Calendario
Info da proba

Oroso

06/05/2023 17:30 - 19:00
Regulamento IX CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO
Sábado 6 de maio de 2023
Sigüeiro - Oroso
Ás 17:30 horas
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada
proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto
correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
3.- A inscrición da proba absoluta (de sub-20 a masters) poderá realizarse nas webs
www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite:
mércores 3 de maio ás 23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de sub-6 a sub-18) farase tamén a través das páxinas
web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago debendo rellenar
o formulario de inscrición (data límite: mércores 3 de maio ás 23:59 horas).
PREZOS DA INSCRICIÓN
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a sub 18 incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de sub 20 a master): 5 € por participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web
www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán
poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da
carreira.
4.- Os dorsais poderanse recoller nas oficinas do Centro Deportivo Municipal o venres 5 de
maio de 16:00 a 22:00 horas (opción recomendable especialmente para participantes
locais). O día da proba os dorsais recolleranse no Centro Cívico situado a carón da saída
da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.
5.- TROFEOS E MEDALLAS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e
feminino.
Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas todos/as os participantes pero non
haberá trofeos, xa que estas categorías non serán competitivas.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous
trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
6.- PREMIOS EN METÁLICO
INDIVIDUAIS (SUB 20 A MASTER)
1º Clasificado: 150 € 1ª Clasificada: 150 €
2º Clasificado: 100 € 2ª Clasificada: 100 €
3º Clasificado: 50 € 3ª Clasificada: 50 €
INDIVIDUAIS EMPADROADOS/AS EN OROSO (SUB 20 A MASTER)
1º Clasificado Oroso: 75 € 1ª Clasificada Oroso: 75 €
2º Clasificado Oroso: 50 € 2ª Clasificada Oroso: 50 €
3º Clasificado Oroso: 25 € 3ª Clasificada Oroso: 25 €
PREMIOS CLUBS FEDERADOS ( SUB 20 A MASTER )
1º Club federado: 200 €
2º Club federado: 150 €
3º Club federado: 100 €
Para optar aos premios de clubs federados terán que entrar un mínimo de 6 participantes
en meta, que serán os que puntúan, (os equipos poderán ser másculinos, femininos ou
mixtos)
Os pagos dos premios serán xestionados a través da Federación Galega de Atletismo:
6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade
coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos
os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da
RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
12.- Categorías e horarios
ABSOLUTA
CATEGORÍA IDADE HORA DISTANCIA
Sub20 Nados/as en 2004-2005 17:30 10.000 mt.
Sub23 Nados/as en 2001-2002-2003 17:30 10.000 mt.
Senior Nados/as en 2000 ata 1989 17:30 10.000 mt.
Máster 1 Nados/as en 1988 ata 1983 17:30 10.000 mt.
Máster 2 Nados/as en 1982 ata 1973 17:30 10.000 mt.
Máster 3 Nados/as en 1972 ata 1963 17:30 10.000 mt.
Máster 4 Nados/as a partir do ano 1962 17:30 10.000 mt.
ESCOLARES
Sub-6 Nados 2018 e posteriores 18.40 300 mt
Sub 8 Nados/as en 2016-2017 18:50 300 mt
Sub10 Nados/as en 2014-2015 19:00 1.000 mt
Sub12 Nados/as en 2012-2013 19:10 1.000 mt
Sub14 Nados/as en 2010-2011 19:20 2.000 mt
Sub16 Nados/as en 2008-2009 19:30 3.000 mt.
Sub18 Nados/as en 2006-2007 19:30 3.000 mt
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 19:45