Calendario
Info da proba

Ons

30/04/2023 11:30 - 14:00
Regulamento VII VOLTA/ANDAINA Á ILLA DE ONS 2023
1) PRESENTACIÓN.
O Club Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes e o Parque
Nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, organizan o domingo 30 de abril
a VII Volta a Illa de Ons.
Ademais da carreira tamén se realizará unha andaina, non competitiva. As probas, tomarán a
saída na zona do Igrexario da Illa de Ons, con os seguintes horarios: as 11:45 para a andaina
e ás 11:30 para a carreira.
A competición da carreira serán de carácter popular e non se precisan posuír licenza federativa.
2) CARACTERÍSTICAS DA CARREIRA E ANDAINA.
● É unha carreira por pistas de terra, cunha distancia de 20 qm, con saída e chegada na illa de
Ons
● A andaina terá o mesmo percorrido que a carreira pero con só unha volta (10.5 qm aprox).
● O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados con
bandeirolas con varilla de aceiro, ademais puntualmente nos cruces disporemos de sinais
de cartón
● IMPORTANTE, ESTE ANO TEMOS COMO OBXECTIVO “PLÁSTICOS 0”, ASÍ
QUE RECOMENDAMOS A TODOS OS PARTICIPANTES LEVAR O SEU
PROPIO AVITUALLAMENTO LIQUIDO PARA PODER ENCHER COS BIDÓNS
DE LIQUIDO QUE PORÁ A ORGANIZACIÓN, EXTRAORDINARIAMENTE
DISPOREMOS DE VASOS DE CARTÓN ECOLÓXICO.
● Os participantes non poderán saír do percorrido marcado.
● A Organización poderá modificar o percorrido por causas axeas e/ou de forza maior.
● O tempo máximo do que disporán os atletas para cubrir o percorrido completo de 20
qms será de 2:30h.
● Existirán catro postos de avituallamento ademais do disposto na meta;
1) Km 4 líquido
2) Km 8 líquido
3) Km 11 líquido
4) Km 16 líquido-sólido
● A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante Chip (só no caso
da carreira).
● Asistencia médica: Os servizos sanitarios estarán instalados na zona de Saída/Meta
● Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que estar
fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer
enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita
proba. O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha condición física,
psíquica e deportiva.
● Existen duchas a 100 metros da meta.
● Categorías Carreira.
CATEGORÍAS ANOS (cumpridos ó dia da proba)
SENIOR 18 a 39
VETERÁN A 40 A 49
VETERÁN B 50 EN DIANTE
3) NORMATIVA PARA A CARREIRA/ANDAINA.
● Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
● Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo
que estime a Organización.
● Disporase de servizo de duchas e garda roupa.
● Estará totalmente prohibido correr durante a andaina.
● Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento,
non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal
ben visible (só no caso da carreira) ou desatenda as indicacións da organización.
● A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
● Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en
moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
● A organización declina toda responsabilidade en caso da perdida de obxectos de cada
participante.
● Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que
puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo
seguro contratado.
● A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respecto o medio ambiente,
a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
● Todos os participantes deben cumprir en todo caso as condicións xerais nas illas co fin de
asegurar a conservación dos seus ecosistemas naturais, estas condicións pódense consultar
na web http://www.iatlanticas.es/ no apartado de condicións.
● Todos os participantes deberán firmar e entregar un documento de bo uso e desfrute do
parque nacional en caso de ser requirido polas administracións .(Este documento farase
chegar a través do e-mail subministrado no momento da inscrición)
4) PROTOCOLO COVID
● A proba adoptará o protocolo vixente no día da proba.
5) INSCRICIÓNS.
● Carreira: As inscricións faranse na web www.ccnorte.com cun costo de 29€ por
participante están limitadas a 275 participantes e inclúen o dorsal, billete ida e volta, froita,
bebida, camiseta conmemorativa e outros agasallos.
● Andaina: As inscricións faranse na web www.ccnorte.com cun costo de 22€ por
participante están limitadas a 100 participantes e inclúen, billete ida e volta e regalo
conmemorativo.
● Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o domingo 23 de Abril.
● Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo.
● Tamén se poderán mercar os billetes para os acompañantes na web www.ccnorte.com a
un custo de 10€ (5 anos ou menos gratis pero deben mercar igualmente a coste 0 os billetes)
na mesma web ata o xoves 21 de Abril e na entrega de dorsais ata o día da proba.
● A organización non ten o deber de devolver a inscrición en caso de que o atleta non puidera
participar, o custo do billete non se devolverá en ningún caso.
● A organización devolverá a inscrición íntegra en caso de que se suspenda a proba por
cuestións meteorolóxicas que impidan a celebración da mesma.
● A organización non se fai responsable en ningún caso dos gastos externos de cada
participante no caso de que se cancele a proba.
6) HORARIOS DOS BARCOS
● O prezo do billete será de 10€ por persoa, este prezo reducido so será aplicable para os
barcos que saian dende o peirao de Bueu a mañá do domingo 30 de Abril de 2023. Se o
tempo e a navieira o permite, habilitarase unha opción para coller o barco o venres e o
sábado.
● Os horarios de saída dos barcos será a partir das 08:15h o domingo e van saíndo segundo
se vaian enchendo. Os horarios da volta serán a partir das 17:00. Disporanse os barcos
necesarios en cada horario para poder levar e traer a todos os participantes. Estes horarios
non podemos cambialos xa que son impostos polos organismos.
7) ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
● Os dorsais e o Chip de cronometraxe entregaranse o día da proba no local de protección
civil situado no peirao de Bueu, dende as 08:00h ata as 8:40h. O venres de 17:00h a
19:00h e o sabádo de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h, no mesmo local.
o Localización local protección civil:
https://www.google.es/maps/place/42%C2%B019'42.0%22N+8%C2%B047'14.0%22
W/@42.328334,-8.787215,211m/data=!3m2!1e3!4b1!4m2!3m1!1s0x0:0x0?hl=es
● Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación
aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o Chip que facilita a organización
e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
● A clasificación xeral oficial publicarase nas web do club e na web da empresa de
cronometraxe.
Molón CRONOGRAMA
Día Actividade
Domingo
30 de abril do 2023
● 08:00 a 08:45 entrega dorsais peirao de Bueu
● 08:15 saída barcos
● 11:30 saída carreira
● 11:45 saída andaina
● 14:00 peche carreira
Sábado
29 de abril do 2023
● 10:00 – 13:00 entrega dorsais peirao de Bueu
● 17:00 – 20:00 entrega dorsais peirao de Bueu
Venres
28 de abril do 2023
● 17:00 – 19:00 entrega dorsais peirao de Bueu
9) PERCORRIDO
Pódese revisar o percorrido no seguinte enlace:
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/carreira-illa-de-ons-18-05-2014-9332634
Tracks en varios formatos:
https://drive.google.com/drive/folders/0B7F641BiTFeXfnFjZ1dTTnl6bjVWc3JGendXQm9P
LWJycV9vbVlHZ2FMTy1tMlRDYTlHckU?resourcekey=0-
aEtay6Nto0NCI1PlgCsTZA&usp=sharing
10) ENTREGA DE PREMIOS.
● Carreira nas categorías Senior, Veterán “A” e Veterán “B” ademais de trofeos para os tres
primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina da xeral.
● A andaina non é competitiva.
10) SEGUROS:
● Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e
responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con
claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante. Estarán excluídos os
derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia de las leis,
etc. Tamén quedarán excluídos os producidos polos desprazamentos particulares hacia/
dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a
Federación Internacional de Atletismo (IAAF).A participación no VII VOLTA A ILLA DE
ONS leva consigo a total aceptación do Regulamento presente.