
As categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
Sub 20 atletas nados/as no 2004 e 2005
Sub 23 promesa atletas nados/as no 2001, 2002, 2003
SENIOR atletas nados/as entre 1989 e 2000
MASTER 1 atletas nados/as entre 1984 e 1988
MASTER 2 atletas nados/as entre 1974 e 1983
MASTER 3 atletas nados/as entre 1964 e 1973
MASTER 4 atletas nados/as en 1963 e anteriores
4. DISTANCIAS E HORARIOS.
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:30 h Sub 20, Sub 23, Senior e Máster 11000 m aprox
12:15 h ENTREGA DE PREMIOS
5. INSCRICIÓNS
Os participantes deberán realizar a súa inscrición na páxina web
www.carreirasgalegas.com. Máis información na web www.atletismo.gal con data
límite o mércores 3 de maio ás 23:59 horas.
PREZOS DA INSCRICION:
- PROBA ABSOLUTA (de sub 20 en adiante): 5,00 €
- Andaina: 3,00€
*nenos menores de 8 anos serán gratis.
O pago da inscrición poderá realizarase pola pasarela de pago da páxina
www.carreirasgalegas.com.
6. PREMIOS e AGASALLOS
Outorgaranse os seguintes premios:
 Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
regulamento da proba.
 Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
 Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
 Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes.
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS
7. RETIRADA DE DORSAIS
Realizárase o día da proba no polideportivo de Curtis da localidade de Curtis (lugar de
chegada) 8:30 h a 9:20h e no lugar de saída Teixeiro de 9:30 a 10:00 no salón de plenos
do concello de Curtis (localidade de Teixeiro).
O dorsal-chip entregado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na zona
anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal
será descalificado.
8. SERVIZO DE AUTOBUSES:
A organización habilitará un servizo de autobuses que trasladará aos atletas dende o
polideportivo municipal de Curtis (Lugar de chegada), a partir das 9:30 horas ata a
praza de España en Teixeiro (lugar de saída) .
O mesmo tempo, tamén se ofrecerá este servizo o rematar a carreira/andaina no
sentido contrario, é dicir de Teixeiro a Curtis unha vez finalice a entrega de premios
(avisárase por megafonía, cun horario aproximado das 12:45)
9. DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos FGA e RFEA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a
criterio do Xuiz Árbitro da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER
DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos
despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos
estando autorizados para descalificar a calquer participante que incumpra as ditas
normas de competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a
seguridade individual ou colectiva durante a proba.
10. SERVIZO DE DUCHAS.
Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no polideportivo e ximnasio
municipal de Curtis, sitos o finalizar a proba, na rúa: Mestre Eduardo Fariña s/n
Así coma un servizo de gardaroupas no pavillón municipal de Curtis.
11. REGULAMENTO:
Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento
da FGA e RFEA en vigor.
12. A participación implica a total aceptación deste regulamento e o descoñecemento
do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.