Calendario
Info da proba

Vila de Cruces

18/06/2023 11:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO DA VI CARREIRA POPULAR “ O GALO CORRE “ DE
VILA DE CRUCES
18 de Xuño 2023
1- O Concello de Vila de Cruces organiza a VI carreira popular “O Galo corre” en
Vila de Cruces, que se celebrará o 18 de Xuño de 2023. Trátase dunha proba
de carreira a pé non federada que contará co apoio técnico de Emesports,
que levará a cabo as inscripcións e a cronometraxe da carreira.
2- Esta carreira contará con varias categorías nas que se poden participar. No
seguinte cadro describimos as categorías, distancias e horarios de cada proba.
Categoría Ano de nacemento Distancia Horario
Sub - 6 Nados en 2018 e posteriores 100 m. 12:45 h
Sub - 8 Nados en 2016-2017 250 m. 12:40 h.
Sub - 10 Nados en 2014-2015 650 m. 12:30 h.
Sub - 12 Nados en 2012-2013 650 m. 12:30 h
Sub - 14 Nados en 2010-2011 1600 m. 12:10 h
Sub - 16 Nados en 2008-2009 1600 m. 12:10 h
Sub - 18 Nados en 2006-2007 10.000 m 11:00 h.
Sub - 20 Nados en 2004-2005 10.000 m. 11:00 h.
Sub - 23 Nados en 2001-2002-2003 10.000 m. 11:00 h.
Senior Nados en 2000 ata 1989 10.000 m. 11:00 h.
Veteran A Nados en 1988 ata 1983 10.000 m. 11:00 h.
Veteran B Nados en 1982 ata 1974 10.000 m. 11:00 h.
Veteran C Nados en 1973 ata 1964 10.000 m. 11:00 h.
Veteran D Anteriores ao 1963 10.000 m. 11:00 h.
3- O prazo de inscripción permanecerá aberto ata o xoves 15 de Xuño. Para facer
a inscripción será necesario apuntarse antes desa data na páxina
www.emesports.es
4- O prezo da carreira variará en función da categoría dos participantes, sendo:
# Gratuito: da categoría Sub 6 ata Sub 16 ( este Incluido )
# 7 Euros:da categoría Sub 18 (incluida) en diante
5- O prezo da inscripción inclúe:
# Dorsal personalizado da proba
# Seguro de accidentes deportivos
# Servizo de ambulancias
# Regalo de participación na carreira popular “ O galo corre “
# Avituallamento durante a carreira e o remate da mesma
# A organización ofrecerá a posibilidade de ducharse no pavillón municipal de Vila
de Cruces que está situado a 700 m. da saída: 42º47’29.5”N8º09’56.4”W
6- A saída e a chegada da carreira terá lugar na Praza do Concello “Juan Carlos I”:
42º47’38.0”N8º10’11.8”W
7- A organización habilitará unhas zonas onde os participantes poderán deixar as
súas pertenzas durante a realización da proba. Así mesmo, a organización non se
fará responsable de calquera problema que ocurra nos espazos habilitados.
8- Todos os participantes polo feito de tomala saída, aceptan o presente
regulamento e a cesión dos dereiros de imaxe (sen fins comerciais) á organización.
9- O percorrido da carreira será polo casco urbano de Vila de Cruces, dito
percorrido estará cerrado ao tráfico durante o periodo da mesma. Aínda así,
recomendamos a todos os participantes que presten atención por si algún vehículo
se salta calquera señalización que estea colocada para o corte da circulación.
10- A VI Carreira popular de Vila de Cruces “O galo corre” contará con servizo de
ambulancia para calquera incidente que se poida producir durante a realización da
proba. A organización non se fará responsable dos accidentes, nos que puidera ser
causa, a neglixencia dos participantes. Recomendamos a todos os participantes que
se teñen alguna doenza ou limitación que poida requerís una atención especial no
desenvolvemento da proba o comuniquen á organización, de non facelo as
consecuencias serán sempre da súa responsabilidade.
11- A todos os participantes se lle dará o dorsal personalizado correspondente á súa
categoría, que deberá colocar no peito de forma visible para a súa identificación
durante a proba e a chegada a liña de meta. A recollida de dorsais farase o mesmo
día da proba, o 18 de Xuño, na praza do Concello “Juan Carlos I”, dende 1 hora antes
de cada proba. No dorsal da proba irá o chip para a cronometraxe.
12- A organización colocará ao longo do percorrido puntos de control, os cales
serán descalificantes para os que cometan alguna irregularidade.
13- A organización colocará un punto intermedio de posto de auga na carreira
absoluta, e despois na chegada haberá froita e demáis alimentos, e auga para todos
os participantes.
14- A organización conta con un seguro de responsabilidade civil e contratará outro
de accidentes, pero cada participante, polo mero feito de formalizar a inscripción,
faise responsable individualmente dos danos que cause no desempeño da
actividade, sempre e cando esta non se realice nas condición establecidas ou dentro
dos circuitos delimitados. A organización tampoco se responsabilizará dos obxetos
personais que poidan extraviarse ou danarse nas zonas que habilitará.
15- A entrega dos trofeos farase ao acabar todas as probas:
# Os trofeos non serán acumulativos
# Medallas para as categorías Sub -6, Sub-8, Sub-10 e Sub-12
# Trofeo para os 3 primeiros clasificados, mulleres e homes de cada categoría, e a
maiores aos 3 primeiros da carreira dos 10.000 metros
16- O feito de inscribirse na carreira suporá a TOTAL aceptación das bases que
conforman este regulamento, polo que o descoñecemento das mesma non exime
do seu cumprimento.